Cristian Muiño do Club Alejandro Gómez e Teresa Castro do Club Atletismo Noia na Carreira Pedestre de Corcubión; Pedro Nimo do Dar2bCorredores Pedro Nimo e Paula Sahelices no CorreSanGranxa do Xexto-Cronoescalada ao Pedroso; Ero Doce do Ría Ferrol e Eusebia Maldonado na Milla de Valdoviño e, finalmente, Solange Pereira na II Carreria de la Mujer vencedores das probas populares do calendario da FGA de esta fin de semana.
12/09/2014 . Publicada a Circular do Cto. Galego de Milla e 1000 metros ruta categorías inferiores
O Campionato Galego de Milla en ruta e o Cto. de 1000 metros en ruta de categorías inferiores terán lugar o sábado 27 de setembro en Marín. A organización deste campionato estase volcando para intentar reunir a unha gran cantidade de atletas galegos. No día de hoxe incorporouse á Circular 53-2014 o listado de premios económicos que a organización outorgará aos mellores atletas. Podes consultar as bases facendo click AQUI
Firma do convenio entre a Federación e o Concello de Vigo
Esta mañá desenvolveuse na dependencia da Alcaldia do Concello de Vigo o acto da firma do convenio entre a Federacion Galega de Atletismo e o Concello de Vigo en relación á xestión das pistas municipais de Balaidos. Ao mesmo asistiron o Alcalde de Vigo, Abel Caballero e o Presidente da FGA Isidoro Hornillos que estiveron acompañados tanto por parte do Concelleiro de Deportes Manel Fernández , como polo Delegado da FGA en Vigo Javier Alvarez Salgado.Coa firma do Convenio queda de manifesto cales son as responsabilidades do Concello de Vigo e a propia FGA en relación á xestión das pistas de Atletismo municipais, o cal redundase nunha maior facilidade para os usuarios e permitirá que a FGA desenvolva as súas actividades con maior flexibilidade.