Enviado por RIA el Vie, 05/11/2018 - 22:57
Noticias FGA
As grandes citas comezan a aportar calidade ó calendario
Interesante fin de semana o que vai a deparar o calendario de probas tanto a nivel de Campionatos de España, de Galicia como de Reunións atléticas e nas que moitos atletas galegos estarán incursos tentando ir na procura dalgún rexistro interesante.
O Campionato de España de Clubs sub 20 nas súas distintas fases, non contará con ningunha entidade galega, máis si con presenza galega individual nalgún dos clubs que toman parte como é o caso de Raquel Meaños no Valencia At. ou de Adrián Antonio (At. Intec – Zoiti) por citar a algúns.
Pontevedra será de novo o sábado epicentro dese destacadísimo sector do noso deporte como é o dos lanzamentos ca disputa do IX Torneo de Lanzamentos Pontevedra onde poderemos presenciar a participación dalgúns dos nosos máis importantes especialistas tomando parte nos concursos longos de martelo, xavelina e disco
A nivel de reunións atléticas, Ourense contará tamén o sábado ca celebración do seu Ourense Termal que se atopa incluída no calendario nacional e que como cada ano, achegará a provincia galega un importante número de atletas que nesta ocasión loitarán na procura dalgunhas das mínimas que den pasaporte ós europeos de Berlín.
Capítulo aparte merecen os VII Campionatos de Galicia Sub10 , Sub12, e Sub14 por equipos a desenvolver en Lugo e o Galego de Trail de A Pobra dos falaremos amplamente no día de mañán.