Noticias Web FGA .- Xa temos os equipos clasificados para a final da VII Liga ABANCA

Noticias FGA

Xa temos os equipos clasificados para a final da VII Liga ABANCA

Disputouse esta fin de semana a segunda das xornadas clasificatorias para a final da VII Liga ABANCA desenvolta en Ourense e na que tomarían parte os equipos das provincias de Lugo e Ourense.
Nesta xornada marcada pola moita participación, o Club ADAS sería o dominador logo de impoñerse nas categorías Sub10 e Sub12 homes. O Club Atlética Lucense faríase cos triunfos na categoría Sub14 resultando gañador o Ourense Atletismo na Sub12 feminina.
Con estos resultados xa sabemos cales os clubs clasificados para a fase final do vindeiro día 22 en Ourense, abríndose un prazo de reclamación que rematará o martes día 18 as 23:59 horas. Da mesma maneira o prazo para formalizar a inscripción nesta fase final será o vindeiro xoves día 20 as 20:00 horas.

Noticias Web FGA .- Comezan os nomeamentos e as distintas xuntanzas do novo mandato

Noticias FGA

Comezan os nomeamentos e as distintas xuntanzas do novo mandato

Conforme as funcións que corresponden ó Presidente da Federación Galega de Atletismo, derivadas da aplicación do artigo 25:  “Elección de membros da Comisión Delegada” do Regulamento Electoral, nos que se indica que “Un terzo da comisión delegada debe ser designado polo titular da presidencia da federación”, se decidiría que estes membros fosen os seguintes:
  • Club ADAS de O Barco de Valdeorras
  • Club Lugo Running by RL
  • Oscar José Seoane Vázquez
Convocatoria a Asemblea Xeral e Comisión Delegada
Noutra banda e de acordo co que determinan os artigos 18º e 22º dos vixentes Estatutos da Federación Galega de Atletismo, e por orde do presidente, convócase a Asemblea Xeral Ordinaria, correspondente ao ano 2018.
A Asemblea celebrarase no Parador de Santiago – Hostal Reis Católicos de Santiago de Compostela o sábado día 29 de decembro do 2018 ás 16:30 horas en primeira convocatoria e ás 17:00 horas en segunda convocatoria, para tratar os asuntos da orde do día que son os correspondentes ás funcións da Asemblea Xeral Ordinaria establecidas no artigo 18º dos actuais estatutos da FGA.
Convocatoria Xunta Directiva e Comisión Delegada
Seguindo cas distintas xuntanzas, o Presidente da FGA convoca ós membros da Xunta Directiva e Comisión Delegada a unha xuntanza que terá lugar o sábado 22 de decembro as 14:30 horas nas instalacións deportivas da pista cuberta de Ourense co fin de abordar e tratar distintos aspectos de especial importancia.

Noticias Web FGA .- Nova promoción de xuízas e xuíces de Nivel I para o CGX

Noticias FGA

Nova promoción de xuízas e xuíces de Nivel I para o CGX

Un total de 28 novos e novas aspirantes galegos acaban de acceder a categoría de Xuíz Nivel I logo de resultar aptos nas distintas probas selectivas desenvoltas o pasado día 24 de novembro en Ourense ocupando o número un das mesmas Juan José Fonticoba.
Con esta nova promoción, Galicia incorpora ó seu Comité Galego un importante número de efectivos cualificados que permitirá cubrir as importantes probas de rango nacional como é o Campionato de España Máster de pista cuberta que se desenvolverá en Ourense dos días 8 ó 10 de marzo de 2019.

Relación de novos/as xuíces Nivel I

Noticias Web FGA .- A FGA asina un convenio coa Deputación de Lugo

Noticias FGA

A FGA asina un convenio coa Deputación de Lugo

Esta mañá asinouse en Lugo o convenio da subvención nominativa outorgada pola Deputación Provincial á Federación Galega de Atletismo para o desenvolvemento da Copa Deputación en Pista.
Este asinado supón un avance moi positivo de cara a asegurar a oferta competitiva no ano 2019 o que sen lugar a dúbidas beneficiará a todo o atletismo lucense e galego.
O proxecto sería propiciado polo departamento dirixido polo Deputado Provincial de Innovación e Deporte, Pablo Rivera.

Noticias Web FGA .- Jose Ramón Lete volve á Secretaría Xeral para o Deporte

Noticias FGA

Jose Ramón Lete volve á Secretaría Xeral para o Deporte

No día de hoxe transcendeu que Jose Ramón Lete volverá a ocupar o cargo de Secretario Xeral para o Deporte unha vez que sexa este xoves aprobado o seu nomeamento no Consello da Xunta.
Jose Ramón Lete (Donosti,1957) viña de ocupar o cargo de Secretario Xeral para o Deporte no anterior executivo de Mariano Rajoy permanecendo no cargo por espacio de ano e medio. Da súa ampla traxectoria destaca a de Inspector de Servizos da Consellería de Presidencia e Administración Pública, a de Director Xeral da Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas (FIIAPP) e a de Director Xeral para o Deporte da Xunta, cargo que ocuparía durante varias etapas. Do mesmo xeito estaría ó fronte de cargos de responsabilidade na Comunidade de Madrid entre os que destaca o de Subdirector Xeral de Promoción Deportiva e a de Director Xeral de Deportes da citada Comunidade.
No cargo relevará a ex-xavelinista internacional Marta Míguez quen acedería a este posto logo do seu paso polo área de Deportes do Concello de Ourense. Neste curto espazo de tempo a olímpica en Sidney 2000, daríalle tempo a abordar varias medidas e accións entre as que cabe citar o programa Eu son DEGAN. De igual modo impulsaría a Comisión Galega de Control da Violencia así como a adopción de importantes medidas na loita contra a dopaxe.
Dende o atletismo galego, desexanos a maior das sortes posibles a ambos nos seus novos proxectos e cometidos.

Noticias Web FGA .- Primeiros clasificados para a final da VII Liga ABANCA

Noticias FGA

Primeiros clasificados para a final da VII Liga ABANCA

Disputouse esta fin de semana a primera das fases da VII Liga ABANCA de menores nos sectores de A Coruña e Pontevedra ca presencia e participación dun gran número de equipos.
Durante o transcurso dos encontros resultarían vencedores as seguintes formacións que deste xeito acadarían ó aceso directo a fase final:
Categoría Feminina Sub14. A Silva e A. Vila de Cangas
Categoría Feminina Sub12. C.Atletismo Narón e A. Vila de Cangas
Categoría Feminina Sub10. C.A. Sada e A.F. Celta
Categoría Masculina Sub14. Riazor Coruña e A. Vila de Cangas
Categoría Masculina Sub12. Marineda Atlético e Real Club Celta
Categoría Masculina Sub10. C.Atletismo Sada e Pinarium
O seguinte encontro que xuntará ós equipos dos sectores de Ourense e Lugo será na Pista Cuberta de Ourense o vindeiro día 15 de decembro. Logo desta último fase clasificatoria saberemos xa quenes se clasifican de maneira directa e quenes o farán por compartiva de marcas entre todos aqueles equipos que cumplan as normativas

Circular RFEA Nº: 306/2018 .- Criterios de Preselección para el Encuentro Internacional Sub20 en P.C. Bielorusia-España-Azerbaiyan-Estonia-Israel-Letonia-Lituania-Turquia-Ucrania 23-24 de febrero de 2019 en Minsk (BLR)

Noticias Web RFEA .- Playas de Castellón lidera la clasificación de clubes de la temporada 2017/2018. Completan el pódium F.C. Barcelona y A.D. Marathon

Noticias RFEA

 martes, 18 de diciembre de 2018   NOTA DE PRENSA 1509/2018
 

Completan el pódium F.C. Barcelona y A.D. Marathon

Playas de Castellón lidera la clasificación de clubes de la temporada 2017/2018



Por : Ignacio Mansilla

Ya conocemos cuáles son los mejores clubes de España de la pasada temporada 2017/2018 en base a los puntos obtenidos en todos los Campeonatos de España del curso, una clasificación que vuelve a estar liderada por Playas de Castellón por delante de F.C. Barcelona y Agrupación Deportiva Marathon. 



Esta clasificación, elaborada anualmente por la RFEA al final de temporada sumando todos los puntos obtenidos por los clubes en los diferentes Campeonatos de España disputados (aire libre, pista cubierta, campo a través, marcha, ruta, trail running y máster) permite obtener una magnífica radiografía de cuáles son las escuadras que lideran nuestro deporte. 



En esta ocasión, y por undécimo año consecutivo, el Playas de Castellón se sitúa al frente de la tabla con 1.575,5 puntos, imponiéndose con claridad a F.C. Barcelona (877) y A.D. Marathon (546,5), que completan el pódium, mientras que en el top5 también entran Valencia Esports (530) y Alcampo Scorpio 71 (472). 



Adjuntamos a esta información la tabla con la clasificación completa en la que se incluyen un total de 433 clubes. 


 

 

Enlaces relacionados:



 Clasificación Completa CLUBES 2017/2018 - Fialistas en Campeonatos de España

  •  Fichero relacionado 

Circular RFEA Nº: 305/2018 .- Nombramientos Febrero 2019

Circular RFEA Nº: 304/2018 .- Sistema de ayudas, puntos conseguidos por los atletas durante el 2018

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS