Marta se reafirma e consigue nova marca persoal

No día de hoxe celebrouse o "Miting Internacional de Catalunya Pista Coberta" en Sabadell, onde Marta Pla Botella deleitounos, unha vez máis, na proba de 800ml reafirmando o bo estado de forma no que se atopa ao parar o crono en 2'10''77, o que supón nova marca persoal. Por outra parte, Irene Bonafonte tivo que abandonar nos 1500ml.

¡Noráboa Marta! 

 

Boa actuación da nosa canteira na festa galega de campo a través

A Pobra do Caramiñal convertiuse na festa galega de campo a través en categorías menores ao celebrar esta mañá o “Campionato Galego de Campo a Través” onde tivemos unha amplia representación dos nosos canteiráns obtendo os seguintes resultados:

Categoría sub10 masculina:

  • Martín Castiñeira de Castro finalizou en 27ª posición cun tempo de 4:06.
  • Daniel Fachal de Castro acabou en 46ª posición cun tempo de 4:26.

Categoría sub12 masculina (1,4km):

  • Hugo Veiguela Tizón conseguiu un 17º posto cun tempo de 5:33.
  • Arsenio Romero López acadou a 77ª posición cun tempo de 6:34.

Categoría sub12 feminina (1,4km):

  • Lara Fernández López rematou a proba en 2ª posición cun tempo de 5:34.
  • Carla Rioseco San José conseguiu o 3º posto cun tempo, tamén, de 5:34.
  • Noa Seoane Rubiños quedou en 5ª posición cun tempo de 5:35.
  • Adriana Sedes Montero finalizou no 19º posto cunha marca de 6:02.
  • Gala Fernández Castro alcanzou a 31ª posición cun rexistro de 6:12.
  • Claudia Garrido Gimeno cruzou a línea de meta en 61ª posición cun tempo de 6:32.
  • Manuela Baeza Rey fixo o mesmo en 94ª posición parando o crono en 7:10.

E, por equipos, a boa actuación de todas elas as levou ata a segunda posición.

Categoría sub14 masculina (1,8km aprox.):

  • Billy Delgado Días acadou a 55ª posición cun tempo de 7:49.
  • Bruno Castro Pereira finalizou no 81º posto cunha marca de 8:33.
  • Brais Troitiño Díaz conseguiu rematar a proba en 84ª posición cun rexistro de 8:57.

Categoría sub14 feminina (1,8km aprox.)

  • Irma Veiguela Tizón conseguiu o 6º posto cun tempo de 6:59.
  • Adriana Castiñeira de Castro quedou en 45ª posición realizando un tempo de 8:07.
  • Olga Sánchez Romar consegui a 65ª posición parando o crono en 8:28.

Categoría sub18 masculina (3,6km aprox.):

  • Ricardo Negrete Barrioluengo alcanzou o 4º posto cun tempo de 12:15.
  • Joel Novoa Gayoso acabou en 17ª posición empregando un tempo de 13:10.
  • Marcos Pérez Calvo alcanzou o 21 posto cun tempo de 13:20.
  • Diego Sánchez Aneiros acabou en 30ª posición cunha marca de 13:37.
  • Sergio Fernández Rafales rematou no 43º posto cun rexistro de 14:13.

Categoría sub18 feminina (3,6km aprox.):

  • Carolina Santos Villalón conseguiu o 2º posto cun tempo de 14:01.
  • Carmen Carrera Veiga quedou en 5ª posición cun tempo de 14:32.

¡Noráboa a tod@s!

Varias medallas autonómicas e mellores marcas persoais acadadas esta fin de semana

Comezamos a crónica desta fin de semana en Santander coa participación de Paula González na proba de 60mv da primeira Xornada do Campionato Absoluto de Inverno onde acadou unha  marca de 8’’85 en semifinais e 8’’70 na final.

En Salamanca celebrouse o “Control RFEA de 200ml” onde participou Talia Mara Perez Dambrauskas facendo un tempo de 24’’52, o que supón un novo recórd asturiano.

Adrián Rivadulla participou no “Control de inverno ao aire libre” celebrado en Pontevedra onde conseguiu unha marca de 2’06’’05 na proba de 800ml. Ademáis, esta misma localidade celebrou o “Campionato Galego de Lanzamentos longos” onde Xiana Lago Andrade conseguiu a medalla de prata en lanzamento de disco (1kg) cun lanzamento de 35m65. Por outra banda, Laura Rico Bouza conseguiu o 5º posto na proba de lanzamento de xavelina (600g) cunha marca de 32m45.