Sofía Fernández e Carolina Santos seleccionadas para participar no Campionato de España de Federacións de Campo a Través.

                     

As nosas atletas Sofía Fernández Castro e Carolina Santos Villalón foron seleccionadas para representar a Galicia no Campionato de España de Federacións de Campo a Través, que terá lugar na localidade de Ortuella (Bizkaia) o vindeiro 29 de xaneiro de 2023.

¡Parabéns ás dúas!

Circular FGA 17-2023. Anexo Circular FGA 16-2023 Selección de atletas para o Campeonato de España de Federacións de Campo a Través.

Pista cuberta en Portugal e Madrid e campo a través na Malata.

 

                 

A pista cuberta de Gallur en Madrid e a pista cuberta da cidade de Braga, foron o escenario a pasada fin de semana da "Reunión FAM 6 PC" e das "Provas de Preparaçåo".

Diana Jiménez Guerrero competiu en Gallur na proba de pértiga cun salto de 3.45 m.

Nas pista cuberta da cidade portuguesa de Braga, Daniela Alonso Dos Santos tomou parte na proba dos 300 ml acadando un rexistro de 48"88.

 

 

                  

Na fría maña de onte tivo lugar a celebración da "4ª Xornada do Circuito Escolar de Carreiras Populares e de Campo a Través do Concello de Ferrol" nas instalacións da Malata.

Os resultados d@s nos@s balitas vermellas foron os seguintes:

Categoría Sub-16 femenino

  • Irma Veiguela Tizón 1ª clasificada.
  • Olga Sánchez Romar 7ª clasificada.

Categoría Sub-14 femenino

  • Sara Martínez Campos 21ª clasificada.
  • Edurne López Cordero 22ª clasificada.
  • Beatriz Varela Molins 23ª clasificada.
  • Sara Fernández Rodríguez 25ª clasificada.
  • Bárbara Requejo Regal 26ª clasificada.

Categoría Sub-12 femenino

  • Laura Fernández Pérez 14ª clasificada.
  • Julia Peñas Moriceau 18ª clasificada.
  • Cayetana Rey Dobarro 19ª clasificada.
  • Aroa Goti Vidal 28ª clasificada.

Categoría Sub-12 masculino

  • Hugo Veiguela Tizón 5º clasificado.
  • Marcos Mauriz Díaz 11º clasificado.
  • Lucas Jiménez Vilchez 12º clasificado.
  • Fernando Arias Vázquez 20º clasificado.
  • Juanra Martínez Martínez Rodríguez 21º clasificado.
  • Asier San Emeterio Carballeira 40º clasificado.

 Categoría Sub-10 femenino

  • Noelia San Martín Martínez 22ª clasificada.
  • Paula Rascado Piñeiro 26ª clasificada.

Categoría Sub-10 masculino

  • Hugo Cajamarca Díaz 22º clasificado.
  • Xoel Regueiro González 23º clasificado.
  • Mario López Piñón 24º clasificado.
  • Leo Garabana Rey 30º clasificado.

Categoría Sub-8 femenino

  • Daniela Fernánez Romeu 8ª clasificada.
  • Sofía Rey López 11ª clasificada.
  • Lola Pedre López 12ª clasificada.
  • Sabela Pérez Domenech 32ª clasificada.

Categoría Sub-8 masculino

  • Roi Agra Pita 10º clasificado.
  • Javier Pita Torreiro 15º clasificado.
  • Lucas Ramos Santamaría 18º clasificado.
  • Luka Domínguez Rojas 21º clasificado.
  • Ezequiel Otero Méndez 48º clasificado.
  • Mario Ramos López 53º clasificado.

¡Parabéns a tod@s! 

Unha medalla de bronce no Campeonato de Cataluña Absoluto e Sub 23 de Pista Cuberta.

 

O domingo 22 de xaneiro tivo lugar na cidade de Sabadell o "Campionat de Catalunya Absolut i Sub 23 en Pista Coberta".

A nosa atleta Elena Llobera competiu na proba de lonxitude onde cun salto de 5.86 m conseguiu a medalla de bronce.

¡Parabéns! 

 

Unha prata no Campeonato de Asturias Absoluto e Sub 23 de Pista Cuberta.

O pasado fin de semana celebrouse no Palacio Municipal de los Deportes de Oviedo o "Campeonato de Asturias Absoluto y Sub 23 de Pista Cubierta".

A representación do noso club correu a cargo de Sofía Fernández Castro, que competiu nas probas de 1500 ml e 3000 ml.

Na xornada vespertina do sábado competiu na proba de 1500 ml, gañando a final B cun rexistro de 4'57"30.

A final dos 3000 ml disputouse na mañá do domingo, onde consegiu colgarse a medalla de prata cunha marca de 10'31"92.

¡Parabéns!

Dous ouros e unha prata no Campionato Galego Absoluto e Sub23 de Pista Cuberta.

 

     

No día de onte, a pista cuberta de Expourense acolleu o "XXXVIII Campionato Xunta de Galicia Absoluto e Sub 23 en Pista Cuberta", en onde o noso club acadou un total de tres medallas.​

A nosa atleta Diaou Diallo, cun salto de 12.03 m na proba de triple, logrou a medalla de ouro.

A segunda medalla de ouro veu da man de Xiana Lago, que cun lanzamento 13.42 m, acadou a primeira posición na proba de peso.

A terceira medalla correu a cargo de Antía Martínez na proba de 60 mv, na que logrou un rexistro de 9"14 que  lle permitiu colgarse a prata .

Hay que destacar a gran actuación realizada polo resto de atletas do noso club que participaron neste campeonato. Os resultados foron os seguintes:

Alicia Barreiro logrou o cuarto posto na proba de 400 ml cun rexistro de 58"14

Carolina Santos, na proba de 800 ml, cruzou a liña de meta quinto lugar, na proba de 800 ml acadando un tempo de 2'19"35.

Ines Oitaven acadou un rexistro de 26"39 na semifinal dos 200 ml e na proba de 400 ml tivo que abandoar.

Adrían Rivadulla logrou un tempo de 2'00"82 na primeira semifinal dos 800 ml.

Lucía Blanco logrou unha marca de 8"34 na seminifal dos 60 ml. Asimesmo, tamén competiu na proba de 60 mv, acando un rexistro de 9"48 na semifinal e quedando descalificada na final por realizar unha saída nula.

María Blanco realizou tres nulos sobre una altura de 2.55 m, na proba de pértiga.

¡¡Parabens a tod@s!!

Importantes citas esta fin de semana para as nosas atletas.

 

 

"Campeonato de Asturias Absoluto y Sub-23"

Mañá sábado, o Palacio Municipal de Deportes de Oviedo acollerá o "Campeonato de Asturias Absoluto y Sub-23 de pista cubierta. A representación do noso club estará a cargo de Sofía Fernández na proba de 1500 ml.

 

 

 

 

 

"Campionat de Catalunya Absolut i Sub-23 en Pista Coberta"

A localidade de Sabadell será a sede do "Campionat de Catalunya Absolut i Sub-23 en Pista Coberta", que terá lugar o vindeiro domingo e na que a nosa atleta Elena Llobera competirá na proba de lonxitude.

 

 

 

 

 

"Control Solidario FGA "Axuda a Gustavo Dacal"

A nosa atleta Xiana Lago participará na proba de lanzamento de disco, no "Control Solidario FGA Axuda a Gustavo Dacal", que se desenrolará o vindeiro 22 de xaneiro nas pistas do CGTD de Pontevedra a partir das 10:00 horas.

 

 

 

                                                         

"IV Xornada Circuito Campo a Través Ferrol - Fase Interzonal Ferrol"

A partir das 11:00 da maña do domingo, as instalacións da Malata acollerán a "IV Xornada Circuito Campo a Través Ferrol - Fase Interzonal Ferrol", onde as nosas "balas vermellas" serán as protagonistas.

 

 

 

 

 

 

"Reunión FAM 6"

Na tarde do vindeiro domingo, a pista cuberta de Gallur será a sede da "Reunión FAM 6", na que a atleta Diana Jiménez tomará parte na proba de pértiga. 

 

             

 

 

 

 

 

Expourense volverá a ser o epicentro do atletismo galego

 

 

A pista cuberta de Expourense volverá a ser o epicentro do atletismo galego, ao albergar a partir das 11:00 horas do sábado 21 de xaneiro o Campionato Galego para as categorías absoluto e Sub23.O noso club estará representado pol@s seguintes atletas:

¡Moita sorte a tod@s!

 

Circular FGA 16-2023.Convocatoria de atletas da Selección Galega para o Campionato de España de Federacións de Campo a Través.

Sofía Fernández, bronce no Galego Absoluto de Campo a Través.

O xornal Diario de Ferrol faise eco dos resultados das atletas do noso club no "Campionato Galego Absoluto, Sub23 e Sub20 de Campo a Través Individual", celebrado o pasado domingo na localidade ourensá de Xinzo de Limia.

Ligazón a noticia

Tags:

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS