Noticias FGA

Noticias FGA .- Suavízanse as restricións nas competicións atléticas

 Noticias FGA

Suavízanse as restricións nas competicións atléticas
Afortunadamente pouco a pouco comézanse a flexibilizar as medidas restritivas que marcan a axenda competitiva do noso deporte a nivel autonómico.
O último avance neste sentido, ven sendo a autorización por parte da Xunta de Galicia da actualización do Protocolo COVID-19 que afectan a nosa actividade atlética e que foi plantexada pola Comisión COVID-19 da FGA
O documento, que xa se atopa en vigor,  permíte por exemplo as saídas en 500 m. e 600 m. con rúa libre desde o principio, incrementándose nos concursos o tope máximo de participantes ata os 16 atletas (mantendo sempre o distanciamento de seguridade, tamén nas carreiras).
A ruta tamén experimenta cambios, pasándose das saídas de dous en dous a grupos de dez sen límite de participación total, inda que este número dependerá da normativa propia de cada concello.

A Federación busca a súa mascota

 Noticias FGA

A Federación busca a súa mascota
O mundo do deporte foi sempre un lugar propicio para a exhibición de toda unha serie de elementos identificativos,tales como escudos, cores, himnos ou mascotas.
Unha mascota é un símbolo que personifica os valores dunha marca xa que xeralmente posúe trazos físicos que xera un achegamento co público moito mais próximo e que ademais axuda a identificar e retransmitir todos aqueles valores positivos asociados á marca.
A imaxinación, a fantasía e a creatividade son elementos importantes á hora de crear unha mascota que guste, identifique e chame a atención.
Sobre esas premisas a Federación Galega de Atletismo quere no marco de actividades do seu centenario, organizar un concurso de mascotas entre os atletas da categoría promoción (ata Sub16 incluido) co obxecto de que sexan eles e elas quenes deseñen a que será a mascota oficial nos seus campionatos oficiais e actividades de promoción.
Deste xeito a Federación pasará a contar con catro importantes elementos identificativos como son o escudo, o himno, as cores oficiais da selección galega e unha vez seleccionada o modelo gañador, tamén coa súa mascota oficial.
No día de hoxe publícanse as bases do concurso, abríndose un prazo de presentación de propostas. Entre as recibidas, elixiranse 25 que serán as que se expoñan nas Redes Sociais federativas para que todos os usuarios e usuarias poidan votar á que máis guste.
 
O prazo para recibir propostas, abrirase o día 15 de abril e concluirá o día 15 de xuño.
 

Noticias FGA .- Información importante sobre os Test de Antíxenos no Campionato galego absoluto

 Noticias FGA

Información importante sobre os Test de Antíxenos no Campionato galego absoluto

Co fin de que se podan desenvolver coa máxima seguridade as probas de 400 m., 800 m., 1.500 m., 3.000 m. e Probas Combinadas (800 m. 1.000 m ) en Pista Cuberta, a Federación Galega de Atletismo incorpora a realización de test de antíxenos obrigatorios a os/as atletas admitidos/as en ditas probas.

A realización deste tes, que será sumida pola FGA, non entraña ningún gasto para os atletas.

De cara a unha axeitada organización e coordinación dos test, os/as atletas participantes deberán realizalos na xornada de mañá do domingo 14 de marzo.  Para elo deberán presentarse no recibidor de Expourense segundo o seguinte horario:

09:00 a 09:15 – Atletas de Probas Combinadas (1.000 m.)
09:15 a 10:00 – Atletas 3.000 m.
10:00 a 11:00 – Atletas 800 m.
11:00 a 12:00 – Atletas 1.500 m.
12:00 a 13:00 – Atletas 400 m.
É obrigatorio que o resultado negativo do test de antíxenos sexa certificado o mesmo día da proba.

Deberase entregar en man, no momento de realización dos test, a seguinte autorización de tests de antíxenos

Ficha técnica do test

Circular 26 FGA

O I Control de Pista de Pontevedra aprázase para este domingo 21

 Noticias FGA

O I Control de Inverno FGA en Pista ao aire libre en Pontevedra que estaba previsto para este sábado, APRÁZASE PARA O DOMIMGO 21, por mor das previsións meteorolóxicas que obrigan a súa cancelación.
O horario non sufrirá variacións con respecto ao sábado. O que si en cambio se amplía é o prazo de inscripción así como as solicitudes de acceso á pista que lembramos están por normativa moi reducidas e só reservadas para adestradores e autorizadas/os dos clubs.(data límite:12:00 horas do sábado 20/02/2021)
Tanto as novas altas como as baixas deberán ser comunicadas por mail a: competicion@atletismo.gal
Nin as novas altas nin as baixas terán ningún tipo de recargo.

Noticias FGA .- Votación das/dos mellores atletas galegas o galegos do 2018/2019

Noticias FGA

 Votación das/dos mellores atletas galegas o galegos do 2018/2019

Como todos os anos xa se pode participar no proceso de selección das/os mellores atletas galegas/os que a Federación Galega de atletismo distingue anualmente.
Este ano, e polas circunstancias excepcionais de todos e todas coñecidos, a gala non vai poder celebrarse, máis elo non será impedimento para que se poidan seguir recoñecendo de maneira pública e oficial os/as mellores en cada unha das categorías establecidas.
O prazo para poder participar nestas votacións remata o día 15 de abril e entre os varios criterios que se empregaron de maneira específica para cada unha, está a de ter sido internacional, medallista nalgún Campionato do Mundo, de Europa ou de España ou a de ter superado algún récord galego absoluto entre outros.
Relación de nominadas/os
Categoría atletas absolutas femininas
  • Adiaratou Iglesias
  • Ana Peleteiro
  • Andrea González
  • Belén Toimil
  • Carmela Cardama
  • Carmen Sánchez
  • Esther Navarrete
  • Paula Iglesias
  • Leticia Gil
  • Lidia Parada
  • Saleta Fernández
  • Solange Pereira
Categoría atletas absolutos masculinos
  • Adrian Ben
  • Frank Casañas
  • Jean Marie Okutu
  • Manuel Hurtado
  • Mauro Triana
  • Tariku Novales
Categoría atletas Sub23, Sub20, Sub,18 e Sub16 femininas
  • Alba Cuns
  • Andrea González
  • Antía Chamosa
  • Antía Sestelo
  • Carmela Cardama
  • Diaou Diallo
  • Irene Gomez
  • Ivanna Román
  • Paula Iglesias
  • Marta Neira
  • Nerea Iglesias
  • Raquel Meaño
  • Saleta Fernández
  • Sara López
Categoría atletas Sub23, Sub20, Sub,18 e Sub16 masculinos
  • Adrián Ben
  • David Ngwudile
  • Elian López
  • El Medhi El nabaoui
  • Nicolás García
  • Pedro Vázquez
  • Tariku Novales
Categoría Máster Femenina
  • Ana Abuin
  • Concepción Campos
  • Emilia Mesa
  • Emma Valencia
  • Esther Pedrosa
  • Inmaculada Cortón
  • Luz María Domínguez
  • Luz Sanmartín
  • Mónica Granero
  • Pilar Márquiz
  • Rosa Sierra
  • Rosario Sureda
  • Soleedad Castro
categoría Máster Masculino
  • Antonio Gude
  • Carlos Almudi
  • Carlos Álvarez
  • David Vázquez
  • Domingo Álvarez
  • Fernando Paredes
  • Javier Cid
  • Manuel Hurtado

 

 

Noticias FGA .- COMUNICADO DA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO POLA CRISE DO CORONAVIRUS

Noticias FGA .- Amósanos o teu día a día

Noticias FGA

Amósanos o teu día a día 

Moítisimas grazas a todas e todos cantos nos estades a mandar vídeos, enlaces, sesións de adestramentos, comentarios de ánimo ou calquera das moitísimas iniciativas que estades a ter e que teñen como finalidade facer deste confinamento OBRIGATORIO E RESPONSABLE moito máis levadeiro para todos e todas.
Pero queremos seguir animando, e queremos seguir colgando as vosas orixinalidades. Para elo podedesnos enviar un vídeo de non máis de 30 segundos con temática alusiva ó voso día a día e o noso deporte. Entrarán dentro do espazo  #escorrentavirus #lumeobicho e colgaremos nas nosa Redes Sociais, resultando gañador dunha camiseta da selección galega, quen teña un maior número de “likes”.
Para tomar parte tan só tédes que mandar un wsp de texto co voso nome, concello ou club, e outrowsp co voso orixinal e simpático vídeo ó número 61 98 47 195.
 ÁNIMO, ENTRE TODOS E TODAS PODEMOS !!!!!!

 

Noticias FGA .- Información sobre o coronavirus

Noticias FGA

Información sobre o coronavirus 

A todos os estamentos do atletismo galego e público en xeral
A Federación Galega de Atletismo, tralo endurecemiento das recomendacións sanitarias e tras acordar o estado de alarma por parte do Goberno de España, determinou o peche temporal ata novo aviso, incluíndo a todo o persoal da sede central en A Coruña. Asemade permanecerán pechadas todas as sedes das Delegacións. O traballo do persoal federativo estase a desenvolver de xeito telemático. Aparte dos correos electrónicos de cada un dos departamentos federativos están operativas durante o horario laboral os seguintes números:
Secretaría Xeral
 645 973 846
 secretaria@atletismo.gal
Contabilidade
Comunicación
Toda a información e medidas que se adopten desde a FGA e que teñen carácter púbico estanse comunicando nas RRSS e no seguinte apartado
Informacións sobre o coronavirus

 

Comunicado da FGA

Noticias FGA

Comunicado da FGA 

A Federación Galega de Atletismo, ante as recomendacións que as autoridades sanitarias establecen pola crise do Coronavirus COVID-19, así como das instrucións recibidas por parte da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e que afectan a todo o deporte galego, unha vez consultados aos órganos de goberno, Xunta Directiva e Comisión Delegada, informa das medidas que se van a aplicar co obxecto de contribuír a evitar a propagación desta enfermidade, recoñecida oficialmente como pandemia por parte da Organización Mundial da Saúde (OMS) e protexer a saúde dos atletas, público e demais persoas implicadas na organización dos eventos atléticos:
  1. APRAZAMENTO do Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 de Pista Cuberta (Ourense).
  2. APRAZAMENTO do Campionato de Galicia de 5 km en Ruta do día 19 de marzo (As Pontes).
  3. APRAZAMENTO do Campionato de Galicia de Milla en Ruta do día 4 de abril (Guntín).
  4. APRAZAMENTO da Gala do Atletismo de Galicia prevista para o 3 de abril.
En base ás informacións e directrices que se poidan recibir por parte das autoridades sanitarias e deportivas de rango superior, esta FGA procederá a facer novos comunicados nas vindeiras datas a todos os estamentos do atletismo galego e público en xeral.

 

Aprázase o Campionato de pista cuberta Sub10,Sub12 e Sub14

Noticias FGA

Aprázase o Campionato de pista cuberta Sub10,Sub12 e Sub14

A FGA a través dos seus órganos de Goberno, e logo de ter escoitado as autoridades da Xunta de Galicia na xuntanza mantida esta mesma tarde con todas as Federacións deportivas, decide APRAZAR o Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 previsto para esta fin de semana en Ourense.

A FGA, lamenta enormemente a situación orixinada máis o estado excepcioal que se está a vivir implica a adopción de medidas responsables e previsorias cara a unha situación que desexamos sexa o máis transitoria.

En función da evolución da crise IRASE INFORMANDO A TRAVÉS DA WEB E RRSS segundo se vaian ampliando as advertencias e recomendacións dos gobernos español e galego así como das autoridades sanitarias.

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA