Circular FGA Nº: 90/2018 .- VII Liga Galega ABANCA Categorías Menores de Inverno – Fase Final

Circular FGA Nº: 89/2018 .- XV Copa de Galicia de Clubs de Pista Cuberta

Circular FGA Nº: 88/2018 .- Recomendación para a realización de recoñecementos Médicos – Deportivos

Circular FGA Nº: 87/2018 .- XII Campionato de Galicia de Maratón

Noticias Web FGA .- Ourense recibe a Fase Final da Liga ABANCA

Noticias FGA

Ourense recibe a Fase Final da Liga ABANCA

Esta fin de semana acontecerá na Pista Cuberta de Ourense a gran cita anual das categorías de menores que convertirán a instalacións de Expourense nun auténtica marea de atletas, adestradores e familiares que disfrutarán das evolucións dos máis cativos do noso deporte.
Logo dos distintos sectores previos, un total de 48 equipos son os que finalmente accederían a esta Fase Final que se desenvolverá en dobre xornada dando comezo a primera delas as 10:30 h. ca participación dos equipos Sub10 e Sub12,  para ser a partir das 17:00 horas cando sexa o momento dos Sub14.
Durante o transcurso da xornada e sobre as doce do medio día aproximadamente,  haberá unha concentración no centro da instalación de todos os asistentes onde que se agardará un minuto de silenzo baixo o lema ” CORRER E VIVIR SEN MEDO” e na que o atletismo galego súmarase ós actos de denuncia e repulsa contra os asasinatos machistas.
A maiores as citas pedestres de Ribadavia, Lugo, Porto do Son, Vigo e A Rúa, completarán a oferta atlética do fin de semana.
Concentración do Sector de medio fondo e fondo
Noutra orde de cousas un total de 23 atletas xa confirmados, tomarán parte na concentración de Nadal do Sector de medio fondo e fondo que se desenvolverá en Ourense dos días 27 ó 29 deste mes.

PUBLICACIONES FGA .- “Memoria Atlética Anual 2017/2018”

LIBROS

Publicada a “Memoria Atlética Anual 2017/2018”

O departamento de estadística que dirixe Luis Gómez Fiaño, acaba de rematar a “Memoria Atlética Anual 2017/2018”. Este extenso documento amosa todos e cada un dos resultados acadados na tempada pasada polos nosos atletas nas distintas competicións nas que tomaron parte. Da mesma maneira elabora unha información detallada e precisa dos rexistros máis salientables tanto a nivel de clubs como individual,  convertíndose nunha ferramenta imprescindible ca que elaborar os distintos informes, memorias, subvencións e xustificacións da tempada pasada.

Tags:

Noticias Web FGA .- Información 2ª Xornada da XXXV Copa Deputación Ourense

Noticias FGA

Información 2ª Xornada da XXXV Copa Deputación Ourense

O próximo domingo, 23 de decembro, celebrarase na Pista Cuberta de Ourense a 2ª Xornada da XXXV Copa Deputación Ourense de Atletismo. Unha vez rematado o prazo de inscrición achégase a listaxe de atletas aceptados/as no campionato (aceptados/as en  branco, non aceptados/as en amarelo) e o horario final.
A comunicación de baixas realizarase no correo-e ourense@atletismo.gal ata as 20:00 h. do venres, 21 de decembro. Tramitadas as baixas, publicarase unha nova listaxe de admitidos/as.

Noticias Web FGA .- Relación definitiva equipos clasificados Fase Final VII Liga ABANCA

Noticias FGA

Relación definitiva equipos clasificados Fase Final VII Liga ABANCA

Logo de rematar o prazo establecido para as reclamacións, publícase a relación definitiva de equipos clasificados que tomarán parte na Fase Final da VII Liga ABANCA esta sábado na Pista Cuberta de Ourense a partir das 10:30 horas
Na nova relación tan só se produce un cambio na categoría Sub12 masculino, na que entra a Sociedad Gimnástica en detrimento do Franciscanos de Lugo.
Lembramos da mesma maneira o prazo para formalizar a inscrición nesta fase final será o vindeiro xoves día 20 as 20:00 horas.

 

Noticias Web FGA .- Normativa provisional de uso da Pista Cuberta de Ourense

Noticias FGA

Normativa provisional de uso da Pista Cuberta de Ourense

Continúase a traballar nunha normativa que regule os adestramentos na Pista Cuberta de Ourense para as nosas e nosos atletas. Como consecuencia do relevo producido á fronte da Secretaría Xeral para o Deporte, vaise demorar a normativa de uso da instalación, establecéndose o seguinte protocolo de xeito transitorio:
Os Clubs ou persoas físicas federadas que queiran adestrar na pista de atletismo, no horario fixado no regulamento (de luns a venres de 17:00 a 21:30 e sábados e domingos de 10:00 a 14:00),  terán que facer unha solicitude previa á Federación Galega de Atletismo con dous días de antelación ó uso da pista, enviando un correo electrónico a secretaria@atletismo.gal  que comprobará a condición de atleta federado/a.
As solicitudes para os adestramentos en fins de semana terán que ser remitidas con data límite oxoves anterior antes das 20:00 horas ó mesmo correo da FGA.
Débese ter en conta que a instalación non conta con ningún material dispoñible de adestramento nestes intres, estando á espera da xuntanza a manter con Xunta e Expourense para abordar estas e demáis cuestións organizativas.

Noticias Web FGA .- Ángel Fidalgo, novo Delegado en Ourense da FGA

Noticias FGA

Ángel Fidalgo, novo Delegado en Ourense da FGA

Ángel Fidalgo Vázquez,  é por designación do Presidente da FGA, é dende o día de onte, oficialmente o novo Delegado da FGA en Ourense.
Este ourensán nado no ano 1969, viña asumindo a maior parte do peso da Delegación dende a renuncia do seu anterior responsable, sendo o primeiro dos cambios introducidos nas mesmas, polo recentemente presidente electo Isidoro Hornillos.
Figura moi coñecida no mundo do atletismo, Fidalgo estaría vencellado ó noso deporte en varias fecetas que o levaron a asumir a parcela técnica no organigrama do Club Ourense Atletismo Academia Postal compaxinándoas con tarefas de adestrador. A nivel federativo e durante os últimos anos, formou parte de varias comisións e xuntanzas técnicas dando comezo no ano 2005 a súa actividade como xuíz que o levaría no 2007 a acadar o nivel I.
Entre as súas cualidades destaca o seu carácter de diálogo e entendemento, así como o seu amplo coñocemento das necesidades do atletismo en Ourense logo de ocupar o cargo de Secretario da Delegación durante os últimos oito anos.

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS