Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Esta fin de semana déixanos un posto de finalista nacional e novas experiencias na mochila para seguir mellorando.

Esta fin de semana celebrouse o “Campeonato de España sub18 de PC” en terras valencianas ata onde se desprazaron catro atletas do noso clube.

Alicia Barreiro gañou a súa serie de semifinais do 400ml cun tempo de 58’’19 conseguindo o pase directo á final, onde quedaría en 6ª posición cun tempo de 58’’14.

Por outro lado, Ricardo Negrete conseguiu o 4º posto da súa serie dos 800ml cun tempo de 1:58.49 que lle dificultou a clasificación para a final de mañá. E, así mesmo, Carolina Santos e Carmen Carreira correron as semifinais dos 1500ml realizando un tempo de 4:55.67 e 5:01.54, respectivamente, sen posibilidad de poder acceder á final de mañá.

Ademáis de isto, Ourense acolleu o “Campionato Xunta de Galicia sub16” onde participaron dúas atletas da canteira.

Por un lado, Aroa Amado participou nos 600ml quedando en 8ª posición da súa serie e parando o crono en 1:56.00 e, por outro, Aldara Ruiz acabou en 4ª posición da súa serie na proba de 300ml cun tempo de 47”82.

Dende Ourense fumos ata Lugo onde disputouse a 5ª xornada do Circuito Deputación de Lugo onde a nosa canteira obtuvo os seguintes resultados.

En categoría sub12 feminina:

  • Noa Seoane fixo unha marca de 9’’16 nos 60ml e 1:33.7 nos 500ml.
  • Alicia Jove parou o crono en 9’’66 nos 60 ml e 1:34.3 nos 500ml.
  • Lara Fernández realizou un rexistro de 9’’81 nos 60ml e 1:36.4 nos 500ml.
  • Pilar Sánchez correu os 60ml en 10’’12.

En categoría sub12 masculina:

  • Hugo Veiguela parou o crono en 9’’91 na proba de 60ml e 1:39.6 nos 500ml.

En categoría sub14 feminina:

  • Irma Veiguela realizou un rexistro de 8’’68 nos 60ml e 1:26.5 nos 500ml.

E, por último, en categoría sub14 masculina:

  • Bruno Castro fixo unha marca de 8’’60 nos 60ml e un salto de 4.28m na proba de lonxitude.

E xa para rematar, como broche final, o domingo celebrouse a “I Carreira da Muller” de Narón onde participaron atletas da nosa canteira obtendo os seguintes resultados.

Por un lado, en categoría sub10 masculina, o 1er foi para Lucas Jiménez, mentres que o seu compañeiro Mario López acabou en 10ª posición. En categoría feminina, Laura Fernández conseguiu subirse ao pódium en 3ª posición, mentres que as súas compañeiras Cayetana Barro e Noelia Cabrero acadaron a 5ª e 7ª posición.

Por outro, en categoría sub12 feminina Lara Fernández e Noa Seoane acadaron a 1ª e 2ª posición respectivamente, mentres que a 3ª posición sería para Alicia Jove e Gala Fernández conseguiu cruzar a línea de meta en 7ª posición.

Así mesmo, en categoría sub14 feminina Marta Cuadrado acadou a 6ª posición.

¡Noráboa a tod@s!