"Resultados I Control Autonómico Absoluto y Máster de Carreras"
Salamanca
Sábado 8 de xaneiro de 2022
Na tarde do sábado celebráse o Control Autonómico Absoluto en Salamanca onde participaron as nosas atletas Talia Pérez e Inés Celorio, que non podían comezar a tempada de mellor maneira.
Por un lado, Inés Celorio conseguiría unha mellor marca persoal nos 60ml ao parar o crono nun tempo de 7.80s. Na proba dos 200ml cruzaría a línea de meta en 25.62s.
Por otro lado, Talia Pérez acadou a mínima para o Cto. de España de PC Absoluto na proba dos 60ml cun rexistro de 7.58s, e na proba dos 200ml acadou unha marca de 24.77s.
"Resultados III Control Pista Cuberta S.G.Pontevedra - C.A.Sada"
Pista Cuberta de Atletismo, Ourense
Sábado 8 de xaneiro de 2022
En Ourense tivemos a participación de Antía Martínuez Queimaño na proba de 60mv cun tempo de 9.68s e na proba dos 200 ml acadaría unha marca de 27.49s. Na proba de lanzamento de peso de 4kg tivemos a presenza de Xiana Lago Andrade que lanzou 11.29m.
"Resultados Control Absolut en Pista Coberta"
Sabadell
Sábado 8 de xaneiro de 2022
En Sabadell competiu a nosa atleta Laura Alonso da Costa na proba dos 400 metros lisos, cruzando a línea de meta nun tempo de 57.33s.
" Resultados LXXVIII Cross Internacional Juan Muguerza"
Elgoibar
Domingo 9 de xaneiro de 2022
O domigon pola mañá disputouse o "LXXVIII Cros Internacional Juan Muguerza" en Elgoibar, ata onde se desplazaron varios atletas do noso clube. Por un lado, na categoría sub16 femenino Aroa Amado cruzou a línea de metaa no posto 22. Por outra banda, na categoría sub18 femenina Carolina Santos quedou no posto 10, mentres que a súa compañeira Carmen Carrera acadaría o posto 20 sobre os 3500m aprox. Na categoría sub 18 masculina tivemos a Ricardo Negrete que finalizou no 17º posto, Joel Novoa no posto 43, Diego Sánchez acabou no posto 46 e Marcos Pérez cruzou a línea de meta no posto 50.
Así mismo, debutou coas nosas cores na categoría absoluta Marina Bagur Olives que rematou a probo no 25º posto.
"Resultados Reunión FAM 3"
Pista Cubierta Gallur (Madrid)
Domingo 9 de xaneiro de 2022
Tamén, o domingo pola mañá disputouse a "Reunión FAM 3" en Gallur, Madrid. Alí competiu a nosa atleta Diana Jiménez Guerrero na proba de pértiga, elevándose ata os 3m y 53cm.
Noraboa por este inicio de tempada. ¡A festa só acaba de comezar!