Enviado por RIA el Sáb, 01/12/2019 - 12:02
Noticias FGA
Xa se pode delixenciar a nova Licenza de Ruta e Trail Running
Xa se pode dilixenciar en Galicia a Licenza de Ruta e Trail Running, aprobada pola Asemblea Xeral da Federación Galega de Atletismo e feita conxuntamente coa Real Federación Española e resto de Federacións Autonómicas.
Os ámbitos na que se poderán empregar serán:
-
Autonómico
-
España, Andorra, Pirineo Francés, Portugal e Marrocos
-
España, Europa e Marrocos
-
Mundial, agás países en conflicto de guerra
Esta nova licenza representa para os amantes do “Trail Running” un conxunto de importantes medidas nas que cabe citar a ampla oferta deportiva, así como a cobertura sanitaria tanto nos adestramentos como na propia competición.
Normativa de organización de carreiras en ruta, campo a través, montaña e trail 2018 – 2019
Seguindo con este asunto, vense de facer pública mediante a Circular FGA 07/2019 as condicións ofertadas pola citada Federación no tocante a normativa de organización de carreiras en ruta, campo a través, montaña a trail onde se recollen todos aqueles aspectos organizativos, económicos e funcionáis destas probas.
VER CIRCULAR