Circular FGA Nº: 16/2019 .- IV Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos Máster

Circular FGA Nº: 15/2019 .- Criterios de Selección para formar parte da Selección Galega de Atletismo 2018/2019

Noticias Web FGA .- Chamosa e Vieiro, poñen calidade na Marcha galega

Noticias FGA

Chamosa e Vieiro, poñen calidade na Marcha galega

A marchadora internacional Antía Chamosa do A. Valladolid (Sub23) e Roberto Vieiro do C.A. Santiago, (Sub20), proclamaríanse esta fin de semana campións galegos absolutos de Marcha na edición autonómica que se desenvolvería en A Pobra do Caramiñal. Xunto eles, estarían no caixón dos premiados os atletas Máster José Fernández do Celta (Máster 35) e Juán Manuel Morales do Marineda, así como Iria Rivas do Ría Ferrol e Inés Valentín do Ourense Atletismo na categoría feminina.
O día, que a nivel climatolóxico sería propio da estación invernal, contaría cunha destacada presencia de marchadoras e marchadores achegados de todas as delegacións que competirían contra o rigor das inclemencias, amosando as gañas de facer unha boa competición. Esta proba contaba ademáis, co engadido de ser determinante para establecer a selección que representará a Galicia no vindeiro Campionato de España da modalidade que acontecerá no Vendrell.
Continuando cos resultados e dando paso ó resto de categorías Antón Martínez da A. Lucense proclamaríase campión galego Sub16 sobre nos 5 km. cun rexistro de 26:24 sendo a marchadora do Ourense A. Silvia Ramos a dominadora na categoría feminina con 29:12
Na categoría Sub14 Pablo Sánchez da A. Lucense subiría ó mais alto do podiu con 15:50, indo a parar o título feminino á marchadora do ADAS Proinor María Martín con 17:10.
O Vila de Cangas tería en Sabela Castelo a súa protagonista Sub12 sobre a proba dos 2 km. con 10:36 correspondendo a primeira posición na categoría masculina para Alex Sierpes do Trega.
Por último, o triunfo dos máis cativos na Sub10 e sobre 1 km., iría parar a Sheila Varela do Ourense Atletismo con 6:01 e a Tomás Bautista do A. Porriño con 6:02.
No resto de resultados:
Brais Prieto do Durango Kirol con 48:55 na Sub23; Iria Rivas do Ría Ferrol con 52:56 na Sub20; Hugo Martínez da A.Lucense con 50:26 e Nerea Lage do A.Friol con 59:00 na Sub18; Conchi Campos do A. Cuntis con 59:14 na Máster 35; Manuel Polo do A. Narón con 54:35 na Máster 45 e Pedro Abeledo do A. Narón con 1h.00:23 na Máster 50.

Noticias Web FGA .- Ourense vibrou cun fantástico campionato

Noticias FGA

Ourense vibrou cun fantástico campionato

Remataría no día de hoxe a edición número trixésimo cuarta correspondente ó Campionato de Galicia de Pista Cuberta na que os bos rexistros e a emoción estarían presentes ó longo das dúas xornadas desta importante cita autonómica que pecharía con catro novos récords autonómicos (un igualado)
Por sectores e comezando ca velocidade, Javi García imporíase nunha emocionantísima final dos 60 m. a Javi Cancela por tan só unha centésima, marcando o atleta do Lugo RC Ramos Loures 7.00 polos 7.01 do santiagués. Na categoría feminina “explosión” da santiaguesa do Fontes do Sar Sub18Nerea Iglesias quen tomaba parte tanto nos 60 m. como nos 200 m. Nestas distancias non só imporía o seu dominio, que fan dela a líder da velocidade curta galega, si non que ademáis a marca acreditada nos 200 m. de 25.48 representa un novo récord galego Sub18, igualando de igual modo o seu propio tope autonómico dos 60 m.l. con 7.79 acadado a semana pasada nesta mesma instalación o que a convirten na clara protagonista destos campionatos.
O coruñés do Playas de Castellón, Mauro Triana competindo pola rúa exterior, establecería un formidable rexistro de 21.48 sobre os 200 m. que o deixarían as portas do récord galego que él mesmo ten de 21.45, e que o convirten no líder claro do ranking nacional da proba así como un dos serios aspirantes ó título nacional absoluto do vindeiro día 16 e 17 de febreiro en Antequera.
De novo Paula Iglesias do Riazor Coruña protagonizaría unha das sorpresas do campionato ó establecer na proba dos 400 m. un novo récord galego Sub23 cun rexistro de 55.11 que melloran en 24 centésimas o récord que ela mesma tiña dende o ano pasado, e que confirman á atleta coruñesa como unha das grandes especialistas nacionais da especialidade ó situala de segunda no ranking nacional da súa categoría.
Nos homes Sergio Teixeira do Coruña Comarca lograría o seu primeiro título autonómico na distancia dos 400 m. cuns moi interesantes 49.22 (MMP) sendo segundo David Abalde que tamén baixaría da barreira dos “cincuenta” con 49.65.
Os valados tiveron acento lucense como ven sendo habitual nos últimos tempos. Miguel Pérez do Lucus Caixa Rural proclamaríase campión galego con 8.24 (MMT) mellorando os 8.34 que tiña dende fináis de decembro, correspondendo o título feminino para Uxía Pereira da Atlética Lucense que baixaría dos nove segundos con 8.92
Continuando co medio fondo, a mundialista Solange Pereira que viña de competir o día anterior en Valencia acadando a mínina europea para Glasgow na proba dos 1.500 con 4:10.39, non quixo perder a cita autonómica tomando a saída sobre os 800 m. que remataría cun rexistro de 2:06.95, ocupando o segundo lugar a tamén internacional Sub20 Lucía Sicre do Ría Ferrol quen cun excelente crono de 2:15.07 sitúase nos primeiros lugares do ranking nacional na súa categoría. En homes, salientable a actuación do Sub20 Elian Numa López do Coruña Comarca, quen entraría en meta cun importante rexistro de 1:53.25 (MMP) que de igual modo,  colócano nos postos altos do ranking nacional da súa categoría
Na proba raiña do medio fondo, os 1.500 m., Alejo Ares do ADAS Proinor en excelente estado de forma, lograría o triunfo cun rexistro de 3:57.30 polos 4:02.57 dun dos a priori favoritos, Gonzalo Basconcelo. Nas mulleres emoción e calidade de Alice Marie Genevieve do A.F.Celta na procura da súa selección con Francia para tomar parte nos europeos de Glasgow . O seu rexistro de 4:17.45 si ben é mínima, non lle permite a súa presencia. No tocante a actuación das galega, o novo valor emerxente da distancia, a gimnástica Sub18 Paula de la Torre imporíase cun bo rexistro de 4:50.10 ocupando a segunda posición Sandra Mosquera a tres segundos da campioa.
Na carreira de fondo dos 3.000 m. púdose presenciar a veteranía e calidade de Manuel Hurtado,quen “debutaría” ós seus 35 anos nun galego indoor, sumando un título máis no seu palmarés con 8:21.39 e igualando a súa MMP. Nesta mesma distancia o atleta Sub18 El Mehdi El Nabaoui do C.D. San Paio A Estrada deixaría unhas excelentes sensacións, acadando o terceiro lugar no absoluto ó establecer un rexistro de 8:29.24 que o colocan de maneira moi destacada ó fronte do ranking nacional da súa categoría.
Uxía Pérez Bugarín protagonizaría unha interesantísima e emocionante carreira nos 3.000 m. que lle darían a medalla de ouro con 10:03.26 por diante de Laura Santos do Lucus de a tamén lucense Sub14 Xela Martínez quen establecería un formidable rexistro de 10:14.10
Xa nos concursos e comezando cos saltos, a pértega masculina tería un claro dominador enMiguel Cajaraville do R.C. Celta impoñéndose con 4.61 m. a un Santi Ferrer que chegaría ata os 4.51 m. sendo en mulleres Bea Viteri quen cumpliría os pronóticos ó rebasar o listón a 3.61 m. Na altura os protagonistas serían os atletas de combinadas Lucía Seijas da E.A. Lucense e o internacional do Celta Adolfo Sáinz Maza os dominadores  logo de impoñerse con 1.62 m. e 1.91 m. respectivamente.
Un dos principais focos de atención estaría no corredor de lonxitude onde tomaría parte o olímpicoJean Marie Okutu quen chegaría ata os 7.59 m. mellorando a súa MMT de 7.34 m. o que lle permite liderar o ranking nacional absoluto. Neste mesmo concurso, pero na categoría feminina, a Sub20 internacional do A.F. Celta  Olaia Guisela Becerril, marcharía ata os 5.80 m. do seu quinto salto, mellorando en 40 cm. a súa MMT e escalando postos ata o terceiro lugar do ranking nacional da súa categoría.
O concurso de triplo tería de novo a Sub16 Alba Cuns do Atletismo Negreira, a súa principal protagonista xa que ademáis de acadar o título galego absoluto con 11.72 m. lograría un novo récord galego da súa categoría ó mellorar os 11.69 m. que ela mesma tiña dende o pasado 12 de xaneiro e que confirman a esta talentosa saltadora, como unha das “revelacións” da tempada. Nos homes, Anxo Blanco da Gimnástica tería que agardar ata o seu último salto para mellorar por seis centímetros os 14.69 m. do segundo intento de Alberto Elena do Celta, quen non completaría por problemas físicos o seu concurso de triplo.
Para rematar, o lanzamento de peso daría un novo título a Víctor Gallego da Gimnástica, que segue a incrementar a súa lenda que o confirman como o atleta galego con máis títulos autonómicos da historia. Desta vez gañaría con 16.31 m. do seu último lanzamanto. Xa en mulleres, victoria paraRaquel Villa do A.F. Celta quen acreditaría 11.32 m. polos 11.22 m. da xavelinista internacional da Gimnástica Andrea González.

Circular RFEA Nº: 22/2019 .- Examen de Acceso a la Categoría Juez Nivel I - Logroño

Noticias Web FGA .- Trinta anos de marcha nos campionatos de Galicia

Noticias FGA

Trinta anos de marcha nos campionatos de Galicia

Preto de 160 marchadoras e marchadores tomarán a saída o sábado día 19 a partir das 16:45 horas no Campionato de Galicia de Marcha en Ruta que se desenvolverá polas rúas do Concello de A Probra do Caramiñal, e que se disputará conxuntamente co I Trofeo de Barbanza de atletismo en ruta. Con esta edición cúmprense trinta anos de marcha nos campionatos galegos no que ven representando un importante e destacadísimo sector do noso atletismo.
A nivel de inscritos, contarase cá actuación da atleta internacional Antía Chamosa do C.A. Valladolid quen tomará parte na proba dos 10 km. xunto a súa compañeira de equipo Leyre Aramburu. Xunto elas, destacada presenza de Mar Chillón do A.F. Celta, e das dúas marchadoras do Ría Ferrol, Iria Iglesias e Samantha Mulloni.
Na categoría masculina Daniel Chamosa, quen está saindo dunha lesión, parte como cabeza de cartel dunha proba que contará ca presenza do actual campión Jose Fernández do R.C. Celta quen aspira a reter o título. Juan Manuel Morales do Marineda será outro dos atletas importantes que estará na loita polos postos de honra. Xunto eles, Roberto Vieiro do C.A. Santiago e Brais Prieto do Durango Kirol conformarán este pelotón de destacados marchadores.
Esta cita servirá como último test importante de cara a establecer a lista de seleccionados e seleccionadas que representarán a Galicia no Campionato de España do vindeiro día 10 de febreiro no Vendrell.

Noticias Web FGA .- Ourense ultima os preparativos para o seu absoluto

Noticias FGA

Ourense ultima os preparativos para o seu absoluto

Este vindeiro fin de semana a Pista Cuberta de Ourense, vivirá a súa gran festa atlética da tempada en interior ca disputa do Campionato de Galicia Absoluto e Sub 23 que xuntará a un importante número de atletas.
A partir das 10:30 horas do domingo máis de 600 atletas femininos e masculinos tomarán parte nesta edición trixésimo cuarta na procura dun bo rexistro co cal poder satisfacer as distintas aspiracións de cada un deles e delas.
Haberá como é costume nesta cita, moita emoción e igualdade nas probas,  favorecéndose o feito de que este ano se decidira incluir a competición no calendario nacional ca finalidade de favorecer a presenza de atletas importantes.
Por parte destacada galega contaremos ca actuación da mundialista absoluta Solange Pereira nos 800 m. e nos 1.500 m. e que xunto ó olímpico Jean Marie Okutu en lonxitude e a internacional en triplo Ruth Ndoumbe darán cartel a esta importante cita.
Como atletas comunitarios destacados confírmase a presenza do gran valor luso do medio fondo, a atleta Sub20 cuarta sobre os 1.500 m. nos mundiais da súa categoría de Tampere, Mariana Machado quen tomará parte nos dos 800 m. e dos 1.500 m.  compartindo distancias con outra das destacadas, a francesa nas ringleiras do Celta Feminino, Alice Marie Finot.
Xunto elas e eles estarán tamen algúns dos atletas importantes así como os máis emerxentes do noso atletismo entre os que salientamos a Lucía Sicre do Ría Ferrol quen tomará parte nos 800 m.;El Medhi el Naboaui do C.D. San Paio A Estrada quen o fará sobre os 3.000 m.; Eva Queimaño do A.F. Celta no concurso de altura; Mauro Triana do Playas de Castellón sobre os 200 m.; Alejandro Fernández do Ourense At. nos 3.000 m.;  Adolfo Sainz Maza do R.C.Celta sobre  a pértega, altura e 60 valados; Andrea González da S.G. Pontevedra en peso; Olaia Guisela Becerril do A.Femenino Celta en lonxitude e Paula Iglesias do Riazor Coruña nos 400 m. entre outros e outras.

Circular FGA Nº: 14/2019 .- Anexo Circular 99-2018. Horarios e Cadencias do XXXIV Campionato de Galicia Absoluto e Sub 23 de Pista Cuberta

Circular FGA Nº: 13/2019 .- XXXIII Campionato de Galicia Máster de Campo a Través Individual e Clubs

Circular FGA Nº: 12/2019 .- II Copa de Galicia de Clubs Máster en Pista Cuberta

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS