Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 17/06/2015 . III Circuito Municipal Coruña Corre en pista - Memorial Ana Dominguez Almao

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
17/06/2015 . III Circuíto Municipal Coruña Corre en pista - Memorial Ana Dominguez Almao

Manaña dia 18 a partir das 17,25 horas, celébrase a V Xornada do III Circuíto Coruña Corre en Pista conjuntamente co Memorial Ana Dominguez Almao, á sempre recordada atleta do Riazor Coruña 
Unha vez pechada a inscripción, a organización fai un pequeno reaxuste do horario publicado con anterioridad. 

Listados de saída -  Novo Horario 

 

Noticias Web FGA .- 16/06/2015 . Ourense acollerá un excelente Meeting Atletismo Ourense Termal

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
16/06/2015 . Ourense acollerá un excelente Meeting Atletismo Ourense Termal

O vindeiro 20 de xuño terá lugar un espectacular Meeting de Atletismo nas pistas do Campus de Ourense da Universidade de Vigo en Ourense. A proba está incluida no calendario nacional da RFEA e contará cun completo programa de probas que inclúe a participación de categorías inferiores e tamén de todas as categorías. Haberá premios en metálico para as mellores marcas e tamén para os vencedores absolutos. O prazo de inscrición está aberto ata o 17 de xuño.   Regulamento/Horario

Máis información na web do evento  www.ourensemeeting.es

 

Noticias Web FGA .- 16/06/2015 . Campionato de Galicia de Veteranos: Doce novas mellores marcas

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
16/06/2015 . Campionato de Galicia de Veteranos: Doce novas mellores marcas

O pasado domingo dia 14 no Estadio Calabagueiros do Barco de Valdeorras, déronse cita o noso veteranos para a disputa o Campionato de Galicia da categoría. 
A xornada transcorreu cun bo ambiente atlético e un total de 12 mellores marcas foron batidas nas diversas categorías que compoñen a categoría de veteranos o que demostra o bo nivel dos nosos atletas. 
As mellores marcas foron logradas polos seguinte atletas: 
ALTURA W40 1,4 RAQUEL LAMEIRO SANCHEZ 
LONXITUDE W40 4,9 RAQUEL LAMEIRO SANCHEZ 
TRIPLA W40 10,56 RAQUEL LAMEIRO SANCHEZ 
MARTILLO W55 26,16 ANA Mª ABUIN PAZOS 
200 M 60 28.37 FERNANDO GONZALEZ CASTRO 
XABALINA W60 18,88 EMILIA MESA SORIANO 
LONXITUDE M65 3,73 SALVADOR PATIÑO DA TORRE 
100 W65 16.54 FLORA J. GUZMAN DAVILA 
200 W65 34.94 FLORA J. GUZMAN DAVILA 
400 W65 1.25.76 FLORA J. GUZMAN DAVILA 
80V 0,686 W65 14.09 Mª JESUS SANGUOS ESPIÑA 
300 V 0,686 W65 54.35 Mª JESUS SANGUOS ESPIÑA 

 

Noticias Web FGA .- 14/06/2015 . Adrián Ben novo record galego xuvenil nos 800 con 1.52.88

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Adrián Ben novo record galego xuvenil nos 800 con 1.52.88

Finalizado o Campeonato de Clubes 2015, Ría Ferrol en mulleres e Sociedade Gimnástica en mulleres continúan na vindeira tempada en División de Honra. O R.C. Celta volverá à primeira división despois de non poder evitar a última plaza no encontro pola permanencia celebrada en Burgos. Os celestes estarán acompañados unha tempada mais por o C.A. Narón na primeira división. Nas mulleres estarán o Atletismo Femenino Celta e o Lucus Caixa Rural quen venceu o seu encontro en Soria, donde participou tamén a SGP e o Vila de Cangas. O mais destacado dos encontros foi o novo record de Adrían Ben nos 800 con un rexistro de 1.52.88, o anterior era do ano 1991. Salientar tamén resultados como os 55.99 de Candela Díaz (Ría Ferrol) nos 400, Jean Marie Okutu (FBC) con un millor salto de 7.90, Alfonso Palomanes no triple con 16.12, os 5.63 e os 7.20 de Tania Valverde (Atletismo Femenino Celta) e David Ferrer  (SGP) na lonxitude ou os 22.28 de Dario Costas (SGP) nos 200 entre outros.

 

Noticias Web FGA .- 14/06/2015 .- Campionato de Galicia Benxamín, Alevín e Infantil

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia Benxamin, Alevin e Infantil

Fantástica xornada a vivida nas Pistas da Malata de Ferrol coa celebración do Campionato de Galicia benxamin, alevin e infantil. Salientar o bo ambiente e a gran participación nunha xornada na que os mais pequenos do atletismo foron os verdadeiros protagonistas. A atleta alevin do Ría Ferrol Laura Rico superou o record da categoria en pelota. Outras probas destacadas foron as de altura e triple infantil con bos rexistros e as probas de velocidade nas que as pequenas diferencias entre os primeiros clasificados tiveron que decidirse por escaso marxe.

 

Noticias Web FGA .- 13/06/2015 . Concentración de relevos cadete

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Concentración de relevos cadete

O responsable de velocidade José Carlos tuñas, convocou para unha sesión de adestramento conxunto ós atletas que formarán parte dos relevos 4x100 e 4x300 no Campionato de España Cadete por federacións que se celebrará o vindeiro fin de semana en Alcobendas. A xornada realizada nas pistas da Universidade de Santiago permitiu ver o bo ambiente e a capacidade de traballo de tódolos participantes.

 

Noticias Web FGA .- 11/06/2015 . AVANCE REPESCADOS CTO. DE GALICIA DE MENORES

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
11/06/2015 . AVANCE REPESCADOS CTO. DE GALICIA DE MENORES

Unha vez non comunican  as baixas por parte dos Clubs Publicamos un segundo (14,30 horas) avance dos atletas aceptados e respescados para o Campionato de Galicia de menores que se celebra o sábado dia 13 

Recordamos que as baixas serán admitidas ata as 20,00 horas

Avance admitidos

 

Noticias Web FGA .- 11/06/2015 . Campeonato de España de Clubes

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Campeonato de España de Clubes

Ultima xornada do Campeonato de Clubs con gran participación dos clubes e atletas galegos. En Zaragoza na final polo título estarán as mulleres do Ría Ferrol e outros atletas destacados cos seus respectivos equipos como Solange Pereira, Jean Marie Okutu, Alfonso Palomanes, Isaac Vicente, Manuel Uriz ou Fran Casañas, entre outros. Os homes da Sociedade Gimnástica de Pontevedra e o R.C. Celta loitarán pola permanencia. Na primeira división serán o Atletismo Femenino Celta e os homes do C.A. Narón quen loitarán polo título. Xa en Soria será o turno para os equipos de segunda división con Lucus Caixa Rural, Sociedade Gimnástica e Vila de Cangas en mulleres e Lucus Caixa Rural en homes.

 

Noticias Web FGA .- 11/06/2015 . Pruebas en ruta do fin de semana: Silleda, Ferrol e Vigo

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
Pruebas en ruta do fin de semana: Silleda, Ferrol e Vigo

Intenso fin de semana de carreira en ruta con Silleda, Ferrol e Vigo como escearios das probas incluidas no calendario da FGA. O sábado día 13 disputarase a I Carreira popular Abanca -Semana Verde de Galicia con premios económicos. O prazo de inscricción ampliase ata às 15 horas do venres. O domingo será a II Carreira Solidaria Asfedro de Ferrol  organizada polo Club Castro de Lobadiz e a 1ª Travesia de Vigo. Carreira Popular a Favor da Asociación Contra o Cáncer.

 

Noticias Web FGA .- 10/06/2015 . Campionato de Galicia de menores Aire Libre

 
 
Actualidade do Atletismo Galego
10/06/2015 . Campionato de Galicia de menores Aire libre

Unha vez rematado o prazo de inscricións para o Campionato Galego das categoría Benxamin,Alevin e Infantil que se dispua o próximo sábado dia 13 nas pistas da Malata de Fettol. Faise publica a lista de inscritos aceptados para Ferrol. 
Recordamos que están aceptados as 16 mellores marca dos atletas inscritos 
As baixas téñense que notificar antes das 20.00 horas do xoves ao correo electrónico: cofcluis@hotmail.com ; aqueles atletas inscritos en máis de dúas probas e que non renuncien antes desa data serán descualificados. 
Cadencias: 
- Altura benxamín: 0.80-0.85-0.90-0.95-1.00-1.05 (3/3) 
- Altura alevin: 0.95-1.00-1.05-1.10-1.15 (3/3) 
- Altura infantil: 1.05-1.10-1.15-1.20-1.25 (3/3) 
- Pertiga: a altura máis baixa e de 10/10 ata 2.20 (5/5) 

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA