Noticias Club

CAMPUS VERANO 2023

II Xornada Liga Iberdrola DH

 

O vindeiro sábado 6 de maio, as nosas "Balas Rojas" viaxarán ata Barcelona para disputar a II Xornada da Liga Iberdrola de División de Honra.

No estadio Joan Serrahima, mediránse co Valencia Club Atletismo, Grupoempleo Pamplona Atletismo e Agrupació Atlètica Catalunya.

¡Moita sorte rapazas!

 

Comezo da liga

O vindeiro sábado 15 de abril, dará comezo a Liga nacional de atletismo. Nesta primeira xornada da División de Honra, as nosas balas vermellas desprazaranse ata as Pistas Universitarias de León para medirse o Playas de Castellón, Universidad de León Sprint Atletismo e Unicaja Jaén Paraíso Interior.

¡¡Moita sorte rapazas!!

LXV Campionato de España de Marcha 20 km

 

O vindeiro domingo 26 de marzo celebrarase na cidade de Córdoba a 65ª edición do "Campeonato de España de 20 km Marcha Absoluto y Sub 23".

A atleta Iria Rivas participará na categoría Sub 23.

¡Moita sorte Iria!

XXXVI Campionato de España Sub16 en Pista Cuberta

                                

 

                      

 

A vindeira fin de semana, do 25 o 26 de marzo, terá lugar en Ourense a 36ª edición do "Campeonato de España Sub 16 en Pista Cubierta".

O noso club estará representado pola atleta Irma Veiguela que competirá na proba de 600 ml.

¡Moita sorte Irma!

Xiana Lago na lista de convocados para o encontro internacional Sub 20 FRA-ESP-ITA-GER en Pista Cuberta.

 

                                              

A nosa atleta Xiana Lago Andradre foi convocada para representar a España no Encontro Internacional Sub20 entre Francia, España, Italia e Alemaña, que terá lugar o vindeiro sábado 11 de marzo na localidade gala de Liévin.

¡Parabéns Xiana!

Premiación XIX Circuito Escolar Ferrolán de Carreiras Populares e de Campo a Través.

                                

A partires das 13:00 horas do vindeiro domingo 26 de febreiro, terá lugar na Praza de Armas a entrega de trofeos ós atletas e ós centros educativos gañadores do "XIX Circuito Escolar Ferrolán de Carreiras Populares e  de Campo a Través".

Os atletas premiados do noso club son os irmáns Irma e Hugo Veiguela Tizón

Irma é a gañadora do Circuito na categoría Sub 16 femenino e Hugo logrou a terceira posición na categoría Sub 12 masculino.

 

¡Parabéns ós dous irmáns!

Sofía Fernández e Carolina Santos seleccionadas para participar no Campionato de España de Federacións de Campo a Través.

                     

As nosas atletas Sofía Fernández Castro e Carolina Santos Villalón foron seleccionadas para representar a Galicia no Campionato de España de Federacións de Campo a Través, que terá lugar na localidade de Ortuella (Bizkaia) o vindeiro 29 de xaneiro de 2023.

¡Parabéns ás dúas!

Importantes citas esta fin de semana para as nosas atletas.

 

 

"Campeonato de Asturias Absoluto y Sub-23"

Mañá sábado, o Palacio Municipal de Deportes de Oviedo acollerá o "Campeonato de Asturias Absoluto y Sub-23 de pista cubierta. A representación do noso club estará a cargo de Sofía Fernández na proba de 1500 ml.

 

 

 

 

 

"Campionat de Catalunya Absolut i Sub-23 en Pista Coberta"

A localidade de Sabadell será a sede do "Campionat de Catalunya Absolut i Sub-23 en Pista Coberta", que terá lugar o vindeiro domingo e na que a nosa atleta Elena Llobera competirá na proba de lonxitude.

 

 

 

 

 

"Control Solidario FGA "Axuda a Gustavo Dacal"

A nosa atleta Xiana Lago participará na proba de lanzamento de disco, no "Control Solidario FGA Axuda a Gustavo Dacal", que se desenrolará o vindeiro 22 de xaneiro nas pistas do CGTD de Pontevedra a partir das 10:00 horas.

 

 

 

                                                         

"IV Xornada Circuito Campo a Través Ferrol - Fase Interzonal Ferrol"

A partir das 11:00 da maña do domingo, as instalacións da Malata acollerán a "IV Xornada Circuito Campo a Través Ferrol - Fase Interzonal Ferrol", onde as nosas "balas vermellas" serán as protagonistas.

 

 

 

 

 

 

"Reunión FAM 6"

Na tarde do vindeiro domingo, a pista cuberta de Gallur será a sede da "Reunión FAM 6", na que a atleta Diana Jiménez tomará parte na proba de pértiga. 

 

             

 

 

 

 

 

Expourense volverá a ser o epicentro do atletismo galego

 

 

A pista cuberta de Expourense volverá a ser o epicentro do atletismo galego, ao albergar a partir das 11:00 horas do sábado 21 de xaneiro o Campionato Galego para as categorías absoluto e Sub23.O noso club estará representado pol@s seguintes atletas:

¡Moita sorte a tod@s!

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias Club