Circular FGA Nº: 24/2019 .- Anexo Circular 9-2019LXXXIV Campionato de Galicia Absoluto, Sub23 e Sub20 de Campo a Través, Individual e por Equipos Masculino. LI Campionato de Galicia Absoluto, Sub23 e Sub20 de Campo a Través, Individual e por Equipos Femen

Circular FGA Nº: 23/2019 .- Anexo Circular 12-2019. Horario e Equipos da II Copa de Galicia Clubs Máster en Pista Cuberta

Circular FGA Nº: 22/2019 .- III Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub 18 e Sub 16. II Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub 20

Circular RFEA Nº: 29/2019 .- Reparto entre Clubes del Remanente del Presupuesto de Clubes 2018

Circular RFEA Nº: 28/2019 .- Criterios de Preselección para el Campeonato del Mundo al Aire Lbre 201i9

Noticias Web FGA .- O futuro e presente do Campo a Través deuse cita en A Rúa

Noticias FGA

O futuro e presente do Campo a Través deuse cita en A Rúa

Excelente xornada a vivida no día de hoxe no Concello de A Rúa na que se presenciaría un bo número de probas correspondentes á disputa de varios campionatos de Galicia de campo a través.
A gran festa do atletismo na que se convertiría a xornada, daría comezo as 10:30 horas ca posta en marcha do Memorial Alejandro Lorenzo, reservada para as categorías base Sub10, Sub12 e Sub14 do noso atletismo.
Importantes e destacadas actuacións da canteira no Memorial Alejandro Lorenzo
Cun ceo moi nubrado na que de maneira intermitente a choiva faría acto de presenza, daríase a saída ás atletas da categoría Sub10. Sobre unha distancia de 800 m. os títulos individuais serían para Carmen Paz do Atletismo Noia e José Hervella do ADAS Proinor. Por equipos sería precisamente o ADAS o gañador na categoría masculina, correspondendo ó Ourense Atletismo o campionato galego na categoría feminina.
Na categoría Sub12 o protagonismo foi para a formación do C.A. Vila de Cangas quen se imporía nas dúas categorías no apartado de clubs acadando ademáis a súa atleta, Sabela Castelo, o título de campioa galega. Nos homes sería un dos favoritos, Alex Sierpes do C.A.Trega quen se fixera co título.
Se o Vila de Cangas dominaba a categoría anterior, sería a Atlética Lucense quen fixo ó propio na última das carreiras Sub14 que pechaba o Memorial. Os lucenses impuxéronse por clubs tanto en homes como en mulleres, sendo ademáis  unha das súas atletas máis talentosas, Xela Martínez, quen se proclamaría campioa galega desta categoría. Nos homes e no terreo individual, a victoria sería para Mohamed Norddine do Franciscanos de Lugo.
Moita competitividade no Galego Sub16 e Sub18
Seguindo ca disputa desta xornada tan propia do campo a través a nivel climático, ás 12.05 h. dábase a saida da proba Sub16 sobre unha distancia de 2.700 m. para as participantes. Nesta carreira Laura Carracedo do C.A.A Estrada resultaría vencedora a nivel individual sendo Pablo Vázquez do Real Club Celta quen ademáis de impoñerse, contribuiría de maneira importante ó triunfo dos celestes por clubs. Nas mulleres, o Ourense Atletismo colleitaría novamente outro título malia susto que nos deixaría (afortunadamente sen importancia) unha das súas máis destacadas atletas, Carolina Santos.
Na Sub18 cumpriríanse os pronósticos con triunfos dos e das favoritos e favoritas, así Carla Guisande do C.A.Beade e o atleta internacional El Mehdi El Nabaoui do C.D.San Paio A Estradaproclamaríanse campións galegos xunto ós equipos da Atlética Lucense en homes e o Atletismo Friol en mulleres
ADAS Proinor estrea o casilleiro do galego de clubs mixto.
Por último na primera edición correspondente ó I Campionato de Galicia por relevos mixto, o trofeo iría parar as vitrinas da formación valdeorresa do ADAS Proinor integrada por  Sandra Mosquera, Iván Roade, Joana Filipa Pereira, e Alejo Ares Prada, quenes estarían acompañadas no podio pola Sociedad Gimnástica e polo Lucus Caixa Rural Galega en segunda e terceira posición respectivamente.
Agradecemento
Ó remate, o alcalde do Concello de A Rúa Luis Fernández, quixo amosar a súa gratitude a FGA pola súa implicación atlética con este Concello nos últimos anos, facéndolle entrega dunha placa ó seu presidente, Isidoro Hornillos.
 

Noticias Web FGA .- Queimaño e Saínz Maza, dominaron o galego de combinadas

Noticias FGA

Queimaño e Saínz Maza, dominaron o galego de combinadas

Baixo un calendario oficial de probas ateigado de grandes citas, desenvolveríase no módulo cuberto de Lugo esta fin de semana o Campionato de Galicia de Probas Combinadas.
Nesta edición os títulos corresponderían ós atletas internacionais do Celta, Eva Queimaño con 3.120 puntos e Adolfo Saínz Maza, con 4.698 p. quenes cumpriron os pronósticos proclamándose campións galegos absolutos.
A celeste tan só cedería no concurso de altura que sería gañado por Lucía Seijas da Atlética Lucense (prata con 2.666 puntos) así como na proba dos 800 m. na que sería superada pola leonesa  Raquel Martínez quen tomaba parte fora de concurso. A medalla de bronce foi para a tamén céltica Sub23 Xela Calvo con 2.377 puntos
A atleta Sub16 do Franciscanos de Lugo Lucía Sánchez del Valle sería outra das destacadas xa que establecería no concurso de Pentathlon unha puntuación de 3.240 puntos o que podería representar (á espera do que determine o CGX) un novo récord galego Sub16.
Nos homes Adolfo Saínz Maza dominaría o concurso de lonxitude con 6.52 m.; peso con 11.54 m. e altura con 1.92 m. sumando un total de 4.698 puntos. O subcampionato de Galicia iría parar ás mans de Alejandro Romero do Atletismo Narón con 4.025 puntos sendo o bronce para o tamén naronésAdrián Carreira con 2.506 puntos
Os campións de Galicia na presente edición foron os seguintes:
  • Campións galegos absolutos:  Eva Queimaño do A.F. Celta con con 3.120 puntos e Adolfo Saínz Maza do R.C. Celta con 4.698 p.
  • Categoría Sub16: Lucía Sánchez del Valle do Franciscanos de Lugo con 3.240 p. e Mateo Aller do C.A. Millaraio con 2.900 p.
  • Categoría Sub18: Andrea Reija do A.F. Celta con 2.991 p. e Yago Boleas da S.Gimnástica con 4.209 p.
  • Categoría Sub20: Eva Queimaño do A.F. Celta con 3.120 p. e Mario Cabaleiro do C.A. Santiago con 3.735 p.
  • Categoría Sub23: Xela Calvo do A.F. Celta con 2.377 p.
  • Categoría Máster masculino: José Domínguez da Atlética A Silva con 3.103 p.; Fernando Míguez do C.A. Sada con 2.280 p. e Javier Viteri do Ourense Atletismo con 2.828 p.
  • Categoría Máster feminino: Cristina Estévez do A.F. Celta con 2.955 p.

Circular FGA Nº: 21/2019 .- XII Campionato de Galicia Sub 10, Sub 12, Sub 14 de Pista Cuberta

Circular FGA Nº: 20/2019 .- LXII Campionato de Galicia Sub 20 e LXII Campionato de Galicia Sub 18 de Pista cuberta (agás 1500 e 3000)

Circular RFEA Nº: 27/2019 .- Curso de Técnico/a Deportivo/a Superior en Atletismo 1º

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS