Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Calabagueiros vibrou cun destacadísimo Autonómico Sub16

Noticias FGA

Calabagueiros vibrou cun destacadísimo Autonómico Sub16

Formidable campionato o que se viviría esta fin de semana no estadio de Calabagueiros de O Barco de Valdeorras ca disputa do autonómico Sub16 e na que nada menos que un total de 29 marcas mínimas (11 masculinas e 18 femininas) serían establecidas para tomar parte no Campionato Nacional do vindeiro día 30 de xuño en Castellón.
Sen lugar a dúbidas a protagonista do campionato sería a discípula de Javier López Viñas, Antía Sestelo do A. Femenino Celta, quen no concurso de xavelina estableceu un novo Récord Nacional Sub16 logo de lanzar ata os 46.93 m. no seu cuarto intento (X /38.49/42.57/46.93/43.50/39.92). Con este rexistro mellora os 46.29 m. da canaria María Luján que dende o ano 2003 constituían o tope nacional da categoría. Por si fora pouco a céltica sería quen no concurso de peso, de mandar a bola de 3 kg. ata os 11.79 m. que a sitúan de igual modo de líder do ránking nacional.
No resto de probas, Jorge Román do Celta acadaría un magnífico rexistro nos 300 m. logo de impoñerse con 36.53 o mesmo que Carla Guisande do Beade quen sobre a proba do quilómetro baixaría dos tres minutos parando o reloxo nuns salientables 2:58.59.
O líder do ránking nacional dos 3.000 m. Hugo García da Gimnástica conseguría o título galego con autoridade na súa final marcando 9:05.11.
Pola súa banda a atleta local do ADAS-Proinor Belén García sería outra das protagonistas ó impoñerse  nos  valados longos con 44.38, malia que sería nos curtos onde co seu rexistro de 14.82 establecería un nóvo récord galego Sub16. Con estas destacadas actuacións, a do Barco confirma a súa importante progresión que ademáis a fan situarse de segunda no ránking nacional en ambas probas. Nos homes David Ngwudile do San Miguel de Oia baixaría dos 42 segundos nos 300 valados ata deixar o reloxo en 41.96.
No concurso de pértega chegaría o terceiro récord galego Sub16 da xornada da man da local Lola Bouza do ADAS Proinor quen rebasaría o listón ata deixalo nos 3.15 m. que representan unha mellora de cinco centimetros o anterior récord que ela mesma tiña dende marzo. Na categoría masculina bo concurso do lucense da Escola Atlática, Aitor Fernández quen chegaría ata os 3.32 m.
En lanzamentos Paula Piñón do Friol en disco con 39.40 m. así como Laura Tilde do A. Femenino Celta en martelo con 45.89 m. serían os protagonistas das súas probas. De igual modo Nicolás Ortega do Coruña Comarca lanzaría ata os 50.38 m. no concurso de disco mellorando amplamente os 47.92 m. que el mismo tiña acreditados.
Por último non menos interesante resultarían os rexistros da proba dos obstáculos na que o título de campión galego correspondería a Martín Rivera do Ourense Atletismo con 4:37.41 seguido deIker González do Franciscanos de Lugo con 4:38.38 ocupando o terceiro lugar Pedro Vázquez do Celta con 4:39.88.

Noticias Web FGA .- A velocidade e os concursos, protagonistas no galego Sub18

Noticias FGA

A velocidade e os concursos, protagonistas no galego Sub18

Como era de agardar interesantes Campionatos de Galicia os presenciados no día de onte nas pistas ferrolanas da Malata correspondente a disputa do autómico sub-18.
O máis salientable chegaría da man dos dous novos récords batidos a cargo unha vez máis de Irene Gómez do A.F. Celta no concurso de martelo, quen parece non ter límites na súa progresión e cuxos obxectivos e segundo o seu adestrador Manuel Hermida “…pasan polo Campionato de España e incluso o Campionato de Europa que hai que intentar …e mesmo a Olimpiada xuvenil” nesta ocasión lanzaría o martelo de 3 kg. ata os 61.55 m.
O outro récord galego correría a cargo de Víctor Mosteiro do C.A. Santiago quen nos 100 m. establecería un crono de 10.94 o que represente un novo tope autonómico sub-18. Por si foura pouco o santiagués imporíase nunha emocionantísima proba dos 200 m. a Carlos Argibay do Santa Uxía e na que ambos marcarían o mesmo rexistro de 22.37.
Seguindo co resto de actuacións, as probas de velocidade serían das máis favorecidas polos excelentes rexistros acadados, así nas mulleres Nerea Iglesias do Fontes do Sar confirmaría a súa calidade impoñéndose nos 100 m. cun gran tempo de 12.14. Nesta proba tomaría parte Olaia Gisela Becerril quen acabaría segunda con 12.37, malia que sería na lonxitude na que con 5.83 m. (5,84 como mellor salto malia que con +2,8) a saltadora do Celta Feminino se achegara ata o primeiro posto do ránking nacional da súa categoría. Novamente nos 200 m. Nerea Iglesias establecería un destacado rexistro oficial de 25.14 que a fan situar no top 3 nacional.
Os 800 m. femininos terían na atleta local do RÍA Ferrol Irene Barreiro á atleta máis sobresaínte logo de gañar a súa final marcando un rexistro de 2:18.47. Mesmo protagonismo nos valados paraMartín Oitaven do Riazor Coruña quen nos 400 m. v. a piques estivo de baixar dos 56 segundos deixando o reloxo en 56.02.
Por último nos obstáculos Diego Alonso do C.A. Santiago non tivo problemas en gañar a súa proba marcando un interesantísimo tempo oficial de 6:19.45.

Noticias Web FGA .- Destacadas figuras no Galego Sub18 de Ferrol

Noticias FGA

Destacadas figuras no Galego Sub18 de Ferrol

Destacadas e notables presencias son as que se poderán contemplar o sábado día 26 durante a disputa do Campionato de Galicia Sub-18 que acontecerá nas pistas ferrolanas da Malata e que servirán, ademáis, como unha excelente oportunidade para establecer esas mínimas esixidas que dan acceso ó nacional dos días 23 e 24 de xuño en Gijón.
Entre os atletas inscritos máis salientables, cabe citar a de Víctor Mosterio do C.A. Santiago quen este ano marcaría un rexistro de 11.22 nos 100 m.l. e de 22.55 nos 200 m. Nerea Iglesias do Fontes do SAR con 12.32 e Carlos Alvarez da Atlética Lucense con 11.23 -mália que ambos con vento non válido- estarán a loitar polo triunfo. Para animar ainda máis a velocidade, contarase ca participación de Carlos Argibay do Santa Uxía líder no ránking galego dos 200 m. con 22.43.
A cabeza de lista nacional na proba dos 800 m. Lucía Sicre do RÍA Ferrol tomará parte nos 400 m. o que facilitará que a súa compañeira de club Irene Barreiro con 2:14.78 parta como favorita sobre as dúas voltas.
Unha das estrelas do Campionato El Mehdh El Nabaoui do San Paio a Estrada obtará polos 1.500 m. na que ten acreditados 4:04.34. Xunto el Sara Gómez da Atlética Lucense na mesma proba con 4.52.79 e Sonsoles Martín do ADAS Proinor no 5.000 m. con 18:35.95, parten como claras favoritas.
Os valados curtos terán unha interesante loita entre Guzmán Carril da Atlética Lucense con 15.15 ePablo Rodríguez do C.A. Santiago con 15.21, malia que ambos con vento superior ó permitido. O lucense tamén tomará parte nos 400 m. v. nunha proba moi emocionante na que se terá que medir ó atleta da Gimnástica Pablo Boleas.
Lía Caride do RÍA Ferrol a priori debería ter algo máis doado impoñerse na súa proba dos 100 v. se temos en conta a marca efectuada de 15.11 do pasado mes de abril en Vigo.
Nos obstáculos Diego Alonso con 6:20.39 acadados en Lugo recentemente,  fan del o claro aspirate ó autonómico da súa proba.
Xa nos saltos a atleta internacional do Celta Olaia Guisela Becerril será outra das atraccións do campionato na proba de lonxitude correspondendo o protagonismo en triplo masculino para Marco Martínez da Gimnástica con 13.93 m.
En lanzamentos Nicolás García do Celta con 55.40 m. e Marcos Bouza do Beade, son os chamados a dominar o disco ó igual que Cristina Freire do AVA con 37.88 m. e María Jiménez Deza da Gimnástica na mesma proba.
No martelo outro importante punto de atención será o concurso de Irene Gómez do A.F. Celta quen tentará unha vez máis superar o seu propio récord galego de 60.02, xunto ela a súa compañeira de club Patricia Correa terá como obxectivo deixar atrás a barreira dos 52 m. Yago Araujo do Beade é o claro favorito nos homes con 60.87 m. así como Jonatas Pereira do Cuntis na xavelina con 59.82 m. Nesta última proba Andrea Botella con 38.90 suplirá as ausencias tanto de Antía Sestelo como de María Pena ambas ausentes
No sector da marcha Iria Rivas do Femenino Celta,  Roberto Vieiro do C.A. Santiago e Hugo Martínez da Atlética Lucense  parten como claros referentes na proba.

Noticias Web FGA .- O Barco recibe un emocionante Galego Sub16

Noticias FGA

O Barco recibe un emocionante Galego Sub16

Entrados xa de cheo na tempada de aire libre continúan a desenvolverse cada fin de semana os distintos campionatos autonómicos do noso deporte. Para este último  do mes de maio, poderemos presenciar os Campionatos de Galicia Sub-16 en O Barco e o Sub-18 cuxo escenario será Ferrol.
Para falar do Galego Sub-16,  destacaremos a participación de Lope Quinteiro do Vila de Cangas quen tomará parte na proba dos 1.000 m. na que ten acreditados este ano uns rexistros de 2:38.07 que o fan ocupar a segunda posición do ránking nacional. Este mesmo atleta concursará tamén no peso na que parte como claro favorito con 13.76 m. Igual de interesante será a participación nos 1.000 m.do lucense do Franciscanos Iker González con 2:39.76.
Continuando co fondo e dando paso ós 3000 m. poderemos disfrutar das evolucións do xoven valor da Gimnástica Hugo García quen con 8:56.73 lidera o ránking nacional. Atención tamén nesta mesma proba, tanto a Pedro Vázquez do Real Club Celta con 9:20.71 como de Antón Martínez da Atlética Lucense con 9:23.76. Nas mulleres contaremos ca participación de Elsa Pena do Atletismo Tui que parte como clara favorita garzas ós seus 10:39.76.
Nos valados curtos a lucense do Franciscanos Lucía Sánchez del Valle tentará achegarse ós 15.11 que ten como MMT malia que con vento superior ó permitido. Belén García do ADAS-Proinor pola súa banda loitará por rebaixar os seus excelentes 46.08 que acadaría a finais de marzo nos 300 valados.
En obstáculos Martín Rivera do Ourense Atletismo non debería ter problemas en refrendar os 4:44.72 que fan que se atope de sexto no ránking nacional da proba ó igual que Carmen Victoria González do Franciscanos de Lugo con 5:30.47 que a sitúan de novena na mesma lista da RFEA.
Na proba de triplo interesante loita a que manterán Alba Cons do Atletismo Negreira con 11.56 m. eCarla Mourelle do Lucus Caixa Rural Galega quen con 11.30 m. garanten a emoción neste concurso. De igual modo non menos interesante será a loita polo título galego en peso entre Paula Piñón do Friol con 11.43 m. e Victoria Eiríz da Atlética Lucense con 11.37 m.
Na pértega Lola Bouza do ADAS Proinor e Lara Tilde en martelo do A.F. Celta, defenderán os seus respectivos rexistros de 3.10 m. e 43.45 m. que as converten en claras favoritas.
Os lanzamentos serán sen dúbidas un importante foco de atención ca presenza en martelo do céltico Eric Méndez que ben de batir o récord galego cuns formidables 66.23 m. que o sitúan ó fronte do nacional. O tamén atleta do Celta David García con 55.71 m. tentará mellorar o seu rexistro neste mesmo concurso.
Capítulo aparte merece unha das probas estandarte do noso atletismo, a xavelina. Aquí contaremos ca presenza dos líderes nacionais en ambas categorías, Antía Sestelo do A.F. Celta con 46.18 m. e de Daniel Mato do Millaraio con 49.50 m. ¡todo un luxo! Por si foro pouco xunto eles estarán lanzando María Pena de A Silva con 41.58 m., Paula Piñón do Friol con 36.77 m. e Carmen Victoria González do Franciscanos 33.89 m. todos elas no top10 do ránking nacional.
Na marcha Ana Piñeriro do Vila de Cangas parte como clara favorita grazas ós 15:34.26 acadados en Pontevedra o mes pasado.

 

Noticias Web FGA .- Todo por decidir logo da segunda xornada de Liga

Noticias FGA

Todo por decidir logo da segunda xornada de Liga

Aconteceu esta fin de semana o segundo encontro correspondente á Liga Nacional de clubs tanto na División de Honra como na Primeira categoría. A esta importante cita acudiron un total de cinco equipos con aspiracións e necesidades bastante dispares.
Comezando pola División de Honra masculina, paso importantísimo dado pola Sociedad Gimnástica na súa aspiración por permanecer un ano máis entre os grandes do atletismo nacional grazas ó terceiro posto acadado no seu encontro disputado en Soria e na que aventaxaría por un só punto o cuarto clasificado o conxunto do L´Hospitalet. Con esta puntuación os pontevedreses colócanse de 12º con catro puntos deixando tras deles  a catro equipos con 2 puntos e que o fan estar con pe e medio unha ano máis na División de Honra.
Pola súa banda na categoría feminina o RIA Ferrol, non puido evitar o cuarto lugar do seu cadrangular desenvolto en Donostia onde ocadaría unha puntuación total de 131 puntos que as colocan de 14ª  na clasificación xeral logo das dúas xornadas e que obligan as ferrolanas a tomar parte no último e decisivo encontró na procura da salvación. As opcións pasan por  gañar no octoganal pola permanencia tanto ó Valladolid, Bidezabal como Tenerife, equipos accesibles para o experimentado conxunto de Ferrol.
Xa na primeira división fantástico papel dos equipos celestes na que tanto as mulleres como os homes repetirían a meritoria segunda posición colleitada na primeira xornada o que lles permite disputar o último encontro da Fase de Ascenso.  Os homes que parten de octavos, sairán a competir e disfrutar sabedores de que un ano máis estarán na Primeira División. O Atletismo Femenino Celta, que parte como quinto clasificado, benefícialle o sistema de “atleta por proba” o que fai partir con certas posibilidades as olívicas nun encontro que será moi emocioante.
O Atletismo Narón desprazado ata Donostia cumpliría tamén no seu difícil encontró no que como se agardaba non puido pasar da cuarta posición a pesares da motivación e gañas amosadas polos seus compoñentes. Con esta puntuación pasan a ocupar o 13º lugar da clasificación xeral o que lles obliga a pelexar  no decisivo octogonal por estar de sextos en adiante. O Moratalaz a priori parece o conxunto máis feble, centrándose a loita entre Correr el Garbi e o Lleida cun potencial moi semellante ós naroneses
Por último o equipo feminino da Gimnástica baixaría un posto en relación ó seu primeiro encontro o que lle permitiría sumar un punto. O casilleiro das pontevedresas, con tres puntos, fan que encaren o último encontro con certas garantías xa que son catro equipos os que ten tras de si.  Sabadell e Tenerife serán os riváis a batir de maneira directa para evitar surpresas.

Noticias Web FGA .- Aprobados os puntos do día da Asemblea Extraordinaria da FGA

Noticias FGA

Aprobados os puntos do día da Asemblea Extraordinaria da FGA

Desenvolveriase no día de hoxe no salón de actos do Servizo Provincial de Deportes de A Coruña a Asemblea Extraordinaria á que asistiron os membros do citado estamento e na que se aprobaría tanto o calendario como o Regulamento Electoral da Federación Galega de Atletismo así como a elección dos membros da Xunta Electoral que pasará a estar formada por  Manuel Mora, Rocío López e Pablo Rodríguez
Con este acto da continúa o calendario electoral que dará como resultado a elección do futuro presidente da F.G.A.

Noticias Web FGA .- A FGA lanza a campaña "Fedérate con Nós"

Noticias FGA

A FGA lanza a campaña "Fedérate con Nós"

A Federación Galega de Atletismo ven de lanzar a campaña “Fedérate con Nós” cuxa finalidade e a de dar a coñecer ó amplo colectivo atlético popular e a toda a sociedade da importancia e das enormes vantaxes que conleva o estar en posesión dunha licenza atlética.
Segundo o Presidente da entidade Isidoro Hornillos “No que vai de tempada xa son máis de 7.200 o número de fichas tramitadas o que supón un número récord de altas na historia do noso deporte”  Malia elo Hornillos non se amosa conformista “Tentaremos chegar a todos os colectivos sensibles do noso deporte para explicar dunha maneira moi didáctica as vantaxes de estar federado, xa que precisamente un dos problemas que estamos a detectar é o seu descoñecemento”. 
O importante aforro de inscripcións nos campionatos galegos, ó acceso a un calendario con importantes e numerosas probas federadas e a ampla cobertura médica, son só algúns dos aspectos nos que pretende incidir esta campaña.

Noticias Web FGA .- A canteira do atletismo, protagonista en Lugo

Noticias FGA

A canteira do atletismo, protagonista en Lugo

Interés e emoción sen límites sería o que nos deixaría a disputa do Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub 14 por equipos que se desenvolverían nas pistas lucenses do Estadio Gragorio Pérez Rivera o pasado sábado.
Cunha pista ateigada de moitísmos participantes e sobre todo, cun gran ambiente de deportividade e festa, principiaría na xornada da mañá esta cita cos atletas Sub10. Esta competición contaba ademáis, co engadido de ter nas pistas a nada menos que a todo un campión olímpico comoFermín Cacho e un campión do mundo como Abel Antón  que de paso por Lugo, quixeron achegarse ata o Pérez Rivera para compartir cos máis novos uns intres de bo atletismo e de paso ver in situ as victorias dos clubes Atlética A Silva en homes e o C.A. Narón en mulleres.
Para os de Cerceda, este trunfo histórico representa todo un espaldarazo ó gran traballo de base que están a realizar na comarca e cuio esforzó comeza a dar resultados. Juan Loureiro gañador dos 50 m. e dos 1000 m. sería un dos atletas máis destacados do clube.  No caixón e acompañando ós gañadores, estarían o Ourense Atletismo  e ADAS Proinor.
Xa na categoría feminina sería o C.A. Narón o gañador  logo de sumar un total de 121 puntos nunha durísma loita co Vila de Cangas quen tería a mesma puntuación malia que as de Ferrolterra terían ó remate un mellor coeficiente de  postos. O terceiro lugar do podio correspondería para o Ourense Atletismo. Paula Mouzo nos 50 m., Noa Díaz nos 1.000 m e o relevo 4 x 50 serían quenes acadaran o trunfo parcial nas súas probas.
Xa na xornada da tarde sería a quenda para as demáis categorías con trunfos da Atlética Lucense e Vila de Cangas nos Sub12
Por parte das rapazas destacadas actuacións de Claudia Carcel nos 60 m. e Gema Dacosta en peso e pelota, así como tamén as do lucense Rubén Martelo gañador na marcha e dos integrantes do relevo 4 x 60
ADAS Proinor e Ourense Atletismo así como Agrupación Viguesa de Atletismo e Gimnástica de Pontevedra acompañarían os equipos gañadores no caixón de podio en homes e mulleres respectivamente.
Por último na categoría Sub14 o Ourense Atletismo en mulleres e Real Club Celta en homes serían os gañadores por equipos desta categoría con trunfos parciais para as de Ourense de Sabela Miguez nos 150 m., Anxela Seoane nos 500 m. así como de Lucas Rodríguez nos 80 m. e 150 m., e de Jacobo Briones en pértega. Compartirían postos de honra cas ourensanas RIA Ferrol e Lucus Caixa Rural Galega e cos vigueses os do Millaraio e do ADAS Proinor.

Noticias Web FGA .- Lugo e A Pobra centrarán o foco de atención

Noticias FGA

Lugo e A Pobra centrarán o foco de atención

Dous  importantes Campionatos de Galicia serán os que esta fin de semana acaparen a nosa atención.
Por unha banda as pistas lucenses do Estadio Gregorio Pérez Rivera serán o esciario escollido no sábado para o desenvolvemento do Campionato autonómico por equipos sub10, sub12 e sub 14tanto en categoría masculina como na feminina e como xa o fixera a fin de semana pasada as pistas do INEF Bastiagueiro cos Sub16 e Sub20. Ó igual que acontecera na parroquia oleirense, agárdase un importante número de participantes xa que nada menos que setenta e cinco equipos dun total de vinte clubes, moverán a máis de  mil cincocentos atletas polas pistas lucenses.
Como sempre especial atención ós clubes do Vila de Cangas quen no ano pasado gañaría as categorías Sub12 e Sub14 feminina acadando dous podios máis, Ourense Atletismo con catro así como Coruña Comarca e ADAS Proinor con dous cada un, tentarán reeditar a súa excelente actuación da tempada pasada.
De Lugo pasamos ó Concello da Pobra do Caramiñal onde o domingo acontecerá un non menos importante IV Campionato de Galicia de Trail xusto un día despóis de que a localidade Castellonense de Penyagolosa acolla o Campionato do Mundo da especialidade e que pon de manifesto a importancia que está a ter esta disciplina que mistura natureza, aventura, montaña e campo a través.
No que atinxe a participación de atletas destacados, cóntase ca presencia dos actuáis campións de Galicia Ana de la Fuente e Alberto Carou, ambos do C.Atletismo O Pino, quenes defenderán o seu título logrado o ano pasado no mesmo concello.

Noticias Web FGA .- As grandes citas comezan a aportar calidade ó calendario

Noticias FGA

As grandes citas comezan a aportar calidade ó calendario

Interesante fin de semana o que vai a deparar o calendario de probas tanto a nivel de Campionatos de España, de Galicia como de Reunións atléticas e nas que moitos atletas galegos estarán incursos tentando ir na procura dalgún rexistro interesante.
Para comezar, unha pequena representación de atletas galegas tomará parte na localidade do Baixo Llobregat de Gavà, no Campionato de España Master 10.000, Pentatlón, Lanzamentos e Combinadas para dar paso en pleno Sistema Ibérico de Peñagolosa da provincia de Castellón ó XII Campionato de España de Carreiras de Montaña – Trail Running Absoluto, Sub20, Máster
O Campionato de España de Clubs sub 20 nas súas distintas fases, non contará con ningunha entidade galega, máis si con presenza galega individual nalgún dos clubs que toman parte como é o caso de Raquel Meaños no Valencia At. ou de Adrián Antonio (At. Intec – Zoiti) por citar a algúns.
Pontevedra será de novo o sábado epicentro dese destacadísimo sector do noso deporte como é o dos lanzamentos ca disputa do  IX Torneo de Lanzamentos Pontevedra onde poderemos presenciar a participación dalgúns dos nosos máis importantes especialistas tomando parte nos concursos longos de martelo, xavelina e disco
A nivel de reunións atléticas, Ourense contará tamén o sábado ca celebración do seu Ourense Termal que se atopa incluída no calendario nacional e que como cada ano, achegará a provincia galega un importante número de atletas que nesta ocasión loitarán na procura dalgunhas das mínimas que den pasaporte ós europeos de Berlín.
As distintas probas dos XOGADE e as de ruta nas que salientamos a V Carreira Pedestre Popular Concello de Frades a III Volta ó Mazanteu (Cariño) o III Carreira Pedestre Concello de Mazaricos, a II Carreira Popular Praia de Miño, así como a Carreira Popular Xinzo de Limia 2018 completan esta interesante axenda da fin de semana.
Capítulo aparte merecen os VII Campionatos de Galicia Sub10 , Sub12, e Sub14 por equipos a desenvolver en Lugo e o Galego de Trail de A Pobra dos falaremos amplamente no día de mañán.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA