"Torneio Dr. Braga dos Anjos"
Altice Forum Braga (Portugal)
Domingo 2 de Xaneiro de 2022
As nosas atletas Carolina Santos e Carmen Carrera iniciaron a nova tempada competindo esta mañá en terras portuguesas na proba de 1500 metros lisos do "Torneio Dr. Braga dos Anjos" realizando unha marca de 4'52''11 e 5'07''73, respectivamente. Bo comezo de ano para as nosas, ¡noraboa!