Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Noticias Web FGA .- 24/06/2015 . Representación galega no Campeonato de España Juvenil

 
Actualidade do Atletismo Galego
Representación galega no Campeonato de España Juvenil

Amplia participación galega no Campeonato de España Juvenil que se disputará en Ciudad Real os días 27 e 28. As opcións de medallas son moitas destacando os homes do Lucus Adrián Ben na proba dos 2000 obstáculos e Miguel González xunto con Tariku Novales (Atletismo Noia) nos 3000. Nas mulleres as mais destacadas son Paula Iglesias (Riazor) nos 400, Ana García (ADAS) nos obtáculos e a marchadora Antía Chamosa (Comesaña). Completan a representación galega Angel Vargas (SGP) nos 100 e 200, Iván Carnero (Atletismo Tui) nos 100 e 200, Alejandro Botana (Marineda) nos 200, Jorge Sieira (Coruña Comarca) e Yeray Gómez (At. Val Miñor) nos 1500, Pablo Rodríguez (Maristas) nos 400v, Samuel García (At. Barbanza) nos triple, Michael Ansach (Riazor) no martelo e os marchadores Brais Prieto (Dep Estadio Gijón) e Emilio Novás (Comesaña) en homes. Nas mulleres, ademais das citadas, estarán Raquel Arias (Atletismo Femenino Celta) nos 100 e 200, Andrea Pais (SGP) nos 100, Miriam Otero (C.A Narón) e Xiana González (Atlética Lucense) nos 200, Judit García (RIA Ferrol), Noa Rouco (Vila de Cangas) e Inés Oitavén (Riazor) nos 400, Elba Vélez (Atlética Lucense), Claudia Blanco e Lucía Suárez (Atletismo Noia) e Adrian Ferreiro (Ourense) nos 1500, Iria CAusin (Atlética Lucense) e Inés Blanco (Lucus) nos obstáculos, Estela Fernández (Lugo Running) nos 100v, Ana Pajarrón (Riazor) nos 400v, Raquel Peña (Lucus) na pértega, Elvira Okutu (Ría Ferrol)  na lonxitude, María Rodríguez (C.A. NArón) no peso e disco, Laura Meira y Andrea González (C.A. Santiago) na xavalina e Leyre Aramburu (Atlética Lucense) e Carmen Escariz (Bidezabal) na marcha. Participarán tamén no relevo 4x100 o Lugo Running femenino e o Marineda masculino