Noticias Web FGA .- Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos

Noticias FGA

Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos

Un total de vinte lanzadores daranse cita nas pistas do CGTD de Pontevedra o domingo a partir das 09:45 horas, para tomar parte no IV Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos Máster.
Na relación de inscritos que sairán a concursar, cabe salientar a presenza da xavelinista biolímpica en Atlanta 1996,  Sydney 2000 e subcampioa mundial en Gothenburg 95,  Felicea Tilea do Scorpio-71 quen tomará parte na categoría Máster 50. Emilia Mesa do Ourense Atletismo récordman nacional e múltiple medallista internacional na categoría Máster 65, será outra das concursantes destacadas.
De igual modo tamén estarán nas pistas do CGTD Carlos Ferrer e Irene Fernández do Atletismo Narón, Antonio Javier Pereira do Cuntis e Irene Fernández do Narón, todos eles e elas gañadores galegos o ano pasado neste mesmo escenario e campionato.
Lembramos que este autonómico está formado por un total de cinco concursos (martelo, peso, disco, xavelina e martelo pesado) sendo obrigatorio ter polo menos un rexistro de tres probas para aspirar ó título.
 

Noticias Web FGA .- Importante fin de semana para a marcha galega

Noticias FGA

Importante fin de semana para a marcha galega

Un total de 28 marchadores e marchadoras da nosa comunidade acudirán esta fin de semana a localidade catalana do Vendrell para tomar parte en tres importante citas do calendario nacional como son o Campionato Absoluto e Máster individual, e o Campionato de España de Comunidades Autonómas Sub16 e Sub20
Unha selección nova e motivada
O responsable do sector de marcha da F.G.A. Carlos Morales acudirá ó fronte da expedición xunto ó xefe de equipo Francisco Javier Vázquez en voo directo o sábado pola mañán cara Cataluña onde o domingo participarán no nacional de autonomías que dará comezo ás 10:40 horas. Coma sempre as galegas e galegos, acuden a esta cita cuns equipos bastante compensados e na que a nivel xeral agárdase que todos estén entre os seis primeiros a nivel de federacións, destacando a priori, o combinado masculino sub16 que parte con serias aspiracións a estar entre entre os tres primeiros. A nivel individual tanto Roberto Vieiro como Iria Rivas perfílanse como puntas de lanza da selección galega.
Debut nos 50 km.
No que respecta ó Campionato de España individual, debut sobre a máxima distancia da modalidade dos irmáns Antía e Daniel Chamosa, quenes tomarán contacto cos 50 km. María Aboydo Cuntis nos 5 km. e Rita Vázquez do Ourense Atletismo nos 10 km. serán quenes tamén participen de igual modo no individual.
Un campionato de España Máster con claro protagonismo galego
Xa por último no Campionato de España Máster claras opcións de podio para dous dos atletas máis en forma a nivel nacional nestes intres. Juan Manuel Morales do Marineda (campión de España de aire libre o ano pasado), e Jose Fernández do Celta (subcampión nacional en ruta) tomarán parte sobre os 20 km. na categoría maiores de 35 nunha interesantísima proba na que o marchador celeste intentará repetir triunfo sobre o coruñés como xa fixera no galego de ruta de A Pobra.
Por último Conchi Campos do Cuntis na máster 40, será outra das bazas importantes galegas na loita polas medallas na proba feminina dos 10 km. na que tentará mellorar o bronce nacional colleitado o ano pasado.
 

Noticias Web FGA .- Cita Máster de campo a través en Fene

Noticias FGA

Cita Máster de campo a través en Fene

O domingo día 10 de febreiro acontecerá a disputa do XXXIII Campionato de Galicia Máster individual e por equipos de Campo a Través que contará coa participación de máis de 300 atletas en representación de medio cento de clubs.
Esta edición viaxa ata o Concello de Fene quen volve a acoller unha cita autonómica destas características nun escenario de auténtico luxo para o campo a través.
As probas, que se desenvolverán a carón do Instituto de Educación Secundaria de Fene, darán comezo as 10:30 horas ca saída das mulleres sobre unha distancia de 4.900 m. dando paso as 11:15 h. a saída dos Máster masculinos maiores de 45. A última proba será ás 12:00 h. na que tomarán parte os atletas masculinos de 35 a 45 anos nun circuíto de 6.500 m.
Cabe salientar a presenza destacada de importantes atletas na que ademáis de estar en xogo os títulos individuais tamén se decidirán os títulos autonómicos por equipos. Entre os inscritos figuran Carmen Novo, Xavier Díaz e Javier Toro do Verxel Nutrición, Teresa Castro do Atletismo Noia, Ramón Serantes do Marineda, Samuel Veiga do Millaraio, Elisa Paz do Egovarros de Viveiro,José Bouza do Narón,  Xosé Luis Otero do Universitario de Santiago e Antonio Hernández de La Mochila del Deporte, todos eles campións de Galicia nas súas respectivas categorías na edición do ano pasado en Cabanas. A maiores está tamén confirmada a participación de Sole Castro do Comesaña S.C.
Como dato, o participante con máis idade de todos os inscirtos é Antonio Cabana do Egovarros de Viveiro nado no ano 1940.
 

Circular RFEA Nº: 40/2019 .- Examen de Acceso a la Categoría de Juez Nivel I - Valladolid

Circular FGA Nº: 28/2019 .- Anexo Circular 13-2019. Caixóns de Saída e Horarios do XXXIII Campionato de Galicia Máster de Campo a Través Individual e Clubs

Circular RFEA Nº: 39/2019 .- XV Torneo nacional 2019 "Jugando al atletismo"

Circular RFEA Nº: 38/2019 .- Examen de Acceso a la Categoría de Juez Nivel I - Cartagena

Circular RFEA Nº: 37/2019 .- Ctos de España de Invierno 2019 - Delegados Técnicos RFEA

Circular RFEA Nº: 36/2019 .- I Cto de España Inclusivo de Campo a Través por Selecciones Autonómicas

Circular RFEA Nº: 35/2019 .- Reparto de Remanente sobrante del Presupuesto de Clubes 2018. Cantidades definitivas

Páginas

Suscribirse a Ría Ferrol Concepción Arenal RSS