"Pruebas de Control FNA Pista Cubierta"
Módulo Zizur Mayor (Navarra)
Venres 7 de xaneiro de 2022
A nosa atleta Yaiza Sanz Calvo compite mañá día 7 de xaneiro nas probas de lonxitude e 60ml no módulo Zizur Mayor de Navarra.
"III Control Pista Cuberta S.G.Pontevedra - C.A.Sada"
Pista Cuberta de Atletismo, Ourense
Sábado 8 de xaneiro de 2022
O sábado celebrase o "III Control de Pista Cuberta" en Ourense onde estarán dúas das nosas balas vermellas. Nas probas de 60 metros valos e 200 metros lisos contaremos coa presenza de Antía Rodríguez Queimaño e, na proba de peso de 4kg estará Xiana Lago Andrade.
"I Control Autonómico Absoluto y Máster de Carreras"
Salamanca
Sábado 8 de xaneiro de 2022
Na tarde do sábado teremos presenza de tres atletas do noso clube en Salamanca. Por un lado, Inés Celorio e Talía Pérez tomarán a saída na proda de 60 e 200 ml e, por outro lado, Ana Camino Lacarte correrá os 400 ml.
"Control Absolut en Pista Coberta"
Sabadell
Sábado 8 de xaneiro de 2022
En Sabadell contaremos coa presenza de Laura Alonso da Costa na proba dos 400 metros lisos e de Elena Llobera na proba de lonxitude.
"LXXVIII Cross Internacional Juan Muguerza"
Elgoibar
Domingo 9 de xaneiro de 2022
O domigon pola mañá disputaráse o "LXXVIII Cros Internacional Juan Muguerza" en Elgoibar, ata onde se desplazarán 7 atletas do noso clube. Por un lado, as 10:20h correrá na categoría cadete femenino Aroa Amado sobre unha distancia de 2452m. Por outra banda, as 10:50h correrán as atletas xuvenís Carolina Santos e Carmen Carrera unha distancia de 3449m. E, por último, as 11:10h tomarán saída Ricardo Negrete, Joel Novoa, Diego Sánchez e Marcos Pérez sobre unha distancia de 5535m.
"Control Absolut en Pista Coberta"
Sabadell
Domingo 9 de xaneiro de 2022
Na tarde do domingo teremos a presenza nas pistas de Sabadell de Ona Alonso Camps na proba dos 800 metros listos.
¡Moitísima sorte a todos e todas!