O próximo martes 14 de Outubro organizamos en Santiago de Compostela unha conferencia gratuita, dentro do proxecto Deporte e Mente sen Barreiras 2014, no abeiro do programa de Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.
O obxectivo deste encontro é o de dar a coñecer o noso proxecto en Galicia, poñer en valor os beneficios da actividade física e o deporte adaptado en persoas con discapacidade, e ofrecer múltiples ocasións de asociacionismo e sinerxias entre institucións e entidades sociais e deportivas.
Dirixido a toda a poboación interesada: monitores/as e directores/as de ocio e lecer, voluntarios/as, asociacións, clubes deportivos, federacións, líderes xuvenís, entidades sociais e deportivas, educadores/as, psicólogos/as, pedagogos/as, e como non todos as persoas e colectivos de discapacidade.
Os poñentes convidados son:
-
José Francisco Ríos Millán, Xefe do Servizo de Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude.
-
María Acuña Rodriguez, área de lecer de COGAMI.
-
Paulo Fontán, varias veces campión de España de Tiro Olímpico e Presidente da Asociación Amizade.
-
Álvaro Illobre, profesional de Tenis en cadeira de rodas, varias veces campión de España.
-
Rubén Domínguez, experto en psicología y coaching deportivo y RRHH, entrenador profesional de baloncesto.
|