Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Catro cidades españolas contarán coa presenza do noso clube este fin de semana

"Campeonato autonómico 200mv absoluto"

"Control autonómico absoluto"

Pista Cuberta Carlos Gil Pérez, Salamanca

Sábado 18 de Decembro de 2021

Mañá sábado día 18 as nosas cores se verán na pista cuberta de Salamanca. Por un lado, teremos a presenza de Paulette Fernández Ngo na proba de 200mv do campeonato autonómico absoluto e, por outro lado, no control autonómico absoluto participarán Talia María Pérez Dambrauskas nos 60mlInés Celorio Sánchez nos 60ml e 200mlPaula González García nos 60ml e 60mv.

Dita competición disputaráse en xornada vespertina e se poderá seguir en STREAMING.

 

"Criterium autonómico PC + Control"

Velódromo Luis Puig, Valencia 

Sábado 18 de Decembro de 2021

Mañá sábado 18 de decembro celebrarase, tamén en xornada vespertina, o "Criterium autonómico PC + Control" na pista cuberta de Valencia onde estará competindo nos 60ml a nosa atleta Celia Muñoz de Morales Castro.

 

"Control Pista Cuberta de Sabadell"

Pista Cuberta de Sabadell (Barcelona)

Sábado 18 de Decembro de 2021

Na xornada matinal de mañá sábado terá lugar o "Control de Pista Cuberta de Sabadell" onde teremos representación do noso clube na proba dos 60ml femeninos da man da nosa atleta Elena Llobera Miro.

 

"Jornada lanzamiento de disco"

Estadio Vallehermoso, Madrid

Sábado 18 de Decembro de 2021

Na xornada matinal de mañá teremos representación do clube na "Jornada lanzamiento de disco" en Madrid gracias á participación da nosa atleta Iris de Castro González na proba de disco 1kg.