Taboleiro de fichaxes tempada 2024

Campionato de España Federacións de Pista Sub16

 

  

Grande estreo da nosa atleta Irma Veiguela no "Campeonato de España de Federaciones de Pista Sub16 en Edad Escolar". Participou na proba de 300 ml, rematando 6ª na final A, e no equipo de remudas 4x300 ml  logrando a 4ª posición.

O equipo feminino da Selección Galega acadou a 4ª posición.

¡¡Parabéns Irma!!

Convocatoria selección galega sub16

            

A nosa atleta Irma Veiguela está convocada pola Federación Galega de Atletismo, para representar a Galicia no "Campeonato de España de Federaciones Autonómicas sub16 en Edad Escolar", que terá lugar esta fin de semana no Centro Deportivo Las Mestas de Gijón.

Parabéns Irma, pola tua primeira convocatoria, e moita sorte no campionato.

Inicio temporada 2023/2024

        

Convocatoria internacional Sub18

                                                         

A nosa atleta Alicia Barreiro López ven de ser convocada para representar a España no Encontro Internacional Portugal-España que terá lugar na localidade lusa de Leiria o vindeiro 19 de xullo.

¡¡Parabéns Alicia!!

Nova data 5k e 10K Porto de Ferrol

                       

Catro pratas e dous bronces no Campionato de Galicia Absoluto e Sub23

 

    

    

 

O pasado sábado 17 de xuño, nas pistas da Universidade de Santiago, tivo lugar o Campionato de Galicia Absoluto e Sub23 ao Aire Libre.

As nosas "Balas Rojas" acadaron un total de catro medallas de prata e dúas medallas de bronce.

Na xornada matinal acadaron os seguintes resultados:

Inés Oitavén acadou a 3ª posición nos 400 ml cun rexistro de 56"62 (MMP).

Alicia Barreiro, tamén nos 400 ml, rematou no 4º lugar cunha marca de 57"42.

Antía Martínez logrou o Subcampionato Galego na proba de 100 mv cun rexistro de 15"04. 

Lucía Blanco rematou na 5ª posición nos 100 mv cun tempo de 17"25.

Xiana Lago proclamouse Subcampiona Galega en lanzamento de disco cun rexistro de 38,68 m.

 

Na xornada vespertina os seus resultados foron os seguintes:

María Blanco rematou na 6ª posición na proba de pértiga, cun salto de 2,45 m.

Xiana Lago, volvía a proclamarse Subcampiona Galega, pero nesta ocasión na proba de peso cun mellor lanzamento de 13,02 m.

Alicia Barreiro acadou a 4ª posición nos 200 ml cun rexistro de 25"46.

Inés Oitavén rematou no 6º lugar nos 200 ml cun tempo de 25"79.

Lucía Rivadulla acadou o Subcampionato Galego na categoría Sub23 nos 200 ml cun rexistro de 26"36.

Adrián Rivadulla logrou a 7ª posición nos 800 ml cunha marca de 1'55"80 (MMP).

Lucía Sicre cruzou a liña de meta na 6ª posición, na proba de 800 ml, cun rexistro de 2'12"86.

Adriana Reguera, na categoría Sub23, colgouse a medalla de bronce na proba de lanzamento de martelo cun lanzamento de 46,01 m.

Erika Martínez acadou a 7ª posición en lanzamento de martelo cun rexistro de 41,11m.

Resultados

¡¡Parabéns!!

10k-5k Porto de Ferrol

Empresas colaboradoras:

           

        

Un ouro no Campionato Galego Sub 16

 

No día de hoxe, a pista Universitaria de Elviña na Coruña, volveu ser o escenario dun Campionato Galego, nesta ocasión disputouse o Campionato Xunta de Galicia Sub 16 de aire libre.

As nosas "Balas Rojas" fixeron unha gran competición, acadando os seguintes resultados:

Marta Gómez logrou a 7ª posición na proba de martelo, cun lanzamento de 30,35 m.

Adriana Suárez acadou a 8ª posición na proba de martelo cun mellor lanzamento de 29,02 m.

Desiree Manso acadou a 7ª posición nos 300 m, cun rexistro de 44"99.

Irma Veiguela proclamouse campiona galega na proba de 600 m, cun rexistro de 1'35"62 (MMP) e logrando a mínima para participar no Campionato de España. 

Daniela Alonso rematou na 5ª posición da final B dos 600 m, cunha marca de 1'58"10.

 

¡¡Parabéns rapazas!!

Tres ouros e unha prata no Campionato Galego Sub 18

No día de hoxe desenrolouse o Campionato Xunta de Galicia Sub 18 nas pistas Universitarias de Elviña na Coruña.

As nosas "Balas Rojas" realizaron unha magnífica competición, acadando os seguintes resultados:

Natalia Rivas proclamouse campiona galega na proba de 5.000 marcha cun rexistro de 25'39"67.

Erika Martínez acadou o subcampionato galego no lanzamento de martelo cun rexistro de 47,29 m.

Alicia Barreiro proclamouse campiona galega por partida dobre. Na xornada matinal colgouse a medalla de ouro na proba de 400 valados cunha marca de 1'04"75. Na xornada vespertina, competiu nos 200 m onde volveu subir o maís alto do podio o cruzar a liña de meta cun rexistro de 25"53.

¡¡Parabéns rapazas!!

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS