Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Boa actuación da nosa canteira na festa galega de campo a través

A Pobra do Caramiñal convertiuse na festa galega de campo a través en categorías menores ao celebrar esta mañá o “Campionato Galego de Campo a Través” onde tivemos unha amplia representación dos nosos canteiráns obtendo os seguintes resultados:

Categoría sub10 masculina:

  • Martín Castiñeira de Castro finalizou en 27ª posición cun tempo de 4:06.
  • Daniel Fachal de Castro acabou en 46ª posición cun tempo de 4:26.

Categoría sub12 masculina (1,4km):

  • Hugo Veiguela Tizón conseguiu un 17º posto cun tempo de 5:33.
  • Arsenio Romero López acadou a 77ª posición cun tempo de 6:34.

Categoría sub12 feminina (1,4km):

  • Lara Fernández López rematou a proba en 2ª posición cun tempo de 5:34.
  • Carla Rioseco San José conseguiu o 3º posto cun tempo, tamén, de 5:34.
  • Noa Seoane Rubiños quedou en 5ª posición cun tempo de 5:35.
  • Adriana Sedes Montero finalizou no 19º posto cunha marca de 6:02.
  • Gala Fernández Castro alcanzou a 31ª posición cun rexistro de 6:12.
  • Claudia Garrido Gimeno cruzou a línea de meta en 61ª posición cun tempo de 6:32.
  • Manuela Baeza Rey fixo o mesmo en 94ª posición parando o crono en 7:10.

E, por equipos, a boa actuación de todas elas as levou ata a segunda posición.

Categoría sub14 masculina (1,8km aprox.):

  • Billy Delgado Días acadou a 55ª posición cun tempo de 7:49.
  • Bruno Castro Pereira finalizou no 81º posto cunha marca de 8:33.
  • Brais Troitiño Díaz conseguiu rematar a proba en 84ª posición cun rexistro de 8:57.

Categoría sub14 feminina (1,8km aprox.)

  • Irma Veiguela Tizón conseguiu o 6º posto cun tempo de 6:59.
  • Adriana Castiñeira de Castro quedou en 45ª posición realizando un tempo de 8:07.
  • Olga Sánchez Romar consegui a 65ª posición parando o crono en 8:28.

Categoría sub18 masculina (3,6km aprox.):

  • Ricardo Negrete Barrioluengo alcanzou o 4º posto cun tempo de 12:15.
  • Joel Novoa Gayoso acabou en 17ª posición empregando un tempo de 13:10.
  • Marcos Pérez Calvo alcanzou o 21 posto cun tempo de 13:20.
  • Diego Sánchez Aneiros acabou en 30ª posición cunha marca de 13:37.
  • Sergio Fernández Rafales rematou no 43º posto cun rexistro de 14:13.

Categoría sub18 feminina (3,6km aprox.):

  • Carolina Santos Villalón conseguiu o 2º posto cun tempo de 14:01.
  • Carmen Carrera Veiga quedou en 5ª posición cun tempo de 14:32.

¡Noráboa a tod@s!