Noticias FGA
Nova sabia para o atletismo galego
Cos últimos coletazos dunha nova tempada a piques de rematar, son moitos e importantes o número de atletas das categorías inferiores que ocupan un posto destacado entre os cinco primeiros no ranking nacional nas categorías Sub14 e Sub16
En concreto son trinta e tres o número de veces que os nosos atletas que foron quen de ocupar un desos meritorios lugares no ranking anual e que cada ano establece as evolucións deste importante sector do atletismo que está chamado no día de mañán a ser a xeración que lidere o noso deporte.
Revisando esas listaxes observamos como os lanzamentos e a marcha siguen a ser nas categorías base a punta de lanza do noso atletismo na que nos atopamos con catorce lanzadores e dez marchadores neses postos importantes. Entre eles, lideran as súas probas Brais Suárez nos 3000 marcha, Erik Seijo en martelo, Antía Sestelo e Daniel Mato en xavelina, así como Erea Bastón primera en peso e segunda en disco.
O sector do fondo, sempre destacado no noso atletismo, está representado por catro atletas nesas categorías con Xela Martínez nos 3.000 m. e Carolina Santos nos obstáculos á cabeza dos mesmos. Para rematar presenza tamén en valos e saltos.