Noticias Web FGA .- 09/10/2015 . O vindeiro martes publicarase a nova normativa e cuotas das licenzas e seguros, pregamos aos clubes que esperen ata ese día

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
09/10/2015 . O vindeiro martes publicarase a nova normativa e cuotas das licenzas e seguros, pregamos aos clubes que esperen ata ese día

O vindeiro martes publicarase a nova normativa de licenzas e as cuotas dos seguros e licenzas, unha vez aprobadas pola Comisión Delegada na xuntanza prevista para este sábado. Pregamos aos clubes que esperen ata esa data para facer o trámite de renovación de club. 

E a partir do día 19 abrirase a plataforma para o trámite das licenzas de atletas, xuíces e adestradores.

Asemade esta Federación informa que este ano non se implantará a licenza única no atletismo, polo que todo o trámite será semellante á presente tempada.

Importante para os clubes, atletas e adestradores

Este ano imprimiránse as licenzas nunha tarxeta en pvc para atletas con licenza nacional e autonómica, adestradores  e xuíces, polo que será obrigatorio subir unha foto carné do atleta, xuíz e adestradores dixitalizada, para as altas e renovacións.

Noticias Web FGA .- 09/10/2015 . IX Carreira Popular Coruña 10 - Listaxe dorsales asignados

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
IX Carreira Popular Coruña 10 - Listaxe dorsales asignados

Sensacional o nivel de atletas que se reunirán o domingo na proba de Coruña 10 que chega á súa novena edición. Nun circuíto novo nas inmediaciones do Palacio dos Deportes de Riazor e o Paseo Maritimo veremos de novo enfrontarse como en tempadas anteriores a parte dos mellores fondistas galegos, en mulleres destacamos a Solange Pereira campioa de España de 1500 metros, Paula Mayobre gañadora nas últimas probas en ruta que disputou, Yolanda Gutierrez inmersa na preparación do maratón, Leticia Fernández, María Jesús Gestido, Sandra Mosquera e a atleta internacional do New Balance Paula Gonzalez; en homes ao marroquí Addelmounin Harroufi súmanselle  Alejandro Fernández, Carlos Villamor, Manuel Hurtado, Robertas Geralavicius, Hassan Lekhili ou Akka Essaadaoui. Ás 10.30 darase a saída á proba absoluta na Avenida da Habana e posteriormente realizaranse as carreiras dos menores desde a categoría benxamin a xuvenil

LISTAXE DE INSCRITOS EN CORUÑA 10 

Xa pode consultar o número de dorsal asignado pola organización da Carreira Popular de Coruña 10 (Picar aquí)

Páginas

Suscribirse a Front page feed