Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 28/06/2015 . Campionato de España Promesa e Campionato de España Xuvenil: 11 medallas

 
Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de España Promesa e Campionato de España Xuvenil: 11 medallas

Sensacionais os resultados logrados polos atletas galegos no Campionato de España Xuvenil e Promesa celebrado este fin de semana, se a xornada do sábado nos deixaba as medallas de BelénToimil con Record Gallego Absoluto en peso, Lidia Paradasubcampiona de España con record galego promesa de xavelina e o primeiro posto da xuvenil Laura Meira en xavelina na xornada do domingo chegaron numerosas medallas e bos resultados para a representación galega en Tarragona e Ciudad Real. En canto aos atletas promesas Mauro Triana del Club Coruña Comarca lograba aumentar o seu palmarés a nivel nacional logrando o subcampionato nos 200 cunha marca de 21. 72 prexudicado polo vento en contra,Jenny Fernández del Club Atletismo Celta referenda a súa mellor tempada coa medalla de bronce nos 800 con 2.11.43, Paula Ferreiros de novo a un bo nivel bronce con 56.14. Bos postos dos marchadores con dous cuartos de Francisco Durán del Lucus eTeresa Elena Corbal del Atletismo Femenino Celta e quinto posto do céltico Christian Curopos, Carlos Moro volvía lograr o pase a unha final dun campionato de España nos 400 valos entrando quinto con 53.76 mesmo posto que Angel Menduiña no decathlon con 5849 puntos, Rocío Rodríguez da SGP sería sexta nos 1500 e na mesma final oitavo posto para Eva Cid del Comesaña.
Os atletas xuvenís con ampla participación lograron actuacións destacadas como nos 3000 metros con Tariku Novales del Atletismo Noia e Miguel González del Lucus primeiro e segundo respectivamente, Adrián Ben vencía nos 2000 obstáculos con recorddos Campionatos 5.56.37, carreira valente para Elba Velez de la Atletica Lucense nos 1500 logrando a medalla de prata, Antia Chamosa del Comesaña terceira nos 5000 marcha con 24.25.29, bronce tamén nos 2000 obstáculos para Ana García  (ADAS). Cuarto posto do relevo feminino do Lugo Running con 50.25,  foi cuarta,Miriam Otero quinto cun bo rexistro de 25.58 e sétima tamén nos 200 metros Xiana González con 25.89 e bo resultado no heptatlon deAndrea González con 3653 puntos vencendo na proba de xavelina.

Noticias Web FGA .- 27/06/2015 . Belén Toimil novo record absoluto en peso e Lidia Parada promesa en xavalina e Laura Meira campeona de España xuvenil en xavalina o mais destacado dos Campeonatos Nacionais da fin de semana

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
27/06/2015 . Belén Toimil novo record absoluto en peso e Lidia Parada promesa en xavalina e Laura Meira campeona de España xuvenil en xavalina o mais destacado dos Campeonatos Nacionais da fin de semana

 

 

 

 

 

 

Dous novos records galegos das nosas lanzadores o máis destacado do Campionato de España Promesa que se celebra en Tarragona: Belén Toimil proclamábase Campioa de España en lanzamento de peso con 16.31 batendo o seu propio record galego, pola súa banda Lidia Parada en xavelina con 55.12 conseguía o subcampionato e bater o seu propio record galego que estaba en 54.52. Por outro lado pasan ás finais Carlos Moro del Riazor Coruña en 400 valados con 53.40, Adrián Pérez nos 100 con 11.05, Jenny Fernández del Atletismo Femenino Celta asegurando o seu pase á final dos 800, Paula Ferreiros del Lucus nos 400  pasando con 56.43 e Rocío Rodriguez da SGP e Eva Cid del Comesaña Sporting Club que lograban o pase á final do 1500.
No Campionato de España Xuvenil celebrado nas pistas Juan Carlos I en Ciudad Real na xornada do sábado o mais destacado foi o Campeonato de España para a atleta do Vila de Cangas Laura Meira en xavalina. Destacamos o pase á final dos 200 de Xiana González de la Atlética Lucense con 25.79 e a sua compañeira de equipo Elba Velez nos 1500.

Fotos: Atlética Barbanza e La Voz de Galicia

Veteranos   - Actuaccion Galega

Promesa -  Actuaccion Galega

Xuvenil - Actuaccion Galega

Noticias Web FGA .- 26/06/2015 . Xornada de estudio do seguro de accidentes deportivos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
26/06/2015 . Xornada de estudo do seguro de accidentes deportivos

Organizado por a Union de Federacions Deportivas Galegas e dirixida as Federacions Deportivas Galegas e aos Clubes Galegos, o vindeiro xoves 2 de xullo no Hotel Porta do Camino de Santiago a partir das 15,30 horas se celebrase as Xornada do Estudo do Seguro de Accidentes Deportivos Mais informacion

Noticias Web FGA .- 25/06/2015 . Campeonato de España de Veteranos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Campeonato de España de Veteranos

Esta fin de semana disputarase o Campeonato de España de Veteranos na localidade madrileña de Alcobendas na que participarán mais de un centenar de atletas galegos con grandes posibilidades de subir ó podium nas suas categorias.

Noticias Web FGA .- 24/06/2015 . Iria Forján 5,98 en salto de lonxitude

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Iria Forján 5,98 en salto de lonxitude

No Trofeo Súper Froiz celebrado nas pistas do CGTD de Pontevedra, a atleta da Atlética Barbanza Iria Forján realizou un millor salto de 5.98 a tan só un centímetro do record galego que poseen conxuntamente Ruth Dumbe e Ana Peleteiro dende o ano 2004 e 2015, respectivamente. Iria confirma así o bo estado de forma que leva mostrando o longo de toda a tempada, deixando atrás as lesións.

Noticias Web FGA .- 24/06/2015 . Representación galega no Campeonato de España Juvenil

 
Actualidade do Atletismo Galego
Representación galega no Campeonato de España Juvenil

Amplia participación galega no Campeonato de España Juvenil que se disputará en Ciudad Real os días 27 e 28. As opcións de medallas son moitas destacando os homes do Lucus Adrián Ben na proba dos 2000 obstáculos e Miguel González xunto con Tariku Novales (Atletismo Noia) nos 3000. Nas mulleres as mais destacadas son Paula Iglesias (Riazor) nos 400, Ana García (ADAS) nos obtáculos e a marchadora Antía Chamosa (Comesaña). Completan a representación galega Angel Vargas (SGP) nos 100 e 200, Iván Carnero (Atletismo Tui) nos 100 e 200, Alejandro Botana (Marineda) nos 200, Jorge Sieira (Coruña Comarca) e Yeray Gómez (At. Val Miñor) nos 1500, Pablo Rodríguez (Maristas) nos 400v, Samuel García (At. Barbanza) nos triple, Michael Ansach (Riazor) no martelo e os marchadores Brais Prieto (Dep Estadio Gijón) e Emilio Novás (Comesaña) en homes. Nas mulleres, ademais das citadas, estarán Raquel Arias (Atletismo Femenino Celta) nos 100 e 200, Andrea Pais (SGP) nos 100, Miriam Otero (C.A Narón) e Xiana González (Atlética Lucense) nos 200, Judit García (RIA Ferrol), Noa Rouco (Vila de Cangas) e Inés Oitavén (Riazor) nos 400, Elba Vélez (Atlética Lucense), Claudia Blanco e Lucía Suárez (Atletismo Noia) e Adrian Ferreiro (Ourense) nos 1500, Iria CAusin (Atlética Lucense) e Inés Blanco (Lucus) nos obstáculos, Estela Fernández (Lugo Running) nos 100v, Ana Pajarrón (Riazor) nos 400v, Raquel Peña (Lucus) na pértega, Elvira Okutu (Ría Ferrol)  na lonxitude, María Rodríguez (C.A. NArón) no peso e disco, Laura Meira y Andrea González (C.A. Santiago) na xavalina e Leyre Aramburu (Atlética Lucense) e Carmen Escariz (Bidezabal) na marcha. Participarán tamén no relevo 4x100 o Lugo Running femenino e o Marineda masculino

Noticias Web FGA .- 23/06/2015 . Constituise a Confederación de Unións de Federacións Autonómicas Españolas

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Constituise a Confederación de Unións de Federacións Autonómicas Españolas

As últimas novidades lexislativas e procedementais tocaron profunda e negativamente, as estruturas do deporte desenvolvido no seo das Federacións Deportivas Autonómicas, é dicir, no deporte de base. A licenza única, as relacións laborais de deportistas e monitores nas entidades de base e as reformas fiscais entre outras medidas, provocaron que, dende o pasado ano, as Federacións Deportivas Autonómicas estivesen a reunirse con asiduidade para sopesar esas novidades, e paliar na medida do posible as súas consecuencias.
Un dos acordos alcanzados foi a constitución desta Asociación, co obxecto de lexitimar unha entidade que represente e sexa voceiro das Federacións Deportivas Autonómicas ante a Administración central. É necesario defender o deporte de base cunha única voz, e que estea presente nas futuras reformas que se propoñan.
A Xunta Directiva quedou constituída do seguinte xeito: presidente Alfonso Escribano (Andalucía), vicepresidente Isidoro Hornillos (Galicia), secretario Javier Zurriarain (País Vasco), tesoureiro Gerardo García (Castela e León) e vogal José María López (Murcia). Nos próximos días trazaranse as directrices que marcarán o rumbo da CUFADE nestes primeiros meses.

Hoxe, 22 de xuño de 2015, tivo lugar a constitución da CUFADE, Confederación de Unións de Federacións Autonómicas Españolas. As Unións de Federacións Deportivas de seis Comunidades Autónomas, reuníronse en Madrid, co obxecto de constituír de forma fidedigna a CONFEDERACIÓN DE UNIÓNS DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS ESPAÑOLAS, a CUFADE. Constituíuse ante Notario nas instalacións do Club de Golf El Olivar de la Hinojosa, e ante a Xunta Directiva de UFEDEMA, a Unión de Federacións Deportivas Madrileñas, que exerceron de anfitrión na firma. Estiveron presentes Galicia, País Vasco, Madrid, Murcia, Castela e León e Andalucía. En última instancia non puido comparecer Aragón, se ben, xunto a Valencia, formalizarán a súa integración á maior brevidade posible.

Noticias Web FGA .- 21/06/2015 . Galicia séptima no Campeonato de España Cadete por selecciones autonómicas

 
Actualidade do Atletismo Galego
Galicia séptima no Campeonato de España Cadete por selecciones autonómicas

Boa actuación da selección galega no Campeonato de España Cadete por selecciones autonómicas celebrado en Alcobendas con o séptimo posto para os homes e para as mulleres. A nivel individual salientar o primeiro posto de Santiago Represas nos 100 con 11.42, segunda posición de Pedro Osorio nos 1000 con 2.34.15, o terceiro de Olmo Pruneri no peso con un mellor lanzamento de 13.03 e o record galego da categoria no 4x300 con 2.31.83 cun cuarteto formado por Santiago Represas, Pedro Osorio, Javi Mañana e Javier Toucedo. O anterior estaba con mais de tres segundos dende o ano 2011. Nas mulleres as mais destacadas foron Olaia Becerril na lonxitude segunda con 5.38 e Iria Rivas na marcha con 15.10.98.

 

Noticias Web FGA .- 21/06/2015 . Fantásticos resultados no Meeting Ourense Termal

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Fantásticos resultados no Meeting Ourense Termal

Fantástico o Meeting Ourense Termal con moitas marcas persoais e resultados de gran nivel. O mais destacado da xornada foi o record de 100 por parte do atleta do Coruña Comarca Denis Galán quen millorou nunha centésima o anterior de 10.55; nesa mesma final Javi Cancela (C.A. Narón), Adrián Pérez (Tenerife) e Mauro Triana (Coruña Comarca) pararon o crono en 10.63, 10.64 e 10.65 respectivamente o que mostra o nivel dos atletas galegos na velocidade. Mauro Triana correu tamén os 200 en 21.65. Salientar outros resultados como os 48.58 nos 400 de Kike Prego (Riazor Coruña), 1.55.15 nos 800 de Jorge Puig (SGP), 3.53.79 nos 1500 de Tariku Novales (Atletismo Noia), 20.03 en altura de David Barreira (A.D. Maratón), 4.80 en pértega de Santi Ferrer (SGP), 15.89 en peso de Victor Gallego (SGP) ou 15.89 en triplo de Palomanes (FCB) en homes. Nas mulleres fantásticos rexistros para Jenny Fernández (Atletismo Femenino Celta) nos 400 con 56.07, Leticia Fernández (Ría Ferrol) nos 1500 con 4.18.57, Claudia Rojo nos 400 valados con 1.00.61, Enma Valencia con 14.77 nos 100 valados, con Saleta Fernández (FCB) con 1.73 na altura ou os 14.91 de Belén Toimil (Playas Castellón) no peso.

 

Noticias Web FGA .- 17/06/2015 . Actividade fin de semana: pista e ruta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Actividade fin de semana: pista e ruta

Importante fin de semana de competiciones en pista. A atención estará en Valladolid, Alcobendas, Lugo e Ourense. En Valladolid disputarse o II Campeonato de España Infantil por equipos no que Galicia estará representada por a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, Franciscanos de Lugo e Millaraio en homes e polo Vila de Cangas e o Beade en mulleres. En Alcobendas serán os cadetes os que disputarán o Campeonato de España de Selecciones Autonómicas. Xa en Galicia, os centros de atención estarán no control Arde Lugo e no Ourense Termal Athletics Meeting.  Na ruta, tres son as carreiras incluidas no calendario oficial da FGA: a XII Carreira Nocturna de Celanova, V Carreira Popular Concello de Carballo pertencente o III Circuito de Carreiras Populares da Diputación da Coruña e a III Rompepernas de Magalofes.

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA