Circular RFEA Nº: 46/2019 .- Criterios preselección Copa Iberica Go Fit Sub18 ESP POR

Noticias Web FGA .- Unha vintena de atletas ó nacional absoluto de Antequera

Noticias FGA

Unha vintena de atletas ó nacional absoluto de Antequera

Esta fin de semana de novo a pista cuberta de Antequera será o lugar escollido onde se vai a desenvolver o LV Campionato de España de Pista Cuberta á cal acudirán unha vintena de atletas galegos e galegas.
A priori agárdase un campionato interesante e positivo en liñas xerais en canto a resultados para as nosas/os atletas, ainda que sen lugar a dúbidas a ausencia tanto de Belén Toimil como de Saleta Fernández ambas lesioadas, restará claras opcións de medallas.
Importantes e claras bazas
A superioridade que ven mantendo Ana Peleteiro na proba de triplo salto onde este ano saltaría ata os 14.51 m. asemella non estar ó alcance de ningunha rival, situando a de Ribeira nun obxectivo superior que apunta cara os europeos de Glasgow. Xunto ela saltará no mesmo concurso Ruth Ndoumbe quen se presenta ocupando o sexto lugar do ránking nacional con 12.94 m. e ca intención de loitar por estar o máis preto posible das posicións de honra.
Solange Pereira tomará parte na proba dos 1.500 m. logo de establecer a finais do mes pasado a mínima para tomar parte nos europeos de Glasgow con 4:10.39. Sen lugar a dúbidas unha das carreiras do campionato, será a que manteña polo triunfo con Marta Pérez.
Jean Marie Okutu acude a Antequera cunha MMT de 7.66 m. e ca mente posta non só no podio do nacional, se non en saltar ata os 7.95 m. que lle garante unha praza no equipo que viaxará ó europeo. Moita igualdade será a que contemple este ano o concurso de lonxitude na que hai nada menos que catro atletas por diante do de Marín no ránking nacional.
Adrián Ben que iniciaría está tempada de maneira espectacular, participa ca seguridade que lle da saber que é atleta en idade Sub23. O seu rexistro de 3:42.25, que é mínina para Glasgow, vaille permitir loitar ca élite nacional na que de todo se pode agardar do viveirense. Non menos espectacular está a ser a progresión de Paula Iglesias do Riazor Coruña quen cos seus 54.02 do pasado fin de semana no nacional Sub23, pulverizaría a súa MMP en máis dun segundo acadando de paso, o récord galego absoluto que a sitúan na relación de aspirantes a medalla.
Outra das bazas importantes será a de Tariku Novales quen sairá na proba dos 3.000 m. logo de establecer co seu rexistro de 8:03.22 o pasado día 6 de febreiro un novo récord galego Sub23. Malia que ten a nove atletas por riba del no ránking nacional, a súa marca representa a mellor da súa categoría.
Atención ó velocista Mauro Triana que intentará rebaixar os seus 21.48 cos que poder loitar por un posto de finalista nos 200 m. ó igual que Raquel Meaños na proba dos 800 m. que acude a Antequera ca sétima mellor marca das participantes e que na que xa o ano pasado quedaría as portas do podio. Xunto o coruñés correrá no doble hectómetro Sergio Rodríguez disposto a baixar de novo, dos vinte dous segundos.
Na lonxitude Leticia Gil loitará por estar sobre os 6.10 m para aspirar a un bo posto na final sin descartar gratas sorpresas si é quen de saltar os 6.23 do ano pasado. A nova promesa internacional do Atletismo F. Celta  Olaia Guisela Becerril acompañará no mesmo concurso a valdeorresa.
Os valados con cinco participantes, será a proba que conte con máis presenza galega: Uxía Pereira,Alicia Merino, Antía Martínez,Teresa Rodríguez e Miguel Pérez. Pola súa banda a campioa galegaNerea Iglesias do Fontes do Sar tomará parte nas probas de volocidade tanto dos dos 60 m. como dos 200 m.
Por último, prestaremos atención ás combinadas nas que se atopan inscritas as atletas celestesEva Queimaño e Alicia Merino
 

Circular RFEA Nº: 45/2019 .- Cto de España de Clubes de Campo a Través - Linares 2019. Equipos Clasificados e Información Técnica de Interés

Circular RFEA Nº: 44/2019 .- Selección Española encuentro Internacional sub20 en Minsk

Circular RFEA Nº: 43/2019 .- Alquiler de material técnico para el control de las competiciones temporada 2019

Noticias Web FGA .- Creación da Oficina de Traballo da FGA en Mondoñedo

Noticias FGA

Creación da Oficina de Traballo da FGA en Mondoñedo

A Federación Galega de Atletismo e o Concello de Mondoñedo chegaron a un convenio de colaboración para establecer unha Oficina de Traballo da Federación Galega de Atletismo na comarca da Mariña que abrangue 16 concellos do norte da provincia de Lugo.
O Concello de Mondoñedo cede un local social en dependencias municipais á vez que, de mutuo acordo entre ambas as partes, acordase nomear a Raúl Redondo González Ares, responsable técnico da Oficina de Traballo que dependerá da Delegación en Lugo da Federación Galega de Atletismo. Na tarde de onte asinaríase o acordo, estando presentes a Alcaldesa de Mondoñedo Elena Candia, o Tenente Alcalde e responsable de Deportes Manuel Tapia, e o novo responsable técnico da Oficina Raúl Redondo. Por parte da Federación Galega asistiría o seu Presidente Isidoro Hornillos, o Vicepresidente de Relacións Institucionais, Jesús Vázquez e o Delegado da FGA en Lugo, José Peña.
A raíz deste acordo, abriranse varias vías de traballo para desenvolver dun xeito progresivo o tecido atlético na Mariña onde xa no día de onte, manteríanse xuntanzas de traballo en Lourenzá e Burela.
Tras o asinado do convenio, o presidente da Federación Galega manifestaría a súa satisfacción polo acordo “vai contribuír de maneira moi decisiva a dinamizar a zona norte de Lugo con novas competicións e a posibilitar a creación de tecido atlético ca creación de novos clubs”. Entre os obxectivos tamén se inclúe a dinamización da zona sur da provincia lucense.

Circular FGA Nº: 30/2019 .- XXX Campionato de Galicia Máster de Pista Cuberta

Circular FGA Nº: 29/2019 .- XXXII Campionato de Galicia Sub 16 de Pista Cuberta

Noticias Web FGA .- Vendrell e Salamanca deixarían actuacións moi destacadas

Noticias FGA

Vendrell e Salamanca deixarían actuacións moi destacadas

Séguense a producir moi bos resultados para os nosos e as nosas atletas nas distintas citas que se están a desenvolver nas modalidades de ruta, pista cuberta e campo a través.
Excelentes resultados para os/as Máster e para a selección galega masculina Sub20 no Vendrell
Esta fin de semana a Selección Galega Sub16 e Sub20 tomaría parte no Campionato de España de Federacións disputada no Vendrell e na que o máis salientable sería a terceira posición do equipo masculino Sub20 con Roberto Vieiro e Hugo Martínez entrando entre os oito primeiros marchadores. Menos sorte tería o equipo feminino quen ocuparía a sétima posición por comunidades con Iria Rivas como mellor marchadora no sétimo lugar.
No resto de categorías, a Selección Galega Sub16 masculina quedaría as portas do podio ó acadar o cuarto lugar por equipos. Un posto máis abaixo estaría o combinado feminino ca actuación tanto de Brais Manso (10º), como de Sofia Ares (16ª) como atletas máis destacados.
No apartado individual magnífico comportamento tanto de Juan Morales do Marineda como deJosé Fernández do R.C. Celta quenes cumpliron co papel de favoritos acadando as dúas primeiras posicións do Campionato de España na categoría Máster 35. Conchi Campos do A. Cuntis sería outra das protagonistas no Vendrell ó proclamarse subcampioa nacional sobre os 10 km. na categoría Máster 40.
Soberbia Paula Iglesias no nacional Sub23
A pista cuberta de Salamanca “Carlos Gil Pérez”, quen acollería o Campionato de España Sub23 esta fin de semana, presenciaría os resultados de dous dos nosos atletas galegos máis en forma nestes intres.
Tariku Novales quen tomaba parte na proba dos 3.000 m. cumpriría os pronósticos proclamándose con autoridade campión de España cun rexistro de 8:25.15 o que confirma ó de Noia como claro dominador nacional do fondo da súa categoría.
A outra excelente nova viría de mans da coruñesa Paula Iglesias quen na proba dos 400 m. non só sumaría o título de campioa de España, se non que a súa marca de 54.02 pulverizaría en máis dun segundo a súa anterior MMP logrando de igual modo establecer un novo récord galego tanto da súa categoría, como da absoluta que ata ese entón retiña Begoña Garrido dende facía unha década, e que a sitúan ademáis, no terceiro lugar no ránking nacional da proba.
No resto de actuacións salientar os postos de finalistas para os atletas do Lucus CRG Santiago Rozas nos 60 m.v. con 8.88 e Laura Santos nos 3.000 m. con 10:13.03
 

Noticias Web FGA .- Fin de semana moi intenso para os e as Máster

Noticias FGA

Fin de semana moi intenso para os e as Máster

Fin de semana moi intenso o que nos deixaría a celebración dos campionatos de Galicia Máster tanto de campo a través como o de péntatlon de lanzamentos que se deselvolveron respectivamente nos concello de Fene e de Pontevedra durante este domingo.
Arrincando co de lanzamentos, nas pistas do CGTD de Pontevedra disputaríase a cuarta edición do autonómico onde o máis salientable foi a consecución de nada menos que de sete récords galegos. Emilia Mesa sería unha das protagonistas ó acadar tres novos topes galegos na categoría Máster 65 nos concursos de martelo (3 kg.) con 19.34 m. e martelo pesado con 7.21 m. que sumado ó resto de probas, permitíanlle acadar o récord galego no conxunto da proba con 2.668 puntos.
Carlos Almudi do Durango Kirol na Máster 45 , sería o outro protagonista da xornada logo de establecer de igual modo, os récords galegos de martelo (7.260 kg.) con 50.03 m, martelo pesado con 13.57 así como a de péntatlon de lanzamentos con 3.305 puntos.
Manuel Rodríguez do Real Club Celta no concurso de disco (1 kg.) máster 70, sería o terceiro dos atletas en establecer un novo tope galego na súa categoría ó lanzar ata os 31.16 m.
O resto de gañadoras/es serían os seguintes:  Máster 35: José Méndez do Rías Baixas/ Máster 40: Irene Fernández e Santiago Arnoso ambos do A.Narón/ Máster 50: Manuel Núñez de A Silva/ Máster 60: Julio Escolante/ Máster 65: Luis Eyre do USC/ Máster 70: Manuel Rodríguez do R.C.Celta/ Máster 75: José Almudi do ADAS 
Un circuíto e pistas recuperado para o atletismo en Fene
Si todo esto acontecía en Pontevedra, a pouco máis de 145 km., desenvolvíase en Fene a edición trixésimo terceira do seu autonómico de campo a través baixo un fantástico ambiente e escenario para a práctica atlética.
Esta edición serviría para traer de novo a Fene un campionato destas características, pero sobre todo, para recuperar tanto o circuíto como as pistas de atletismo de cinza, cuxo proxecto persoal levaría a cabo o concelleiro de Deportes Xoan Manuel Bastida segundo recoñocía o alcalde do concello Gumersindo Galego. Con esta medida recupérase un importante espazo para o atletismo local.
Xa no apartado de resultados resultarían gañadores en cada unha das súas categorías os seguintes atletas: Máster 35:  Iván Docampo do Run Galicia e Mónica Granero do Verxel Nutrición./ Máster 40:  Juan Gude do LUCUS e Ana María Alonso do Beade/ Máster 45:  Inés Papín do C.A. Sada e José Buján do Noitebra e/ Máster 50: Teresa Castro do Noia e Samuel Veiga do Milladoiro e / Máster 55: Marta Paz do Egovarros e José Suárez do SAR e / Máster 60: Carmen Novo do Egovarros e Javier Toro do Verxel/ Máster 65: Pilar Márquiz do Sada e Xosé L. Otero Cepeda do Universitario de Santiago/ Máster 70: José Sainz do C.A. Sar/ Máster75: Antonio Cabana do Egovarros.
Por clubs os triunfos serían na categoría feminina para o Verxel Nutrición sendo na masculina oArenteiro o gañador na Máster 35/40, o Atletismo Sada na 45/50 e o Egovarros na de maiores de 60.
 

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS