Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Equipos participantes Copa Galega de Clubes de Pista Cuberta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Equipos participantes Copa Galega de Clubes de Pista Cuberta
O vindeiro 18 de Xaneiro celebrarase no Pazo dos Deportes de Riazor  a Copa Galega de Clubes de Pista Cuberta cos seguintes equipos participantes:
Homes: R.C. Atletismo Celta, C.Atletismo Narón. Sociedade Gimnástica de Pontevedra, ADAS, Coruña Comarca (estadillo 10.620p), Lucus Caixa Rural (estadillo 8.671p), Riazor (estadillo 8.521p) e C.Atletismo Santiago (estadillo 7.925p)
Mulleres: Ría Ferrol, Atletismo Femenino Celta, Vila de Cangas, Lucus Caixa Rural, C. Atletismo Narón (estadillo 8426p), ADAS (estadillo 6.478p), Riazor e Sociedade Gimnástica Pontevedra (estadillo 9.255p)

 

Noticias Web FGA .- 29/12/2014 . Comenza a pista cuberta en Coruña

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
29/12/2014 . Comeza a pista cuberta en Coruña
Mañá dia 30 a partir das 20,00 horas, celébrase as primeiras probas da presente tempada en pista cuberta no Pazo dos Deportes da Coruña 
O control esta organizado polo Riazor Coruña e se celebrar as seguintes carreiras: 200, 300,400,500, 600,1000 e 3000 metros.  Horario

 

Noticias Web FGA .- 27/12/2014 . Celebrada a Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA e Asemblea

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
27/12/2014 . Celebrada a Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA e Asemblea

Nesta mañá tivo lugar ás 10:30 horas reunión da Comisión de Clubes, atletas, xuíces, atletas veteráns e adestradores. Os distintos membros da comisión estiveron traballando paraplantear propostas aos membros da Xunta Directiva e Comisión Delegada cuia reunión tivo lúgar ás 12:00 horas e prolongouse ata as 15:32 horas. Nesta última xuntanza aprobáronse os orzamentos, a liquidación definitiva así como o calendario de competicións e outras normativas. Nesta tarde estase a celebrar a Asemblea Xeral cunha afluencia de 26 persoas que representan a distintos clubes, atletas, xuíces e adestradores.

 

Noticias Web FGA .- Oscar Fernández novo director técnico da delegación de Vigo

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Oscar Fernández novo director técnico da delegación de Vigo
Óscar Fernández ven de ser nomeado Director  técnico da Delegación de Vigo. Cunha andaina de 32 anos no mundo do atletismo, aporta grandes coñecementos e experiencia que abranguen diversas facetas. Acadou cinco títulos de campión de España en obstáculos e fondo principalmente, e sumou preseas no cross, e noutras competicións por equipos. Foi adestrador dun grupo de atletas entre os que estaban Gustavo Nieves, Rocío Vicente, Roberto Esperón ou J. Antonio Vallejo, que competiron en campionatos de España.
Colabora activamente en varias publicacións: Atletismo Español(a revista da RFEA), revista Runners, martiperarnau, foroatletismo.com, e Novas da Galiza. Mesmo comentou a Diamond League para Canal +, traballou en retransmisións da TVG e segue de comentarista para Radio Marca. Coma historiador, conta cun traballo inédito sobre as atletas da II República. Na actualidade tamén adestra un grupo de atletas do clube Sociedad Atlética Val Miñor (información e foto delegación de Vigo).
Dende a Federación Galega queremos agradecer o traballo do anterior director técnico Hipólito Sousa

 

Noticias Web FGA .- 14/12/2014 . Votaciones mellores atletas da tempada 2013/2014

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
14/12/2014 . Votacion mellores atletas da tempada 2013/2014
A Federación Galega de Atletismo invita a todolos afeccionado ó Atletismo a participar na elección dos mellores atletas galegos da pasada campaña. Deste xeito iníciase hoxe o proceso de votación mediante a nosa páxina web. Esta votación será un dos criterios -non vinculante- que o Xurado dos premios (integrado por membros do atletismo galego e diversos representantes dos medios informativos galegos) terá en conta para elixir o gañador/a de cada unha das categorías.   [Votación]   [Ver resultados]

 

Noticias Web FGA .- 14/12/2014 . Iván Docampo e María Cabanas, vencedores da Volta a Ría

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
14/12/2014 . Iván Docampo e María Cabanas, vencedores da Volta a Ría
Iván Docampo (SGP) y María Cabanas vencedores do XXIX MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA A RIA que disputouse esta mañá con saida e chegada en Ferrol pasando por Narón, Neda e Fene. O vencedor masculino fixo un tempo de 1.10.17 seguido por Carlos Piñeiro do Club San Miguel de Marín e Manuel Oliver Pérez do Coruña Comarca. En mulleres María Cabanas con 1:28:21 impoñiase a Orsolya Vincze e terceira sería Eusebia Maldonado

 

Noticias Web FGA .- 11/12/2014 . Próximo fin de semana probas destacadas: IV Cross Parque dos Menhires , Memorial Andrés Abanqueiro e Memorial Adolfo Ros-Volta a Ría

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
11/12/2014 . Próximo fin de semana probas destacadas: IV Cross Parque dos Menhires , Memorial Andrés Abanqueiro e Memorial Adolfo Ros- Volta a Ria
A Coruña, Vigo e Ferrol, seran as localidades de onde todos os afeccionados ao noso deporte se poden dar cita esta fin de semana. 

Na Coruña o IV CROSS PARQUE DOUS MENHIRES- organizado polos clubs Riazor Coruña e Marineda Atlético o 13 de Decembro no ámbito da Torre de Hercules, sendo ao mesmo tempo a segunda fase local do deprorte escolar. Regulamento Plano circuíto 

A Agrupacion Viguesa de Atletismo, co patrocinio da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Diputacion Provincial de Pontevedra, Conccelleria de Deportes del Concello de Vigo, "Bocateria Papo ´ s", e Deportes Athletic´c, organiza o "XIV MEMORIAL ANDRÉS ABANQUEIRO - BOCATERÍA PAPO ´ S/ DEPORTES ATHETIC ´ S, que se celebrará o Domingo, 14 de Decembro de 2.014, a partir das 10.30 horas Regulamento 

En Ferrol a partir da 10 da mañá na praza de España de Ferrol, se dara o pistoletazo de saída á xa tradicional proba do MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA A RIA en ruta Regulamento Mas informacion

 

Noticias Web FGA .- 09/12/2014 . Acto de entrega de premiaciones do II Circuito Carreiras Populares Diputacion da Coruña

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
09/12/2014 . Acto de entrega de premiaciones do II Circuito Carreiras Populares Diputacion da Coruña
O proximo xoves dia 11 a partir das 20,00 na Sala Juajo Gallo, na 6º planta do Pazo Provincial. Avda. Alférez Provisional 2 (A Coruña).se procedera á entrega de trofeos da II Edicion del Circuito de Carreiras Populares de la Diputacion Provincial de la Coruña. 
O acto estará presidido polo Vicepresidente 1º da Deputación dá Coruña: Dña. Mariel Padín Fernandez e o Presidente da F. G. Atletismo: D. Isidoro Hornillos Baz 
Nesta edicion o circuíto se desenvolvemento en 18 Concello de la Provincia (Carballo: Ribeira: Ares: Cambre: Mugardos: Ferrol: A Coruña: Santiago: Ames: Negreira: Ou Piñeiro: Ordes: Touro: Cee: Muros: Noia: Valdoviño: Sada) 
Cadro vencedores - Mais informacion

 

Noticias Web FGA .- 09/12/2014 . Convocadas pola Fundación Deportiva Galega as Axudas GALICIARIO

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
09/12/2014 . Convocadas pola Fundación Deportiva Galega as Axudas GALICIARIO
A Fundación Deporte Galego publicou o pasado día 5 de decembro unha noval liña de axudas para os atletas galegos que estén a competir no máis alto nivel deportivo e con vistas ao XXOO. Toda a información destas axudas está disponible no seguinte link  http://deporte.xunta.es/index.php?idMenu=67&int1=2620&idIdioma=2

 

Noticias Web FGA .- Documentación precisa para o cobro dos premios do II Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Documentación precisa para o cobro dos premios do II Circuito de Carreiras da Deputacion da Coruña
En relación á II Edición do Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, ábrese o prazo para a presentación de documentos que rematará o vindeiro dia 12 de Decembro as 12.00 horas. Lémbramos que tales documentos son imprescindibles presentalos para poder ingresar as cuantías económicas en concepto de premios a aboar pola Deputacion da Coruña.          
 Anexo1             Anexo2                 Anexo3

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA