Noticias Web FGA .- 15/06/2017 . Modificacion de Horario na I Xornada Copa Deputacion de Lugo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
15/06/2017 . Modificacion de Horario na I Xornada Copa Deputacion de Lugo

Debido á cantidade de atletas inscrito no I xornada da Copa Deputacion de Lugo a celebrar o próximo dia 17 , a organización decidiu realizar unha modificación de horario   -  Novo Horario  

Circular FGA .- NÚCLEOS FGA 2015 . RESOLUCIÓN NÚCLEOS 2014-2015

Circulares FGA

Circular FGA .- NÚCLEOS FGA 2015 . RESOLUCIÓN NÚCLEOS 2014-2015

Noticias Web FGA .- Hoxe xoves, presentación oficial do novo Delegado da F.G.A. en Ferrol

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
14/06/2017 . Presentación oficial do novo Delegado da F.G.A. en Ferrol

Hoxe xoves 15 de Xuño, as 19.15 horas no Esadio de Atletismo da Malata, terá lugar a presentación oficial de Paulino Cartelle Rozas, coma novo Delegado da Federación Galega de Atletismo en Ferrol.

Paulino Cartelle (Ares,1961), ten unha ampla experiencia e coñócemento do atletismo. Dende novo practicaría este deporte a nivel federado ocupando o cargo, anos despóis, de Director Técnico da Federación Galega de Ateltismo en Ferrol, cometido que desenvolvería ata o dia de hoxe. Da mesma maneira dende no ano 2010 comezaría a exercer no estamento de xuices na categoría de Territorial. Destaca a súa capacidade organizativa e o seu talante de dialogo e entendemento ó que se lle suma un amplo coñocemento das realidades atléticas da Delagación que vai dirixir.

Sustitúe no cargo a Ricardo Monzón que viña ocupando esta responsabilidade dende os últimos dez anos.

Circular FGA/CGX Nº: 10/2017 .- UNIFORMIDADE XUÍCES DE GALICIA EN COMPETICIÓNS

Circulares FGA

Circular FGA / CGX Nº: 10/2017 .- UNIFORMIDADE XUÍCES DE GALICIA EN COMPETICIÓNS

Circular FGA Nº: 67/2017 .- PLAN DE VIAXE FGA SELECCIONES CIUDAD REAL

Circulares FGA

Circular FGA Nº: 67/2017 .- PLAN DE VIAXE FGA SELECCIONES CIUDAD REAL

Circular FGA Nº: 66/2017 .- PLAN DE VIAXE FGA CAMPIONATO CSD LORCA

Circulares FGA

Circular FGA Nº: 66/2017 .- PLAN DE VIAXE FGA CAMPIONATO CSD LORCA

Noticias Web FGA .- 13/06/2017 . Selección Galega para o Campionato de España de Seleccións Automicas

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
13/06/2017 . Selección Galega para o Campionato de España de Seleccións Automicas

No dia de onte dariase a coñocer por parte da Dirección Técnica da FGA, a proposta dos distintos responsables dos sectores, a relación de atletas que representarán a Galicia no vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se desenvolverá o vindeiro dia 17 e 18 de Xuño en Ciudad Real.

 A ela Galicia acude cun equipo moi compensado onde salienta a reaparición de Mauro Triana nos 100 m.l. e a selección da venezolana Nediam Vargas nos 200 m.l.  Nas probas de marcha  estarán compitindo os internacionáis Daniel e Antía Chamosa asi coma Solange Pereira nos 1500 m.l. No sector de saltos a presencia de Okutu, Palomanes, Leticia Gil, Ana Peleteiro e Saleta Fernández garantizan bos resultados.  De igual modo os lanzamentos serán outro dos puntales da selección na que estarán os internacionáis Casañas,Toimil, e Lidia Parada

Noticias Web FGA .- 13/06/2017 . Definida a Selección Galega Cadete

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
13/06/2017 . Definida a Selección Galega Cadete

A Directora Técnica da Federación Galega de Atletismo, e a proposta dos distintos responsables técnicos dos sectores, faría pública a selección de atletas galegos seleccioados que tomarán parte no vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas da categoría cadete que se desenvolverá na rexión de murciana de Lorca os dias 17 e 18 de xuño.

Para esta compitición serían seleccioados un total de 36 atletas que serán acompañados por catro adestradores

 

Noticias Web FGA .- 12/06/2017 . Jose Manuel Peña, novo Delegado da FGA en Lugo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/06/2017 . Jose Manuel Peña, novo Delegado da FGA en Lugo

 

O Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, nomeou hoxe a José Manuel Peña, novo Delegado en Lugo. Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña no ano 2006 e actual adestrador de atletismo, foi formado atléticamente na canteira do Colexio Franciscanos de Lugo. Ata hoxe, foi presidente do Club Lugo Running, entidade que adestra xunto ao C.P. Maristas de Lugo. Entre os atletas dirixidos por él, destacan David Barreira; o internacional Ivo Maseda; José González; Marcos Cintrón; José María Díaz; Javier García, Estela Fernández….

 

Tamén compaxinará esta nova tarefa federativa coa de ser responsable galego de medio fondo e fondo.

 

Este mércores presentarase oficialmente ante os estamentos do atletismo lucense nas pistas Gregorio Pérez Rivera,  tralo acto da presentación das Xornadas de Pista da Deputación Provincial de Lugo que se inicia ás 18,00 horas.

 

A Federación Galega de Atletismo desexa moita sorte na xestión a José Manuel Peña, ao frente da Delegación de Lugo e tamén agradece os servizos prestados polo anterior delegado federativo. O novo delegado, de 35 anos, asume o cargo con “moita ilusión” e desexos de dinamizar a práctica atlética en toda a provincia, xa que, ao contrario das outras delegacións, a de Lugo compételle toda a xeografia provincial

 

Noticias Web FGA .- 12/06/2017 . Vigo converteuse na gran festa do atletismo base autonómico

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/06/2017 . Vigo converteuse na gran festa do atletismo base autonómico

Esta fin de semana as pistas viguesas de Balaidos deron acollida a unha nova edición correspondente ó Campionato de Galicia para as categorías Benxamín, Alevín e Infantil e na que un importante número de atletas tomarían parte nas mesmas.

Nun gran ambente de compitición e cunha amplísima participación, as probas contarían en moitos casos cun importante nivel deparando a consecución de dous récolrds galegos a cargo do fillo de Frank Casañas e Loly Pedrares, Hugo Casañas da Gimnástica, quen na proba de lanzamento de pelota da categoría benxamín mandaría a mesma ata os 32.40 m. Pola súa banda Alex Sierpes do Trega volvería a millorar o tope autonómico que el mesmo tiña rebaixandoo en preto de sete segundos ata deixalo en  3.14.47 nos 1000 m.l.

 

 

 

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS