Noticias Web FGA .- Concentración do Sector de Velocidade da FGA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Concentración do Sector de Velocidade da FGA

A proposta do responsable do sector de velocidade da Federación Galega de Atletismo José Carlos Tuñas, convócase a un total de corenta atletas a tomar parte na Concentración Técnica que acontecerá os vindeiros dias 3,4 e 5 de Novembro en Lugo.

A Concentración na que se desenvolverán distintos adestramentos, contará ca presenza do campión e plusmarquista de España dos 400 m.l. Oscar Husillos, así como a de distintos ponentes especialistas que dende o seu campo e actuación, darán  un enfoque multidisciplinar da  especialidade nas charlas previstas.

Para tomar parte na mesma compre confirmar a presenza ou ausencia antes das 14.00 horas do 28 de Outubro

  

Noticias Web FGA .- Concentración de Saltos F.G.A.

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Concentración de Saltos F.G.A.

A proposta dos responsables de saltos da Federación Galega de Atletismo, Mario González e Santi Ferrer M., convócanse a un total de corenta atletas (e ós seus respectivos adestradores)  para tomar parte nasConcentracións técnicas do sector que se desenvolverán o vindeiro dia 25 de Novembro.

De cara a unha maior operatividade, encadraranse ós atletas en dous grupos por zonas xeográficas, asi unha se desenvolverá na zona norte que terá a sede no Módulo cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo e outra na zona Sur ubicado no Módulo cuberto do Pavillón dos Remedios de Ourense.

A data límite para confirmar a presenza ou ausencia será o vindeiro dia 21 de Novembro antes das 18.00 horas.

  

 

Noticias Web FGA .- 24/10/2017 . Deportistas Galegos de Alto Nivel (DEGAN)

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
24/10/2017 . Deportistas Galegos de Alto Nivel (DEGAN)

Segundo publicado polo D.O.G. na cal se establece a relación de deportistas galegos de Alto Nivel, son 26 o total de atletas galegos que acadan esta categoría no noso deporte.

Para cumplimentar esta solicitud compre entregar nesta federación o ANEXO antes do xoves dia 26 as 20.00 horas

Páginas

Suscribirse a Front page feed