Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 25/08/2016 . Galicia na relación de Comunidades con maior número de fichas deportivas

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
25/08/2016 . Galicia na relación de Comunidades con maior número de fichas deportivas

Segundo Memoria da tempada 2015/2016 do Consejo Superior de Deportes, o atletismo a nivel estatal, con 70.911  fichas é o décimo primeiro deporte en canto a número de licenzas federadas dunha lista que encabezan as actividades de fútbol, baloncesto, caza, golf, montaña-escalada, judo, balonmán, tenis, ciclismo e voleibol respectivamente

Por comunidades e seguindo co número de licenzas, Galicia con 6559 (3826 masculinas e 2733 femininas)  ocupa o cuarto lugar superado por Catalunya con 12.786, e estando case na mesma proporción que  Madrid con 6877 e Andalucía con 6803. No que atinxe as licenzas de clubes repítense as catro primeiras posicións  por Comunidades si ben é Andalucía quen encabeza esta lista.

O dato negativo que a nivel xeral se extrae da Memoria, segue sendo o gran desiquilibrio existente entre a participación feminina con 753.760 licenzas en relación a masculina, cuia cifra casi cuadruplica aquela cantidade con 2.747.997.

 

 Licenzas Federadas                        Licenzas de Clubes
1ª  Catalunya 12786 1ª  Andalucía 178
2ª  Madrid  6877 2ª  Madrid 160
3  Andalucía  6803 3ª  Catalunya 138
4ª  Galicia  6559 4ª  Galicia 118
5ª  Pais Vasco  6185 5ª  C. Valenciana 110
6ª  C.Valenciana  5213 6ª  Aragón  78
7ª  Cas.-La Mancha  4855 7ª  Pais Vasco  76
8ª  Cas. y León  4367 8ª  Cas. y León  72
9ª  Aragón  3608 9ª  Extremadura  66
10ª  Canarias  3186 10ª  Baleares  63
11ª  Murcia  2458 11ª  Murcia  52
12ª  Cantabria  1955 12ª  Canarias  48