Noticias FGA

Noticia Web FGA .- Valencia consagra ó atletismo feminino galego

Noticias FGA

Valencia consagra ó atletismo feminino galego

A pista cuberta do Palau Velodrum Luis Puig, acolleu esta fin de semana a cita nacional máis importante baixo teito da presente tempada.
A este LIV Campionato de España Absoluto acudiron un total de vintesete atletas galegos na que as figuras femininas de Ana Peleteiro, Solange Pereira, Saleta Fernández e Belén Toimil foron as que darían os metáis (dous ouros e dúas pratas) neste importante evento.
Para falar do que deu de si esta edición, comezamos pola velocidade na que nos 60 m. Javi Cancela entraría en semis logo de marcar 6.92 en series clasificatorias quedando ó remate de quinto con 6.96. Pola súa banda Javier García non puido baixar dos sete segundos parando o crono en 7.05 e quedando apeado na cuarta serie. A venezolana Nediam Nori Vargas con licenza galega, establecería 7.56 en eliminatorias e 7.50 en semifinais malia que a súa condición de estranxeira impediríalle acceder á final.
Xa nos 200 m. Sergio Rodríguez non puido baixar dos 22 segundos por 13 centésimas o que lle impediría pasar as semifinais o mesmo que Javier García quen xa o ano pasado estaría a piques de facelo ó aire libre malia que aquí correría en 22.70. Mauro Triana, xa casi restablecido da súa grave lesión, si ocuparía praza de finalista ó ocupar a sexta posición con 21.74  e volvendo pouco a pouco ó seu gran nivel. Nas semifinais marcaría 21.71 (MMT). Paula Iglesias con notable actuación, competiría tanto no doble hectómetro como nos 400 m. onde marcaría respectivamente 25.21 (MMT) e 56.03.
No medio fondo Adrián Ben entraría na final pola porta grande despóis de efectuar un rexistro de 3:47.92 na súa semifinal e na que Carlos Porto ocuparía, nunha boa carreira, o décimo lugar con 3:55.67 (MMP). Na final o de Lugo non tería o seu día entrando de oitavo con 3:52.92. Impresionante campionato o de Raquel Meaños quen daría un recital de calidade e madurez ó colarse na final marcando un crono de 2:07.97 que lle serviría para establecer un novo récord galego Sub-20. Da mesma maneira pelexaría polo bronce ata o remate escapándoselle por apenas cinco milésimas. O futuro chama as súas portas.
Nos 1.500 m. presenza de Sandra Mosquera e de Solange Pereira. A atleta do ADAS competiría moi ben ocupando a quinta posición na súa serie semifinal con 4:34.20 e acadando unha mellor marca persoal. A nosa mundialista en Londres gañaría a primera carreira con 4:28.23. malia que xa na final tería que ceder ante a soriana Marta Pérez, entrando en meta no segundo lugar con 4:22.10. bastante afastada dos seus 4:12.33 do pasado 13 de febreiro en Francia. Nesta mesma distanciaAlice Marie Genevieve con ficha galega, pero fora de concurso, ocuparía a segunda praza da súa semifinal con 4:31.64.
Na final dos 3.000 m. non tiveron nada de sorte os nosos representantes, 8:35.78 para Gonzalo Basconcelo polos 9:26.33 de Leti Fernández. Máis non se lles pode pedir cando as adversidades se impoñen.
Nos valados Miguel Pérez con 8.40 quedaríase na primeira serie clasificatoria. Mesma sorte tiveron as mulleres nas que tan só Emma Valencia, nun moi bo campionato, conseguiría rebaixar dos nove segundos con 8.98 establecendo un novo récord galego master 35. Teresa Rodríguez con 9.01, Uxía Pereira con 9.10 e Antía Martínez con 9.12 completarían o grupo de valistas galegas.
No salto de altura, cumplíronse os pronósticos e Saleta Fernández subiría ata os 1.82 m. que a levarían a acadar por vez primeira o título de Campioa de España Absoluta. Na lonxitude, saltaría a sorpresa xa que Jean Marie Okutu ocuparía a cuarta posición quedando fora do podio con 7.63 m. Excelente campionato para Leticia Gil quen no seu último salto chegaría ata os 6.16 m. que lle servirían para encaramarse ata a quinta posición.
Xa na proba de triplo feminino unha de novo impresionante Ana Peleteiro, voaría ata os 14.22 m. establecendo un novo récord galego absoluto e quitando preto de trinta centímetros á segunda clasificada da proba. No mesmo concurso praza de finalista para a tamén saltadora galega Ruth Ndoumbe quen con 12.76 m. ocuparía a sexta posición. Na categoría masculina Anxo Blanco non puido achegarse ata esos 15.62 m. que traía, saltando ó remate 15.04 m. no seu segundo intento.
No peso Belen Toimil con só dous lanzamentos válidos chegaría ata os 15,83 m. no seu terceiro intento que lle valeron para acadar o subcampionato nacional tras a favorita Úrsula Ruíz. Na categoría masculina, Víctor Gallego sumaría a súa enésima participación nuns nacionais lanzando nesta ocasión ata os 15.75 m.
Por último, un loitador Adolfo Sáinz remataría as combinadas no décimo posto con 4.640 puntos e na que súa mellor proba serían os 60 v. con 8.89.

Noticia Web FGA .- Carmen Escariz e Roberto Vieiro, impuxéronse no deportivo e no climatolóxico

Noticias FGA

Carmen Escariz e Roberto Vieiro, impuxéronse no deportivo e no climatolóxico

O Concello do Cangas asentado sobre un extremo da península do Morrazo, daría acollida na Parroquia de Aldán ó XXIX Campionato de Marcha en Ruta disputado sobre un circuíto homologado.
A proba, baixo cuxa colaboración participaba o Concello e o Atletismo Vila de Cangas, daría comezo as 10:00 horas ca saída dos Sub-14 e na o triunfo correspondería para os atletas da Escola Atlética Lucense, Pablo Sánchez e Xela Martínez con 15:55 e 16:31 respectivamente.
De seguido, e continuando co campionato, sería Mateo Díaz da Atlética Lucense con 27:15 e a localAna Piñeiro do Vila de Cangas con 27:37 a quenes correspondería o título galego na categoría Sub-16 sobre una distancia de 5 km.
Nas proba dos máis pequenos que precederían a absoluta, os triunfos foron para Sabela Castelo do Vila de Cangas con 05:13 e Anxo Jamardo da S. Gimnásica na Sub-10. Xa na Sub-12 Christian Sierpes do Trega con 10:31 e  Claudia Sufuentes da Atlética Lucense con 11:22 farían o propio sobre os 2 km. dos que constaba a súa proba.
As 12:45 e xa cunha choiva incesante, daríase a saída da proba principal onde tomaban parte os marchadores das categorías Sub-18 en adiante.
Como era previsible o marchador do C.A. Santiago Roberto Vieiro imporíase na categoría absoluta logo de marcar un excelente rexistro de 44:51 chegando na segunda posición o atleta veterano José Fernández do R.C.Celta con 46:38. O terceiro lugar do podio sería para o tamén celeste Brais Prietocon 46:47.
Nas mulleres, e ante a ausencia de última hora de Antía Chamosa,  a victoria correspondería para Carmen Escariz do Bidezabal quen chegaría a liña de meta establecendo uns moi bos 48:08. Xunto ela, e compartindo medallas, estiveron Leyre Aramburu do C.A. Valladolid con 50:26 e Iria Rivas do A.F. Celta con 51:57.
A entrega de medallas nas instalacións cubertas do peirao de Aldán, poría o punto e peche a este interesante campionato que para o ano que ven estará de aniversario ó chegar ás trinta edicións.

Noticias Web FGA .- Irene Costas protagonista do Autonómico de lanzamentos

Noticias FGA

Irene Costas protagonista do Autonómico de lanzamentos

De novo o CGTD de Pontevedra vería como as súas instalacións eran as escollidas para a disputa do VII Campionato de Galicia Absoluto de Inverno que ademáis será a primeira edición do Autonómico Sub-20 de lanzamentos longos.
Como era de agardar excelentes novas da lanzadora Irene Costas quen parece non ter límites na súa progresión. A xoven promesa dos lanzamentos chegaría ata os 50,31 m. no seu terceiro intento (45,91/48,41/50,31/49,53/48,66/X) establecendo un novo récord galego Sub-18 e Sub-20 e continuando co seu importante medre que a levan a encabezar o ránking nacional.
Na xavelina, interesante duelo o mantido entre Ivanna Carolina Román do RIA e Andrea González da Gimnástica no concurso de xavelina con triunfo para a coruñesa con 39,67 m. polos 39,26 da pontevedresa.
Destacados 35,64 m. da atleta do AVA Cristina Freire quen no concurso de disco sube directa ó terceiro posto do ranking nacional. Un posto máis abaixo dese mesmo ranking para Jaime Arias do Riazor Coruña con 49,17 m. na proba de xavelina Sub-20.
Nacho Fernández do Celta dominaría o martelo con 58,45 m. tendo especial interés o concurso de disco ca participación do catro veces olímpico Frank Casañas quen gañaría con 59,38 m. correspondendo o triunfo na categoría M-50 para o tamén triolímpico David Martínez do A.Narón con 44,39 m.

Noticias Web FGA .- Orballo, mar, piñeirales e moito campo a través no máster de Cabanas

Noticias FGA

Orballo, mar, piñeirales e moito campo a través no máster de Cabanas

Un importante número de atletas daríase cita no piñeiral da Madalena de Cabanas onde o pasado sábado, baixo un persistente orballo, disputaríase a XXXII edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Máster.
Nunha contorna espectacular onde a mar e o verde se misturaban por iguais, daría comezo a primeira das probas de carácter popular para todos aqueles que quixeron tomar parte. Esta iniciativa promovida pola Federación intenta “popularizar” as probas de campo a través e abrilas a sociedade o mesmo que se fixera anos atrás cas carreiras de ruta. Nesta ocasión serían máis dunha treintena de atletas quenes tomarían parte e que precederían a primeira das probas que abrirá o Campionato de Galicia, a dos masculinos M-45 en adiante.
Nesta carreira o triunfo correspondería a Ramón Serantes do Marineda, quen ademáis se proclamaría campión galego da categoría M-45. Nas seguintes categorías os triunfos foron paraSamuel José Veiga do Milladoiro na M-50; José Luis Bouza do Atletismo Narón na M-55; Javier Toro do Verxel Nutrición na M-60; Xosé Luis Otero do Universidade de Santiago na M-65 e Antonio Hernández do Egovarros na M-70. Na categoría M-75 triunfo do plusmarquista mundial de pista cuberta nos 800 m. José Vicente Rioseco do Egovarros. A composición do podio para esta categoría de M-45 en adiante estaría formada polo Clube Atletismo SAR no primeiro lugar con 32 puntos, seguido do Marineda con 41 p. sendo o bronce para a formación do Milladoiro cun punto máis que os coruñeses.
Xa na carreira para as categorías masculinas M-35 e M-40 e disputada sobre un total de 7.000 metros, resultou gañador absoluto e campión galego da categoría M-35 cun rexistro de 26:27 Jorge Crespo do Atletismo SAR.  Pola súa banda Xavier Díaz do Verxel Nutrición faría o propio ca categoría M-40
Por clubs, trunfo de novo para o Clube Atletismo SAR con 15 puntos, sendo o San Miguel de Marín e o Verxel Nutrición segundos e terceiros con 30 e 31 puntos respectivamente.
A proba feminina tería na atleta de Mazaricos Rocío Alvite do Atletismo SAR a clara domiñadora quen cubriría os 5.500 m. nun tempo de 24:48 proclamándose campiona galega da súa categoría W-35.  O segundo lugar sería para Mónica Granero do S´Hostal Montuiri a 38 segundos da líder e terceiro posto para María Teresa Castro do A.Noia con 25:31 primeira da categoría W-45. No resto os trunfos foron para:  Noelia Papín do C.A. Sada na W-40; Mª Elva Méndez do Verxel Nutrición na W-50; María Elisa Paz do Egovarros na W-55; María del Carmen Novo na W-60 e María Josefa Freire do San Miguel de Oia na W-65.
Na clasificación por conxuntos o título autonómico sería para o Verxel Nutrición con 23 puntos,  seguido do Clube Atletismo SAR con 28 ocupando o terceiro posto do pódium o Club Atletismo Sada con 32 puntos.
 

Noticias Web FGA .- Un campionato galego heptaolímpico

Noticias FGA

Un campionato galego heptaolímpico

Logo da disputa o pasado fin de semana do Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos en Pontevedra, volve de novo este sector e no mesmo escenario a ser protagonista nesta fin de semana. Será en concreto o sábado a partir das 09:45 cando poidamos presenciar o comezo do VII Campionato de Galicia Absoluto de Inverno que ademáis será a primeira edición do AutonómicoSub-20 de lanzamentos longos.
Entre a relación de inscritos destacan a participación de dous atletas olímpicos, a do lanzador tetraolímpico Frank Casañas (Atenas-04, Pekín-08, Londres-12, Río-16) e a do triolímpico David Martínez Varela (Barcelona-92, Atlanta-96 e Sidney-00) quenes darán categoría a esta edición tomando parte no concurso de disco as 17:15 horas. Nesta mesma proba tamén contaremos ca presenza de Victor Gallego da Gimnástica e Martín Brea do C.A.Santiago. O celeste Nacho Fernández será outros dos que tomen parte nesta cita no concurso de martelo as 13:00 horas
Na categoría feminina abrindo o campionato, poderemos presenciar a evolución da xoven promesa dos lanzamentos galegos Irene Costas quen tomará parte, debutando na súa nova categoría Sub-18, no lanzamento de martelo as 09:45. Xa na xavalina e sobre as 12:00 horas, intervención da atleta internacional Ivanna Carolina Román do RIA Ferrol quen intentará superar a barreira dos corenta metros.

Noticias Web FGA .- 250 aspirantes no autonómico máster de campo a través

Noticias FGA

250 aspirantes no autonómico máster de campo a través

O contorno do piñeiral da Madalena de Cabanas é o escenario escollido para albergar a XXXII edición do Campionato de Galicia de Campo a Través Máster que poderemos presenciar este sábado a partir das 16:10 horas.  A esta cita acudirán preto de 250 atletas que dos 35 anos en adiante, completarán as distintas distancias segundo as normativas da competición.
Neste evento deportivo organizado pola Federación Galega de Atletismo e no que colaboran o Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes, e a Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, conta co engadido da celebración dunha proba popular aberta a todos cantos desexen tomar parte na mesma que dará comezo as 16:00 horas
Media hora despóis, ás 16:30 horas, darase a saída para as categorías máster M-45 en adiante (Homes) cun itinerario de 5.500 metros. Ás 17:05 horas será o turno da categoría máster 35 en adiante (Mulleres), coa mesma distancia. E ás 17:35 horas, darase a saída para os máster M-35 e M-40 (Homes), cunha distancia a cubrir de 7.000 metros.
Cabe salientar a presenza dos gañadores da edición do ano pasado na categoría M-75 e W-60  Antonio Cabana e Begoña de Arriba respectivamente do Egovarros de Viveiro. De igual modo tamén acude a defender título Inés Papín do C.A.Sada na categoría W-45. A maiores contaremos ca destacada presenza do plusmarquista nacional en pista cuberta  Xosé Luis Otero Cepeda do Universidade de Santiago así como a de Ramón Serantes do Marineda, Daniel de la Torre do San Miguel de Marín ou José Manuel Fernández do Verxel Nutrición por citar algúns.

Noticias Web FGA .- Cangas decidirá os metais da marcha galega

Noticias FGA

Cangas decidirá os metais da marcha galega

Esta fin de semana Cangas dará acollida a o XXIX Campionato de Galicia de Marcha en ruta no que representa o arranque desta importante especialidade do noso atletismo.
Serán varias as ausencias que non acudirán a vila pontevedresa, ben por estudos como no caso de Mar Chillón, ben por lesións como Daniel Chamosa, ou ben por estar na preparación doutros obxectivos como Fran Durán ou Samantha Mulloni. En calquer caso, son moitos os marchadores que se darán cita e no que o máis salientable será presenciar na categoría masculina o duelo que manterán tanto Roberto Vieiro do C.A. Santiago como Marcos Cintrón do Lugo RC Ramos Lourés polo título autonómico. Nesta mesma categoría, non haberá que perder de vista nin ó céltico Brais Prieto nin moito menos as evolucións dos irmáns Alex e Emilio Novas do C.A. Narón con serias opcións a podio.
Xa na categoría feminina contarase ca presencia da internacional Antía Chamosa do C.A. Valladiolid quen na pasada fin de semana en Catalunya acadaría a mínima para tomar parte nos Campionatos do Mundo Sub-20 logo de estabrecer un rexistro de 48.21 moi preto do seu  propio récord galego e que fan dela a clara favorita da proba. Xunto a ela en postos de medallas deberían estar tanto Leyre Aramburu do C.A.Valladolid  como Rocío Carbia do Ría Ferrol.
A presentación do Campionato terá lugar o xoves día 8 ás 12:00 horas na Casa da Cultura de Cangas.

Noticias Web FGA .- ADAS-Proinor, Leti Fernández e Manuel Hurtado, protagonistas en Ribadavia

Noticias FGA

ADAS-Proinor, Leti Fernández e Manuel Hurtado, protagonistas en Ribadavia 

Como xa viñera acontecendo nas dúas últimas tempadas, a Área Recreativa de “A Veronza” no Concello de Ribadavia foi o escenario no día de hoxe da celebración do LXXXIII Campionato de Galicia de Campo a Través.
O frío que se viviu non representou impedimento algún para que se presenciara un fermoso, disputado e como era de agardar, sorprendente campionato galego.
Cun circuíto impecable por características propias e por un laborioso traballo de acondicionamento, a gran cita invernal daría comezo as 10:30 horas ca saída das Sub-20 feminina. Nesta primeira proba a atleta da Gimnástica Inés Castaño sería a gran protagonista xa que se proclamaría campioa autonómica logo de sacar cinco segundos a segunda clasificada, Elena Costas do Val Miñor e vinte a Antía Rodríguez do Ourense Atletismo. Por equipos sería o Comesaña Sporting Club quen acadara a ansiada vitoria.
Na categoría masculina, cumpliríanse os pronósticos co trunfo do atleta ferrolán do RIA Pedro Ossorio quen chegaría escoltado por Iván Puentes do C.A. Fene e por César Otero do Olímpico de Vedra  entrando por ese mesmo orden na línea de meta logo de completar os preto de 7.000 m. da proba.  Por conxuntos o Clube Atletismo Santiago sería o gañador estando acompañados no podium polo Coruña Comarca e Lucus Caixa Rural.
Nunha mañá que si ben comezaría con néboa iría despexando pouco a pouco, daríase a saída as 11:35 á carreira absoluta e promesa feminina que contaba a priori cunha igualada disputa entre Leti Fernández, Esther Navarrete e Sandra Mosquera. Nos primeiros compases da proba a carreira cumpliría co guión establecido ó que se lle sumaría a presencia da atleta do Comesaña Clarisse María Pino.  Pouco a pouco, e xa no paso pola terceira volta, quedaría descolgada uns segundos a atleta do Comesaña, malia que a sorpresa saltaría co abandono da vixente gañadora do ano pasado Esther Navarrete quen deste xeito deixaba as cousas moito máis doadas a unha Leticia Fernández quen se convertiría na nova campioa galega absoluta inscribindo o seu nome por vez primeira no palmarés deste importante campionato e sumándoo a de mulleres tan importantes como Estela Estévez, Xulia Vaquero, María Abel ou Solange Pereira por citar algúns. Compartindo podium desta categoría absoluta estaría Sandra Mosquera e Sofía Freaza.
Cando ainda se estaba a celebrar a fantástica carreira vivida na categoría feminina, máis de douscentos atletas masculinos tomaban a saída  sobre un circuíto de 9.000 m. con ningún claro favorito sobre o terreo.  Xa viñemos falando da gran tempada de campo a través que está a realizar o atleta da Gimnástica Manuel Hurtado e que o levarían a acadar o triunfo fai unha semana no Cros Curto de A Rúa, pois ben, logo de moito rozar a vitoria en edicións anteriores, este ano por fin lograría a título autonómico. O lucense que iría nos postos de cabeza controlando a proba xunto a Pedro Miguel García do San Miguel de Marín e Antonio Serrat do C.D. San Paio a Estrada, agardaría ata o paso pola terceira volta e media para dar un cambio de ritmo que lle serviría para acadar unha ampla ventaxa e chegar á línea de meta na primeira posición quitando once segundos ó mariñense e dazaséis ó estradense que serían prata e bronce respectivamente.
Por clubes de novo o ADAS Proinor colleitaría o trunfo en ambas categorías confirmándose como o domiñar indiscutible galego desta modalidade na presente tempada. Xunto os barquenses estarían na categoría feminina o Comesaña S.C. e Club Atletismo Sar saltando a sorpresa no podium masculino con esa segunda posición do San Miguel de Marín grazas o fantástico traballo en equipo, correspondéndolle o bronce o C.D. San Paio A Estrada.
No que atinxe a categoría promesa serían Laura Pérez do San Miguel de Marín e Alberto Castiñeirado C.A. Santiago os que se proclamarían gañadores galegos desta tempada.
Facendo un pouco de historia e estatística, lembramos que a atleta que máis Campionatos de Galicia de Campo a través ten as súas costas é a mítica atleta viguesa Estela Estévez con oito títulos acadados nos anos 1982, 1984, 1986, 1988, 1989, 1990, 1991 e 1994.
Xa na categoría masculina,  son tres os atletas que comparten esa distinción con seis títulos cada un:  Estanislado Durán (1978, 1979, 1981, 1982, 1983, 1985); Alejandro Gómez (1989, 1993,1994, 1995, 1996, 1997) e  Pedro Nimo (2005, 2006, 2007, 2008, 2013 e 2014).

Noticias Web FGA: Última hora: Pospónse o Campionato de Galicia Sub-16 e Sub-18 de lanzamentos e probas de aire libre en Lugo

Noticias FGA                   

Última hora: Pospónse o Campionato de Galicia Sub-16 e Sub-18 de lanzamentos e probas de aire libre en Lugo

Ante as recomendacións recibidas por parte da Delegación en Lugo que alertan da presenza de neve nas instalacións do Estadio Gregorio Pérez Rivera para este sábado e que dificultarían a realización do II Campionato de Galicia de Lanzamentos Sub-16 e Sub-18 co consecuente perxuízo para os rexistros dos atletas, trasladarase o devandito Campionato ó sábado día 17 de febreiro.
Tal decisión NON AFECTA ás probas do Módulo cuberto que se desenvolverán segundo ó horario previsto.
Ampliarase información en próxima circular.

Noticias Web FGA .- Ribadavia decidirá ós mellores do campo a través

Noticias FGA

Ribadavia decidirá ós mellores do campo a través

No día de onte a Deputación de Ourense foi o escenario da presentación do LXXXIII Campionato de Galicia de campo a través no que supón a conta atrás da máis importante cita da tempada atlética invernal na nosa Comunidade.
Como xa viñera acontecendo nas dúas últimas tempadas, a Area Recreativa de “A Veronza” no Concello de Ribadavia será de novo a sede o domingo día 4 a partir das 10:30 horas, deste importante evento que contará, malia as notables ausencias, con todos os ingredientes para gozar dun emocionante espectáculo deportivo.
Na categoría absoluta masculina e ante ausencia do actual campión, Lolo Penas, son varios os aspirates que estarán na loita polo título autonómico. Entre eles cabe citar a Manuel Hurtado que ven de gañar o Cros Curto por clubs de A Rúa fai unha semana, Alejandro Fernández que logo de estar un ano lesioado acude a esta cita despóis de impoñerse fai uns meses na San Martiño, Pedro Nimo con seis títulos de Campión Galego nas súas costas ou mesmo Alejo Ares cuxa progresión fan del un home a ter moi en conta.
A categoría feminina non deixará de ser menos interesante xa que a loita entre Esther Navarrete,que defende título, e Leti Fernández, nun excelente estado de forma, acaparará  a atención de boa parte do público. Xunto elas estará tamén na loita Sandra Mosquera, que o ano pasado xa acadara o subcampionato neste mesmo escenario.
A nivel de equipos todo moi aberto cun serio aspirante en ambas categorías, o ADAS-Proinor, que saería moi fortalecido dos seus trunfos no cros curto de A Rúa, malia elo non haberá que perder de vista nin a Gimnástica de Pontevedra, Comesaña S.C. nin ó Atletismo Santiago. Atención de igual modo as posibles sorpresas que poidan acontecer como a que protagonizaría o Miller Runing Club fai unha semana ó “colarse” no podium.
Si todo esto acontece a nivel individual e por clubs, a nivel de Selección Galega cóntase co engadido de estar en xogo as prazas que dan acceso a representar a nosa Comunidade no Campionato de España de Campo a Través que se desenvolverá en Mérida o vindeiro día 10 de marzo e na que lembramos que se seleccionan directamente os cinco primeiros atletas homes senior así como os tres primeiros do resto de categorías.
Facendo un pouco de historia e estatística, lembramos que a atleta que máis Campionatos de Galicia de Campo a través ten é a mítica atleta viguesa Estela Estévez con oito títulos acadados nos anos 1982, 1984, 1986, 1988, 1989, 1990, 1991 e 1994.
Xa na categoría masculina,  son tres os atletas que comparten esa distinción con seis títulos cada un:  Estanislado Durán (1978, 1979, 1981, 1982, 1983, 1985); Alejandro Gómez (1989, 1993,1994, 1995, 1996, 1997) e o xa citado Pedro Nimo que caso de gañar en Rivadavia convertiríase no atleta masculino máis laureado ( 2005, 2006, 2007, 2008, 2013 e 2014).

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA