Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias CLUB .- Conferencia: O deporte como medio integrador - Beneficios sociais e mentais

 
CONFERENCIA
                                                   
CONFERENCIA
O DEPORTE COMO MEDIO INTEGRADOR: BENEFICIOS SOCIAIS E MENTAIS

14 OUTUBRO - SANTIAGO DE COMPOSTELA
O próximo martes 14 de Outubro organizamos en Santiago de Compostela unha conferencia gratuita, dentro do proxecto Deporte e Mente sen Barreiras 2014, no abeiro do programa de Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

obxectivo deste encontro é o de dar a coñecer o noso proxecto en Galicia, poñer en valor os beneficios da actividade física e o deporte adaptado en persoas con discapacidade, e ofrecer múltiples ocasións de asociacionismo e sinerxias entre institucións e entidades sociais e deportivas.

Dirixido a toda a poboación interesada: monitores/as e directores/as de ocio e lecer, voluntarios/as, asociacións, clubes deportivos, federacións, líderes xuvenís, entidades sociais e deportivas, educadores/as, psicólogos/as, pedagogos/as, e como non todos as persoas e colectivos de discapacidade.

Os poñentes convidados son:
  • José Francisco Ríos Millán, Xefe do Servizo de Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude.
  • María Acuña Rodriguez, área de lecer de COGAMI.
  • Paulo Fontán, varias veces campión de España de Tiro Olímpico e Presidente da Asociación Amizade.
  • Álvaro Illobre, profesional de Tenis en cadeira de rodas, varias veces campión de España.
  • Rubén Domínguez, experto en psicología y coaching deportivo y RRHH, entrenador profesional de baloncesto.
14 de Outubro



17:00h
Edificio CERSIA
Rúa Alcalde Raimundo López Pol

Santiago de Compostela