Del. LUGO
CAMPEONATO GALEGO DE CLUBS
Escrito por weblugo
O estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo será escenario este sábado 23 de Abril do Campeonato Galego de Clubs e no cal tomarán parte os 8 mellores clubs da autonomía tanto no apartado masculino como femenino.
![2016 - Cartel - Campionato Galego Clubes 2016 - Cartel - Campionato Galego Clubes](http://www.fgatletismo.es/lugo/wp-content/uploads/2016/04/atletismo_small-520x800.jpg)
Os clubs participantes no apartado masculino serán o R.C. Celta, o C.A. Narón, a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, o ADAS O Barco, O CA Santiago, os coruñeses Riazor e Marineda, e por último o equipo local do Lucus Caixa Rural.
Entre as mulleres, presencia do tamén das locales do Lucus Caixa Rural, máis o Ria Ferrol, o Atletismo Femenino Celta, a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, o ADAS O Barco, o Vila de Cangas, o CA Santiago e tamén o CA Narón.
![LISTAS DE SALIDA LISTAS DE SALIDA](http://www.fgatletismo.es/lugo/wp-content/uploads/2013/06/bonto-en-directo-web1.jpg)
As probas comenzarán a partir das 11 da mañá, disputándose o evento en xornada de maña e tarde, e onde o R.C. Celta na categoría masculina e o Ria Ferrol na categoría femenina, tratarán de revalidar os títulos conqueridos na tempada pasada nas pistas de A Malata en Ferrol. Nesa edición completaron podium o CA Narón e o Lucus Caixa Rural na categoría masculina e o Atletismo Femenino Celta e a SG de Pontevedra na categoría femenina, o lograr o segundo e terceiro posto respectivamente.
O igual, que ocurrira no Campeonato Galego de Clubs que se celebrou na nosa cidade fai dous anos, o evento poderá ser visualizado en directo en streaming, gracias a colaboración da Delegación Lucense de Atletismo ca Fundación TIC da Diputación de Lugo, e tamén gracias a colaboración de Coca-Cola, que participa activamente neste evento.
![boton-en-directo-web-TV-Streaming](http://www.fgatletismo.es/lugo/wp-content/uploads/2014/04/bonto-en-directo-web-TV-Streaming.jpg)