Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 05/07/2015 . O atletismo galego acada 10 medallas no Campeonato de España Junior

 
Actualidade do Atletismo Galego
O atletismo galego acada 10 medallas no Campeonato de España Junior

Excelentes resultados dos nosos atletas na segunda  xornada do Campionato de España Júnior, ásmedallas logradas o sábado por Mar Chillón e Martin Liste, sumáronse outras 8 medallas. Nos 800 dous atletas galegos proclamáronse Campións de España Angela González del Comesaña e José González

do Lugo Running, Angela lograba marca persoal cuns sensacionais 2.08.48 mentres que José González vencía con 1.53.66 nunha proba na que lograron entrar na final José María Diaz que foi cuarto e Ero Doce que foi oitavo. Saleta Fernández sumaba un título máis á súa traxectoria vencendo en altura con 1.73. En Decathlon Dario Costas empezou o sábado con bos rexistros en 100, salto de altura e 400 na xornada do domingo continuo competindo a un nivel alto pelexando polo ouro ata a última proba os 1500 que lle darían finalmente o título de Campión de España, Carmela Cardama del Comesaña unha vez máis lograba a medalla de ouro nunha sensacional carreira de 3000 metros con 9.44.52. 
Medalla de prata para Claudia Rojo del Ria Ferrol en 400 valos con 1.01.35 e subcampionato tamén en martelo para o atleta da Sociedade Ximnástica de Pontevedra Sergio Paredes con 60.34, Eugenia Gil del Marineda Atlético estreábase nun podio nacional con marca persoal e novo record galego júnior 56.25 que lle permitiu colgarse a medalla de bronce. Destacada a actuación tamén do cuarteto do Riazor masculino no 4x100 batendo o record da categoria con 43.07 (o anterior en posesión da SGP dende 2015), de Laura Chapela con marca persoal 25.59 sendo quinta na final, cuarto posto en peso con 15.16 para Pablo Castro del Vila de Cangas ao igual que Jorge Puig da SGP nos 1500 nunha carreira táctica na que Ivo Maseda do Lugo Running foi oitavo e Adrián Lago del Comesaña noveno, sétimo en 110 valos Iago Nuñez del Lucus correndo en semifinais en 14.99 e na final en 15.16 e oitavo posto de Daniel Chamosa del Comesaña nos 10000 marcha con 46.18.65

 Fotos: Facebook Gonzalo Méndez

Noticias Web FGA .- 05/07/2015 . Vencedores Carreiras en ruta da fin de semana

 
Actualidade do Atletismo Galego
Vencedores Carreiras en ruta da fin de semana

Ponteceso, Gondomar, Curtis, Oleiros e Cambados escearios de carreiras en ruta da fin de semana. Abdelkader Bouguerroudj (Atletismo Sada) e Priscila Suárez (Trinity Triatlón) venceron na II Carreira Pedestre PR-G de Ponteceso. Akka Essaadaoui (3&RunbyPedronimo) e Esther Navarrete (Atletismo Femenino Celta) foron os primeiros en cruzar a liña de meta no 15ª Memorial Manuel Barros celebrado en Gondomar mentres que na II Carreira Popular de Curtis venceron Fernando Díez (Coruña Comarca) e María Tarrio (Noitebra). Na xornada do domingo venceron José Antonio Recouso (Coruña Comarca) e Inés Papín (Atletismo Sada) na II Carreira Solidaria Parque de Oleiros mentres que na VII Carreira Popular Concello de Cambados os mais rápidos foron Alejandro Fernández (3&RunbyPedroNimo) e Leticia Fernández (Ría Ferrol)

Noticias Web FGA .- 04/07/2015 . Representación galega no Campeonato de España Junior

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Representación galega no Campeonato de España Junior

Amplia representación galega no Campeonato de España Junior que se celebrará en Valladolid o vindeiro fin de semana. Salientar alguns dos atletas con mais proxección do atletismo nacional como Carmela Cardama (Comesaña) nos 3000, Uxía Pérez (Playas de Castellón) inscrita nos 1500 e 3000, Angela González (Comesaña) nos 800, Claudia Rojo (Ría Ferrol) nos 400valados, Saleta Fernández (FCB), Patricia Carballo (Coruña Comarca) nos 100 e Iria Forján (Atlética Barbanza) na lonxitude como as mulleres con mais opcións de subir o podium. En homes Martin Liste (Atlética A Silva) en disco, Dario Costas (SGP) no decatlón, Daniel Chamosa (Comesaña) na marcha, Adrián Lago (Comesaña),Jorge Puig (SGP) e Ivo Maseda (Lugo Running) nos 1500 ou Anxo Blanco (Coruña Comarca) no triple e lonxitude parecen a priori os homes con mais opcións de subir o podium. Completan a participación femenina Laura Chapela (Atletismo Femenino Celta) nos 200, Eugenia Gil (Marineda) nos 400 nun gran estado de forma, Laura Méndez (Val Miñor) nos 1500, Iria López (Coruña Comarca) nos 100valados, Sara Pino (Lucus) na altura, Raquel Villa (Vila de Cangas) no peso, Andrea Novoa (Atletismo Femenino Celta) no heptalón e as marchadoras Mar Chillón (Vila de Cangas), Esmeralda Corredoira (Vila de Cangas), Carmen Fuentes (Comesaña) e Débora Pato. En homes os velocistas do Riazor Javier García e Fran Rodríguez nos 100, Nacho Rivas (C.A. Santiago) no 100 e 200, Jon Alfonso no 100 (SGP), Alfonso Pérez (SGP) nos 400, Miguel Otero (R.C. Celta), José González, José María Díaz os dous do Lugo Running, Ero Doce (Ría Ferrol) e Fernando Vales (C.A. Santiago) nos 800, Iván Manso (Lugo Running) nos 3000 obstáculos, Vicente Suárez (Comesaña) nos 5000, Brais Parga (Lucus) e Xosé Manuel Fernández (R.C. Celta) nos 400v, Iago Nuñez (Lucus) nos100v, Fernando Rábade (R. C. Celta) na lonxitude, Sergio Paredes (ADAS) no martelo, Iago Pazos (C. A. Narón) e Francisco Michinel (Coruña Comarca) na xavalina, Pablo Castro (Vila de Cangas) no disco e Marcos Cintrón (Lugo Running) na marcha completan a participación masculina.

Actuaccion Galega 1ª Xornada

Noticias Web FGA .- 03/07/2015 . Reunión do Presidente da FGA co Alcalde de Santiago, Martiño Nogueira

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Reunión do Presidente da FGA co Alcalde de Santiago, Martiño Nogueira

Reunión onte do Presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro Hornillos e  Ivan Pablo Sanmartin, delegado da FGA en Santiago co alcalde da cidade, Martiño Nogueira e a Conselleira de Xuventude, Deporte e Benestar Animal, Noa Morales, a fin de tratar temas relevantes do atletismo santiagués, tales como a situación das pistas de atletismo e o Circuíto Corresan, entre outras cuestións importantes para a evolución e desenvolvemento do atletismo en Santiago.

Noticias Web FGA .- 01/07/2015 . Nova xornada control de lanzamentos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/07/2015 . Nova xornada control de lanzamentos

Unha nova xornada celébrase o venres dia 3 nas instalacións do INEF de Bastiagueiro do control de lanzamentos organizado pola Escola de Lanzadores da Coruña 
O programas de probas esta composto cos lanzamentos de peso, disco e xabalina con el siguiente horario:  18:00 disco   18:30 peso  19:00 xabalina 

inscritos

Noticias Web FGA .- 01/07/2015 . O Campionato de Galicia outorgará 100 € aos campións e 300 € por sectores, cun total de reparto económico de 6000 €

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/07/2015 . O Campionato de Galicia outorgará 100 € aos campións e 300 € por sectores, cun total de reparto económico de 6000 €

A Federación Galega de Atletismo dentro do Programa de Axudas a Atletas Galegos de Alto nivel, dotará os podiums do Campionato de Galicia a celebrar o día 18 de premios en metálico. O Campionato de Galicia convírtese así na competición de pista de Galicia con maior cantidade de reparto de premios en metálico. O evento contará ca participación dos mellores atletas galegos e será un verdadero espectáculo de fin de tempada.

Ademais, e tal como se fixo en tempadas anteriores, o Campionato de Federacións Autonómicas terá tamén un importante reparto económico de perto de 12.000 euros. Este programa premia así aos atletas máis destacados ao marxen doutras axudas que poidan obter de diversas institucións.

Noticias Web FGA .- 01/07/2015 . Reunión do Presidente da FGA con o novo concelleiro de Deportes de A Coruña

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Reunión do Presidente da FGA con o novo concelleiro de Deportes de A Coruña

O presidente da FGA Isidoro Hornillos reuniuse con o novo Concelleiro de Deportes do Concello de A Coruña Xosé Manuel Sande. O presidente manifestou a sua satisfacción nunha reunión na que se confirmou o apoio do Concello cos grandes eventos como o G.P Cantones de Marcha, as carreiras populares Coruña10, Coruña21 e Coruña42 así como o Circuito Coruña Corre en Pista. Asemade, acordouse revisar o estado das pistas de atletismo da Universidade de Elviña na que adestran os principais clubes da cidade herculina.

Noticias Web FGA .- 30/06/2015 . Ana Peleteiro, Lidia Parada, Belén Toimil e Fran Durán ó Campeonato de Europa Sub23

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Ana Peleteiro, Lidia PArada, Belén Tomil e Fran Durán ó Campeonato de Europa Sub23

Ana Peleteiro (ADIDAS) no triple, Lidia Parada (Atlética Barbanza) na xavalina, Belén Toimil (Playas de Castellón) no peso e Fran Durán (Lucus Caixa Rural) nos 20km marcha seleccionados para participar no Campeonato de Euopra sub23 que se disputará entre o 9 e o 12 de Xullo na localidade Estonia de Tallin. Noraboa a todos eles e os seus adestradores.

Noticias Web FGA .- 28/06/2015 . Actuación galega no Campionato de España Veterán

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Actuación galega no Campionato de España Veterán

Foron mais de cuarenta as medallas conseguidas polos representantes galegos no Campionato de España de Veteráns celebrado en Alcobendas. Salientar os primeiros postos de Teresa Castro (Atletismo Noia) nos 500 na categoria F45, Chus Sanguos (Comesaña S.C) nos 300 e 80 valados en F60, Ana Abuin (Atlética A Silva) en martelo e xavalina en F55, Flora Guzmán e Ana Mª Santos nos 80 valados ámbalas duas do Comesaña en F65 e F55, respectivamente, Rosario Sureda (ADAS) en altura F50, Lucía Ferreiro (Ría Ferrol) en pértega F35, Emilia Mesa (Ourense Atletismo) en peso e xavalina F60 en mulleres e Carlos Ferrer (Atlética A Silva) en martelo M55, Ramón Serantes (Marineda) nos 1500 M45, Xulio Ventín (ADAS) pértega M50 e Jose Vicente Rioseco en 800 M65 en homes .  Actuaccion Galega

Noticias Web FGA .- 29/06/2015 . Suspensión das Xornadas Copa Deputación de Ourense, 4 e 12 de xullo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
29/06/2015 . Suspensión das Xornadas Copa Deputación de Ourense, 4 e 12 de xullo

A Delegación en Ourense da FGA comunica que suspende as xornadas da Copa Deputación previstas para os días 4 e 12 de xullo do 2015, o que se poñe en coñecemento de todos os estamentos atléticos.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA