Circular FGA Nº: 9/2019 .- LXXXIV Campionato de Galicia Absoluto, Sub 23 e Sub 20 de Campo a Través, individual e por Equipos Masculino / LII Campionato de Galicia Absoluto, Sub 23 e Sub 20 de Campo a Través, Individual e por Equipos Feminino

Circular RFEA Nº: 15/2019 .- Selección Campeonato Unión Mediterranea sub23

Noticias Web FGA .- A Copa marcha para Vigo e Pontevedra

Noticias FGA

A Copa marcha para Vigo e Pontevedra

Atletismo Femenino Celta con 79 puntos e Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 88 p. proclamáronse no día de hoxe campións da XV Copa de Galicia de pista cuberta que se desenvolvería nas instalacións cubertas de Expourense baixo un gran ambente deportivo.
Unha vez máis o equipo masculino pontevedrés revalidaría o título copeiro que leva gañando nas últimas cinco edicións ó mesmo que as atletas do Celta Feminino que de igual modo, repiten título por cuarta vez consecutiva.
Xunto ós campións masculinos, estarían ocupando postos de podio o Atletismo Narón con 72,5 puntos e o Atletismo Santiago con 68 p.,  sendo a Sociedad Gimnástica con 78 p. e o Ría Ferrol con 72,5 p. os que farían o propio na categoría feminina.
A tónica dominante sería o gran ambente nas bancadas e a loita mantida na pista polos equipos participantes que estarían pelexando ata a última proba do encontro. Como mostra desa gran igualdade na categoría feminina, a copa decidiríase por tan só un punto de diferencia.
Compre salientar o trunfo feminino celeste logo do abandono por lesión na proba dos 800 m. da atleta Ruth Carrera que faría sumar cero puntos a formación que preside Paula Mariño. Non menos meritorio sería tamén por parte viguesa pero masculina, a súa remontada ata casi rozar o podio malia a descalificación de David Ngwudile nos 200 m. e na que o Atletismo Santiago non deixaría pasar a oportunidade de seguir facendo historia e medrando no deportivo ó facerse ca terceira praza.
Por parte do equipo pontevedrés os trunfos parciais virían da man de Carlos Porto sobre os 1.500 m. con 4:04.58, Joao Alexandre Riveiro nos 60 m. valos con 8.31, David Ferrer en lonxitude con 6.85 m , Santi Ferrer en pértega con 4.50 m., Victor Gallego e peso con 15.93 m. así como a proba de relevos que sería gañada cun rexistro de 4:37.74
No tocante ó Atletismo feminino Celta as súas victorias virían da man de Alice Marie Genevieve Finot nos 1.500 cun excelenre rexistro de 4:18.09, Elvira Okutu en lonxitude con 5.12 m., Eva Queimaño en altura 1.56 m., Bea Viteri en pértega con 3.41 m. e  equipo de relevos con 5:29.55

Noticias Web FGA .- Xa se pode delixenciar a nova Licenza de Ruta e Trail Running

Noticias FGA

Xa se pode delixenciar a nova Licenza de Ruta e Trail Running

Xa se pode dilixenciar en Galicia a Licenza de Ruta e Trail Running, aprobada pola Asemblea Xeral da Federación Galega de Atletismo e feita conxuntamente coa Real Federación Española e resto de Federacións Autonómicas.
Os ámbitos na que se poderán empregar serán:
  1. Autonómico
  2. España, Andorra, Pirineo Francés, Portugal e Marrocos
  3. España, Europa e Marrocos
  4. Mundial, agás países en conflicto de guerra
Esta nova licenza representa para os amantes do “Trail Running” un conxunto de importantes medidas nas que cabe citar a ampla oferta deportiva, así como a cobertura sanitaria tanto nos adestramentos como na propia competición.
Normativa de organización de carreiras en ruta, campo a través, montaña e trail 2018 – 2019
Seguindo con este asunto, vense de facer pública mediante a Circular FGA 07/2019 as condicións ofertadas pola citada Federación no tocante a normativa de organización de carreiras en ruta, campo a través, montaña a trail onde se recollen todos aqueles aspectos organizativos, económicos e funcionáis destas probas.

VER CIRCULAR 

Circular RFEA Nº: 14/2018 .- Concentración y participación en Control RFEA Lanzamientos

Circular RFEA Nº: 13/2019 .- Controles RFEA Sector de Lanzamientos

Circular FGA Nº: 8/2019 .- Concentración Sector Lanzamentos

Circular FGA Nº: 7/2019 .- Normativa de Organización de Carreiras en Ruta, Campo a través, Montaña e Trail. Tempada 2018 – 2019

Circular FGA Nº: 6/2019 .- Anexo Circular 89. XV Copa de Galicia de Clubs de de Pista Cuberta

Circular FGA Nº: 5/2019 .- Licenza de Ruta/Trail Running e Licenza de Club de Ruta/Trail Running

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS