Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

A localidade gaditana de Jerez de la Frontera alberga este fin de semana a gran cita nacional en categoría sub18

"IX Gran Premio Diputación de Castellón"

"VII Memorial Internacional José Antonio Cansino"

Castellón

Xoves 16 de xuño de 2022

Na tarde de hoxe estase a celebrar en Castellón o "IX Gran Premio Diputación de Castellón" e "VII Memorial Internacional José Antonio Cansino" onde estarán presentes na proba de 800ml as nosas atletas Marta Pla Botella Ona Alonso Camps.

"Campeonato de España sub18 al aire libre"

Jérez de la Frontera

18/19 de xuño de 2022

Esta fin de semana celébrase o "Campeonato de España sub18" na localidade gaditana de Jerez de la Frontera onde estarán presentes Ricardo Negrete Barrioluengo na proba de 1500ml, Alicia Barreiro López en 400ml Carolina Santos Villalón tamén nos 1500ml.

A competición se poderá seguir en directo a través de la plataforma LaLiga.

"6ª - 7ª Xornada Coruña Corre en Pista 2022"

A Coruña

Sábado 18 de xuño de 2022

O sábado disputaráse en A Coruña a 6ª e 7ª Xornada Coruña Corre en Pista onde contaremos cunha amplia representación. 

Na proba de 400ml estará presente Adrián Rivadulla Alonso. En 100mv 200ml correrá Antía Martínez Queimaño, que estará acompañada nos 200ml por María Blanco Méndez. Na proba de 300ml tomarán a saída Noa Grandal Pérez e Aldara Ruiz Martínez. 

Asimesmo, no foso de lonxitude estará competindo Diaou Diallo Chao. En martillo (3kg) competirán Marta Gómez Pico Adriana Suárez López e, por último, Laura Rico Bouza estará presente no lanzamento de xavelina de 600 e 500gr.

"5ª Reunió de velocitat Ciutat de Gavà"

Gavà (Barcelona)

Sábado 18 de xuño de 2022

Na xornada vespertina do sábado terá lugar a "5ª Reunió de Velocitat Ciutat de Gavà" onde na proba de 800ml estará presente Ona Alonso Camps.

"Meeting Braga 2022"

Braga (Portugal)

Sábado 18 de xuño de 2022

O sábado en xornada vespertina a localidade portuguesa de Braga albergará o "Meeting Braga 2022" onde participará a nosa atleta Lia Caride Arufe na proba de 400 metros valos.

"Meeting Internacional Ciudad de Albacete"

Albacete

Sábado 18 de xuño de 2022

Albacete celebrará o seu "Meeting Internacional" na xornada vespertina do sábado onde están inscritas as nosas atletas Celia Muñoz de Morales Castro na proba de 100ml Ona Alonso Camps nos 800ml.

¡Moita sorte a tod@s!