Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

O inicio de tempada déixanos unha marca persoal e unha mínima nacional

"Resultados I Control Autonómico Absoluto y Máster de Carreras"

Salamanca

Sábado 8 de xaneiro de 2022

Na tarde do sábado celebráse o Control Autonómico Absoluto en Salamanca onde participaron as nosas atletas Talia Pérez e Inés Celorio, que non podían comezar a tempada de mellor maneira. 

Por un lado, Inés Celorio conseguiría unha mellor marca persoal nos 60ml ao parar o crono nun tempo de 7.80s. Na proba dos 200ml cruzaría a línea de meta en 25.62s.

Por otro lado, Talia Pérez acadou a mínima para o Cto. de España de PC Absoluto na proba dos 60ml cun rexistro de 7.58s, e na proba dos 200ml acadou unha marca de 24.77s.

  • Resultados.

 

"Resultados III Control Pista Cuberta S.G.Pontevedra - C.A.Sada"

Pista Cuberta de Atletismo, Ourense

Sábado 8 de xaneiro de 2022

En Ourense tivemos a participación de Antía Martínuez Queimaño  na proba de 60mv cun tempo de 9.68s e na proba dos 200 ml acadaría unha marca de 27.49s. Na proba de lanzamento de peso de 4kg tivemos a presenza de Xiana Lago Andrade que lanzou 11.29m.

  • Resultados.

 

"Resultados Control Absolut en Pista Coberta"

Sabadell

Sábado 8 de xaneiro de 2022

En Sabadell competiu a nosa atleta Laura Alonso da Costa na proba dos 400 metros lisos, cruzando a línea de meta nun tempo de 57.33s.

  • Resultados.

 

" Resultados LXXVIII Cross Internacional Juan Muguerza"

Elgoibar

Domingo 9 de xaneiro de 2022

O domigon pola mañá disputouse o "LXXVIII Cros Internacional Juan Muguerza" en Elgoibar, ata onde se desplazaron varios atletas do noso clube. Por un lado, na categoría sub16 femenino Aroa Amado cruzou a línea de metaa no posto 22Por outra banda, na categoría sub18 femenina Carolina Santos quedou no posto 10, mentres que a súa compañeira Carmen Carrera acadaría o posto 20 sobre os 3500m aproxNa categoría sub 18 masculina tivemos a Ricardo Negrete que finalizou no 17º posto, Joel Novoa no posto 43,  Diego Sánchez acabou no posto 46 e Marcos Pérez cruzou a línea de meta no posto 50.

Así mismo, debutou coas nosas cores na categoría absoluta Marina Bagur Olives que rematou a probo no 25º posto.

 

"Resultados Reunión FAM 3"

Pista Cubierta Gallur (Madrid)

Domingo 9 de xaneiro de 2022

Tamén, o domingo pola mañá disputouse a "Reunión FAM 3" en Gallur, Madrid. Alí competiu a nosa atleta Diana Jiménez Guerrero na proba de pértiga, elevándose ata os 3m y 53cm.

Noraboa por este inicio de tempada. ¡A festa só acaba de comezar!