Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- A Copa marcha para Vigo e Pontevedra

Noticias FGA

A Copa marcha para Vigo e Pontevedra

Atletismo Femenino Celta con 79 puntos e Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 88 p. proclamáronse no día de hoxe campións da XV Copa de Galicia de pista cuberta que se desenvolvería nas instalacións cubertas de Expourense baixo un gran ambente deportivo.
Unha vez máis o equipo masculino pontevedrés revalidaría o título copeiro que leva gañando nas últimas cinco edicións ó mesmo que as atletas do Celta Feminino que de igual modo, repiten título por cuarta vez consecutiva.
Xunto ós campións masculinos, estarían ocupando postos de podio o Atletismo Narón con 72,5 puntos e o Atletismo Santiago con 68 p.,  sendo a Sociedad Gimnástica con 78 p. e o Ría Ferrol con 72,5 p. os que farían o propio na categoría feminina.
A tónica dominante sería o gran ambente nas bancadas e a loita mantida na pista polos equipos participantes que estarían pelexando ata a última proba do encontro. Como mostra desa gran igualdade na categoría feminina, a copa decidiríase por tan só un punto de diferencia.
Compre salientar o trunfo feminino celeste logo do abandono por lesión na proba dos 800 m. da atleta Ruth Carrera que faría sumar cero puntos a formación que preside Paula Mariño. Non menos meritorio sería tamén por parte viguesa pero masculina, a súa remontada ata casi rozar o podio malia a descalificación de David Ngwudile nos 200 m. e na que o Atletismo Santiago non deixaría pasar a oportunidade de seguir facendo historia e medrando no deportivo ó facerse ca terceira praza.
Por parte do equipo pontevedrés os trunfos parciais virían da man de Carlos Porto sobre os 1.500 m. con 4:04.58, Joao Alexandre Riveiro nos 60 m. valos con 8.31, David Ferrer en lonxitude con 6.85 m , Santi Ferrer en pértega con 4.50 m., Victor Gallego e peso con 15.93 m. así como a proba de relevos que sería gañada cun rexistro de 4:37.74
No tocante ó Atletismo feminino Celta as súas victorias virían da man de Alice Marie Genevieve Finot nos 1.500 cun excelenre rexistro de 4:18.09, Elvira Okutu en lonxitude con 5.12 m., Eva Queimaño en altura 1.56 m., Bea Viteri en pértega con 3.41 m. e  equipo de relevos con 5:29.55