Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 06/05/2015 . Reunión sobre saltos nas categorías menores co director técnico da RFEA

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
06/05/2015 . Reunión sobre saltos nas categorías menores co director técnico da RFEA

Os adestradores e atletas que desexen acudir á reunión técnica sobre o tema Problemática das competicións de saltos atléticos nas categorías menores, con Ramón Cid, director técnico da RFEA, deben facer a inscrición comunicando o seu nome a esta delegación no correo: vigofga@gmail.com 
Esta reunión terá lugar no Ximnasio Saúde Deporte (Rúa Manuel de Castro 7, preto do Estadio de Atletismo de Balaídos) este sábado 9, ás 11:00.

 

Noticias Web FGA .- 06/05/2015 . Campionato de Galicia absoluto, xuvenil, junior, promesa e veteráns de 5 km

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia absoluto, xuvenil, junior, promesa e veteráns de 5km

O vindeiro domingo 10 de Maio celebrarase polas rúas de A Estrada o Campeonato de Galicia absoluto, xuvenil, junior, promesa e veteráns de 5km organizado polo Club Deportivo San Paio e a FGA. O circuito de duas voltas de 2,5km, que transcurre polas principais rúas da localidade pontevedresa, permitirá ver alguns dos fondistas galegos mais destacados como o caso de Manuel Hurtado, Carlos Villamor ou os junior Ero Doce e Ivo Maseda en homes e Carmela Cardama, Leticia Fernández Ou Barca Toba en mulleres, entre outros. Lembramos que tódolos participantes no campionato deberán pasar por cámara de chamadas atá 15 minutos antes da saída da proba e poderán recoller o seu dorsal o mesmo día atá 1h30m antes do comenzo da proba. A carreira femenina saíra às18:30 e as 19:00 a masculina. Con anterioridad disputarase a I Carreira Popular do Salmón con probas para as diferentes categorías.

 

Noticias Web FGA .- 04/05/2015 . Presentación da II Carreira Camiño das Letras

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Presentación da II Carreira Camiño das Letras

Presentouse na Cidade da Cultura (Compostela) a II Carreira Camiño das Letras. Unha vez mais a cultura e o deporte fundense nun evento atlético que transcurre por unha parte do Camiño de Santiago, moi atractivo para tódolos participantes e que se suma ós actos de conmemoración do Día das Letras Galegas. Na presentación estiveron Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Valentín García Gómez, Secretario de Política Lingüística (Xunta de Galicia), o atleta internacional Pedro Nimo del Oro, Jorge Touriño (Xuíz Nacional) e o televisivo Roberto Vilar, actor, presentador e padriño da carreira.

 

Noticias Web FGA .- 04/05/2015 . Amplia participación no Campionato de Galicia de Clubes Junior e Campionato de Galicia de Clubes Cadete

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Amplia participación no Campionato de Galicia de Clubes Junior e Campionato de Galicia de Clubes Cadete

Equipos participantes no Campionato de Galicia de Clubes Junior e Campionato de Galicia de Clubes Cadete a celebrar o vindeiro domingo 17 de maio nas Pistas da Universidade de Elviña, organizado polos clubes Riazor e Marineda:

Junior masculino: Coruña Comarca, Marineda, C.A. Santiago, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Lucus Caixa Rural, Riazor, Maristas de Lugo, R.C. Celta e Comesaña S.C
Junior femenino: C.A. Santiago, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Ourense Atletismo, Lucus Caixa Rural, Riazor, Vila de Cangas, Lugo Running, Atletismo Femenino Celta e Comesaña S.C.
Cadete masculino: Coruña Comarca, Comesaña S.C, Marineda, Millaraio, Franciscanos de Lugo, C.A. Cuntis, Maristas de Lugo, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Vila de Cangas, Ría Ferrol, AVA e C.A.Narón
Cadete femenino: Coruña Comarca, Marineda, Millaraio, C..A. Cuntis, Comesaña S.C., Franciscanos de Lugo, C.A. Narón, Ria Ferrol, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Ourense Atletismo, Lucus Caixa Rural, Riazor, AVA e Vila de Cangas

 

Noticias Web FGA .- 04/05/2015 .- Lolo Penas e Esther Navarrete vencedores na XII Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Lolo Penas e Esther Navarrete vencedores na XII Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino

Celebrouse una nova edición da Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino, segunda das probas do III Circuito de Carreiras Populares da Diputación da Coruña. O recentemente campeón galego de maratón Lolo Penas (New Balance) venceu por escaso marxen a Hassan Lekhili (Ourenrunning). Completou o podium o portugués Nuno Costa. Nas mulleres, victoria para Esther Navarrete (Atletismo Femenino Celta) seguida de Raquel Suárez (Ría Ferrol) e Carmen Penas (Universidade de Santiago).

 

Noticias Web FGA .- 03/05/2015 . Claudia Rojo record galego no heptalón junior do Campeonato de España de Federaciones de Probas Combinadas

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Claudia Rojo record galego no heptalón junior do Campeonato de España de Federaciones de Probas Combinadas

Fantástico o comportamento dos atletas galegos no XXVIII Campionato de España de federaciones de Probas combinadas con Dario Costas na primeira posición no decatlón junior con 6367 puntos mentres que Claudia Rojo volvía a millorar o record galego da disciplina na categoria junior con 4690 puntos. Completaron a actuación Santi Ferrer moi regular en tódalas probas o que lle permitiu acadar unha puntuación final de 6.102 e Sandra Carballo con 4.079 no heptalón.

 

Noticias Web FGA .- 03/05/2015 . II Circuito Ferrolán en Pista, IX Serie Municipal de Vigo e XI Trofeo Vila de Cangas

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
II Circuito Ferrolán en Pista, IX Serie Municipal de Vigo e XI Trofeo Vila de Cangas

Ferrol, Vigo e Cangas foron os escearios de tres xornadas de atletismo en pista con gran participación especialmente nas categorías de menores. No II circuito Ferrolán en pista salientar os rexistros das locais do Ría Lidia Casal nos 100 con 12.54, Candela Díaz nos 200 con 26.10 e Judith García nos 400 con 59.87. Na IV Xornada da Serie Municipal de Vigo o rexistro mais destacado foi o da cadete do Atletismo Cuntis Claudia Torres nos 100 con 12.54 mentres que no XI Trofeo Vila de Cangas as millores marcas por puntuación foron a de Miguel Cajaraville (R.C.Celta) con 4.61 en pértega e Solange Pereira (Valencia Terra i Mar) nos 800 con 2.07.25, proba na que Jenny Fernández (Atletismo Femenino Celta) marcou 2.11.44

 

Noticias Web FGA .- 03/05/2015 . Ramón Cid impartirá unha conferencia o vindeiro 8 de maio en Vigo

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
03/05/2015 . Ramón Cid impartirá unha conferencia o vindeiro 8 de maio en Vigo
O vindeiro venres 8 de maio o Director Técnico da Real Federación Española de Atletismo Ramón Cid impartirá unha conferencia na Casa do Deporte de Vigo (Xunta de Galicia), situada na rúa Luis Ksado 17, a partir das 20,00 horas. A disertación do seleccionador nacional será sobre "O presente e futuro do atletismo español". A entrada será libre e, despois desta, os asistentes poderán participar nun debate. Ao día seguinte o técnico español tamén participará nunha reunión cos adestradores galegos do sector de saltos.

 

Noticias Web FGA .- 02/05/2015 . Paula Mayobre e Hassan Lekhili, vencedores en Frades

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
02/05/2015 . Paula Mayobre e Hassan Lekhili, vencedores en Frades

Na tarde do sábado 1 de maio celebrouse a segunda edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Frades, que forma parte do II Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial da Coruña. Resultando vencedores na categoría feminina Paula Mayobre cun tempo de 31:12, mentres que na categoría masculina o vencedor foi Hassan Lekhili con tempo de 26:56.  Resultados

 

Noticias Web FGA .- 30/04/2015 . XXVIII Campeonato de España de Federaciones Autonómicas de Probas Combinadas

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
XXVIII Campeonato de España de Federaciones Autonómicas de Probas Combinadas

A atención da fin de semana centrarase en Cartagena donde se celebrará o XXVIII Campeonato de España de Federaciones Autonómicas de Probas Combinadas con Santi Ferrer, Dario Costas, Sandra Carballo e Claudia Rojo como representantes da selección galega.

Xa en Galicia XIII Xornada Circuito Ferrolán en Pista, a IV Xornada Serie Municipal en Vigo e o XI Trofeo Vila de Cangas permitirán ver a algúns dos principais atletas galegos competindo nas primeiras probas de pista ó aire lib

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA