Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 13/05/2015 . Participación no Campionato de Galicia benxamín, alevín e infantil por equipos

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Participación no Campionato de Galicia benxamin, alevin e infantil por equipos

Boa participación no Campionato de Galicia benxamin, alevin e infantil por equipos que se celebrará o vindeiro 23 nas pistas de atletismo de Ribeira:

Benxamin masculino: Ría Ferrol, Vila de Cangas, Atl. Barbanza, Lucus Caixa Rural, Club Atletismo Sada, Millaraio, Atletismo Carballo, Sociedad Gimnástica Pontevedra, Atl. A Silva, SAn Narciso, C.A. Narón, Fontes do Sar, SAmertolameu, Franciscanos e Ourense Atletismo
Benxamin femenino: Ría Ferrol, Vila de Cangas, Atl. Barbanza, Lucus Caixa Rural, Club Atletismo Sada, Millaraio, Atletismo Carballo, Agrupación Viguesa de Atletismo, Sociedad Gimnástica Pontevedra, San Narciso, C.A. Narón, Samertolameu e Ourense Atletismo
Alevin masculino: Ría Ferrol, Vila de Cangas, Lucus Caixa Rural, Club Atletismo Sada, Millaraio, Atletismo Carballo, Agrupación Viguesa de Atletismo, Sociedad Gimnástica Pontevedra, Atl. A Silva, Atletismo Porriño, Marineda, AT. A Estrada, San Narciso, C.A. Narón, Fontes do Sar, Samertolameu, Franciscanos e Ourense Atletismo
Alevin femenino: Ría Ferrol, Vila de Cangas, Atl. Barbanza, Lucus Caixa Rural, Club Atletismo Sada, Millaraio, At. Morrazo, Atletismo Carballo, Agrupación Viguesa de Atletismo, Sociedad Gimnástica Pontevedra, Atl. A Silva, A. Mazí, Marineda, At. A Estrada, San Narciso, C.A. Narón, Samertolameu, Franciscanos, Olímpico Vedra e Ourense Atletismo
Infantil masculino: Ría Ferrol, Vila de Cangas, Lucus Caixa Rural, Club Atletismo Sada, Millaraio, Universidad de Santiago, Sociedad Gimnástica Pontevedra, C.A.Narón, Fontes do Sar, Franciscanos e Marineda
Infantil femenino: Ría Ferrol, Vila de Cangas, Atl. Barbanza, Lucus Caixa Rural, Club Atletismo Sada, Millaraio, At. Morrazo, Beade, Atletismo Carballo, Agrupación Viguesa de Atletismo, Sociedad Gimnástica Pontevedra, Atl. A Silva, A. Mazí, Atletismo Friol, C.A.Narón, Franciscanos, Olímpico de Vedra e Marineda

 

Noticias Web FGA .- 13/05/2015 . Asinouse o convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e a FGA

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Asinouse o convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e a FGA

Esta mañá asinouse no Reitorado de Vigo o convenio de colaboración entre a Federación Galega Atletismo e a Universidade de Vigo, representado polo seu Reitor, Prof.Dr. Salustiano Mato de la Iglesia. Entre as clausulas incluídas asegúrase o uso das pistas de atletismo dos campus de Ourense e Vigo por parte dos atletas federados e a cesión do material de competición da propia Universidade á organización de campionatos. A FGA, entre outras, facilitará a realización de prácticas curriculares dos estudantes de Grao nos diferentes núcleos atléticos; nomeará un técnico que dirixa o programa do Fomento do Atletismo na Universida de Vigo; aplicará descontos nos cursos de técnicos aos estudantes universitarios e a exención do canon ás competicións oficiais. Así mesmo recoñecerá a Universidade de Vigo como entidade colaboradora da FGA. O presidente da FGA Isidoro Hornillos agradeze o Reitor e o Prof.Dr. Miguel Ángel Castaño, Director da Área de Extensión Universitaria, o seu importante apoio ao atletismo galego.

 

Noticias Web FGA .- 13/05/2015 . Campionatos de Galicia Junior e Cadete de Clubs

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
13/05/2015 . Campionatos de Galicia Junior e cadete de Clubs

Unha vez finalizado o prazo de inscripción e debido ao volume dos equipos participantes de modificou o horario e axustado as probas de marcha. A rúas serán por sorteo 
A competición comezará ás 10,15 horas do domingo nas as instalacións da Universidade da Coruña   

Novo Horario    Atletas inscritos Junior - Cadete

 

Noticias Web FGA .- 12/05/2015 . I Curso de iniciación ao running e técnica de carreira

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
12/05/2015 . I Curso de iniciaciónn ao running e técnica de carreira

A Fundación USC organiza un Curso de Iniciación ao Running e Técnica de Carreira. Os interesados poden acadar máis información no enlace. Click Aquí

 

Noticias Web FGA .- 12/05/2015 . Novas sedes Campionatos Galegos: Ribeira, Pontevedra e Monterrei

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
12/05/2015 . Novas sedes Campionatos Galegos: Ribeira, Pontevedra e Monterrei
Tralas últimas xestións feitas a Federación Galega de Ateltismo informa das sedes asignadas para os campionatos que estaban sen sede.
 - 23 de maio. Campionato de Galicia benx. alev. e infantil por equipos. Ribeira.
- 30 de maio. Campionato de Galicia cadete pista aire libre  e Campionato de Galicia de probas combinadas. Pontevedra. 
- 18 de xullo. Campionato de Galicia Absoluto pista aire libre. Pistas de Monterrei Ourense.

 

Noticias Web FGA .- 11/05/2015 . Manuel Hurtado e Carmela Cardama campións de Galicia de 5 k en ruta

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Manuel Hurtado e Carmela Cardama campións de Galicia de 5k en ruta
O atleta do New Balance Manuel Hurtado e Carmela Cardama, do Comesaña proclamaronse campións de Galicia de 5 kilómetros en ruta onte no Concello de A Estrada nun campeonato organizado polo club local San Paio e a FGA. A proba masculina estivo mais disputada xa que o primeiro en cruzar a liña de meta foi Hassam Lekhili. Completaron o podium Victor Riobo (C.A. SAntiago) e Nicolás Arrojo (Lucus) en homes e Leticia Fernández (Ría Ferrol) e Sandra Mosquera (Comesaña. Salientar a presenza da olímpica Estela Estevez no sexto posto.

 

Noticias Web FGA .- 09/05/2015 .- Primeira Xornada do Campeonato de España de Clubes

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Primeira Xornada do Campeontato de España de Clubes

Finalizou a primeira xornada de División de Honra na que, nun dificílismo encontro, a SGP e o R.C. Celta non puderon evitar a terceira e cuarta posición en Balaídos. As duas victorias de atletas galegos viñeron da man dos lanzadores Isaac Vicente, nas filas do A.D. Maratón, no martelo con 66.93 e Victor Gallego, SGP, no peso con 16.36. Nas mulleres, o Ría Ferrol foi segundo en Valladolid con victorias de Claudia Rojo nos 400 valados con un tempo de 1.02.62 e Lidia Parada na xavalina con 53.76. Disputouse, tamén, o encontro de primeira división na que o C.A. Narón foi terceiro con doblete de Mauro Triana nos 100 (10.82) e 200 (21.83) e Anxo Blanco na lonxitude (6.89) e triple (14.28). Samuel Paz nos 400 valados con 55.90 e Martin Liste no disco con 41.87 foron tamén primeiros nas suas probas. Victoria tamén de Solange Pereira nos 1500 co seu club o Valencia Terra i Mar.

 

Noticias Web FGA .- 08/05/2015 .- Campionatos de Galicia de menores por equipos e Cadete individual

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
08/05/2015 . Campionatos de Galicia de menores por equipos e Cadete individual

Riveira será a localidade onde se celebren os Campionatos de Galicia de menores por equipos e o cadete individual 
As datas para a súa celebración son: 23 de Maio para o Galego de menores e o 30 de Maio para o cadete individual

 

Noticias Web FGA .- 06/05/2015 . Cambio de Horario no Trofeo Marineda Atlético - Trofeo Lolo Penas

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
06/05/2015 . Cambio de Horario no Trofeo Marineda Atletico - Trofeo Lolo Penas

Debido á gran cantidade de atletas inscritos nas diferente probas, a organización vese obrigada a modificar o horario e algunhas regras do regulamento do Trofeo Marineda Atletico - Trofeo Lolo Penas - que se celebra o próximo venres dia 8 nas pista da Universidade da Coruña

Novo Horario

 

Noticias Web FGA .- 06/05/2015 . Presentacions dos 10 Km de Carballo e o Campionato Autonómico de 5 Km., na Estrada

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
06/05/2015 . Presentacions dos 10 Km de Carballo e o Campionato Autonomico de 5 Km., na Estrada

Dous importantes acontecementos atlético, fixeron a presentación no dia de hoxe. 
Esta mañá presentouse a V Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo, na sede do concello. Á parte do alcalde do municipio, Evencio Ferrero e do concelleiro de deportes, Marcos Trigo, o presidente da FGA tivo a satisfacción de compartir o acto con Esther Pedrosa e Carlos Adán Arias, dous excepcionais fondistas galegos que seguen activos nas súas categorías de veteranos e que son un exemplo para moitas xeracións de atletas. 

Hoxe pola tarde realizouse na Estrada a presentación do Campionato de Galicia de 5 Km en ruta, a celebrar neste Concello pontevedrés o próximo fin de semana. Participaron tamén no acto o alcade do municipio José López Campos, o presidente do Club Deportivo Sampaio Ramiro Cillero, o seu vicepresidente Gonzalo Blanco e Adrian Picallo, vogal da entidade. 
A FGA quere expresar se gratitude ao concello e ao club por asumir a organización deste campionato autonómico xunto á Delegación da FGA en Pontevedra.

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA