Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 13/07/2015 . Concentración de saltos . Listado de admitidos

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
13/07/2015 . Concentración de saltos. Listado de admitidos
Despois de rematar o prazo de confirmacións, a FGA a petición do responsable de saltos, o adestrador Santi Ferrer, comunica o listado de atletas confirmados e admitidos que deberán presentarse mañá día 14 ás 16:00 horas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. David Lorenzo Anxo Breogán Xavier Esteban Noa Ramirez Carmen Ruvira Aloia Vilas Andrea Lago Brandán Candal Alexander Barreiro Elena Sagastizabal Enma lorenzo Ramos Elena Freiria Bravo Enma Lorenzo Casas Calquer dúbida poden chamar ao responsable da concentración no teléfono 666386261

Noticias Web FGA .- 13/07/2015 . Novos cursos de Monitor Nacional de Atletismo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
13/07/2015 . Novos cursos de Monitor Nacional de Atletismo

A Federación Galega de Atletismo ten previsto organizar nos meses de outubro-novembro e decembro dous cursos de Nivel I RFEA correspondente ao título de Monitor Nacional de Atletismo. Os cursos se farán en A Coruña e outro en Pontevedra. En breve abrirase un prazo de preinscripción para todos os interesados en inscribirse nestas accións formativas. Lembramos que estes cursos capacitan aos técnicos para adestrar atletas de categorías inferiores en escolas de atletismo municipais e de clubes.

Noticias Web FGA .- 12/07/2015 . Campeonato de España Cadete: Santiago Represas e Pedro Osorio Ouro e Andrea Castro Bronce

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Campeonato de España Cadete: Santiago Represas e Pedro Osorio Ouro e Andrea Castro Bronce

Boa actuación dos atletas galegos no Campeonato de España Cadete. O bronce na proba de xavalina acadado por Andrea Castro da Atlética A Silva na primeira xornada hai que sumar os dous ouros conseguidos polo atleta do Club Atletismo Sada, Santiago Represas, quen despois de vencer con claridade nas eliminatorias e semifinais proclamase campeón de España nos 100 con un tempo de 11.16 que é novo record da categoría. Tamén Pedro Osorio do Ría Ferrol subia o mais alto do podium nos 1000 con un bo rexistro de 2.32.68. Nesa mesma proba Aziz Saidi (C.A. Negreira) e Arturo Ramos (Millaraio) eran 6º e 9º, respectivamente. Boa actuación tamén da marchadora Iria Rivas (Atletismo Cuntis), Saray Amoedo (Vila de Cangas) no triple, Eva Queimaño (AVA) e Uxía Pereira (Atlética Lucense) ámbalas dous co mesmo tempo e Sara López (Lucus) nos 3000, todas elas na quinta posición. Salientar, tamén, a outras compoñentes do AVA Olaia Becerril que foi séptima na proba de altura, Mar Pérez sexta no peso e Cristina Pérez octava no disco.   Actuacción Galega

Noticias Web FGA .- 12/07/2015 . Corresán Nocturna Cidade Vella e III Carreira Popular de O Ventorrillo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Corresán Nocturna Cidade Vella e III Carreira Popular de O Ventorrillo

Santiago e A Coruña foron escearios de carreiras en ruta do calendario da FGA na fin de semana. Uxío Abuín do C.Atletismo Sar e Raquel Suárez do Ría Ferrol venceron na Corresán Nocturna Cidade Vella celebrado onte en Santiago, carreira pertencente o III Circuito Diputación de A Coruña. Na mañá do domingo os dous atletas do Marineda Abdelaziz Fathi e Sofía Fernández venceron na III Carreira Popular do Ventorrillo, proba encuadrada no Circuito de Coruña Corre.

Noticias Web FGA .- 12/07/2015 . GP Cidade de Vigo: Esther Navarrete, protagonista

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
12/07/2015 . GP Cidade Vigo: Esther Navarrete, protagonista

O Gran Premio Cidade de Vigo, disputouse onte nas pistas de Balaídos baixo o patrocinio do Concello e a organización do Club Atletismo Feminino Celta 
Esther Navarrete foi a gran protagonista da reunión e gañou brillantemente os 3.000 metros lisos en 9.27,76 coroándose como a mellor atleta do mitin, valoradas as marcas pola táboa internacional, nunha exhibición de gran forma e notable superioridade sobre o resto dos seus rivais. Foi a súa a mellor marca nun día no que outras ilustres como Leticia Fernández levouse a vitoria nos 800 metros ou Leticia Gil en salto de lonxitude. 
Esperábase a actuación de Isaac Vicente, logo de bater en dúas ocasións a súa record galego de martillo deixándolle nos 71,25 metros, pero non foi o dia de Isaac e "soamente" lanzo 66,55 metros . 
Cadro de vencedores:Resultados femininos: 100 e 400 m. Eugenia Gil (Marineda) 12,52 e 57,11; 800 m. Leticia Fernández (Ría de Ferrol) 2.09,90; 3.000 m. Esther Navarrete (Celta) 9.27,76; pértiga, Beatriz Viteri (Celta) 3,51 m.; lonxitude, Leticia Gil (Adas) 5,71 m.; jabalina, Felicea Tilea (Scorpio) 51,49 m.; jabalina xuvenil, Claudia Ferreira (Portugal) 48,51 m.; 300 m. cadete, María Rodríguez (Vila de Cangas) 47,22. 
Masculinos: 100 m. Esmailin Santiago Diaz (Ou.Burgos) 10,84; 400 m. Enrique Prego (Riazor) 49,97; 1.500 m. Jorge Puig (Gimnastica) 3.52,70; pértiga, Santiago Ferrer (Gimnastica) 4,71 m.; lonxitude, David Ferrer (Gimnastica) 7,19 m.; martillo, Isaac Vicente (Marathon) 66,55 m. ; 300 m. cadete, Alexis Miguens (Santa Uxía) 40,40  Resultados completos

Noticias Web FGA .- 11/07/2015 . Campionato de España Cadete: Andrea Castro bronce no lanzamento de xavalina

 
Actualidade do Atletismo Galego
11/07/2015 . Campionato de España Cadete: Andrea Castro bronce no lanzamento de xavalina

Andrea Castro bronce no campeonato de España Cadete que se está a celebrar en Valladolid. A atleta da Atlética A Silva subiu o tercer escalón do podium grazas a un millor lanzamento de 36.90 na xavalina, proba na que Ivanna Román do Marineda foi quinta con 34.10. Outros resultados destacados foron os séptimos postos de Alexandre López (A Gándara) na xavalina, Olmo Pruneri (Atletismo Noia) no peso e Olaia Becerril (AVA) na lonxitude. Pasan às finais de mañán Santiago Represas, do Club Atletismo Sada, nos 100 despois de vencer a sua serie eliminatoria e a semifinal. Tamén nas finais dos 1000 contaremos con catro representantes: Pedro Osorio (Ría Ferrol) que venceu na sua semifinal, Aziz Saidi (C.A. Negreira), Arturo Ramos (C.A. Millaraio) e María Pérez (Comesaña) .

    Actuacción Galega

Noticias Web FGA .- 11/07/2015 . Lidia Parada sexta no Campeonato de Europa sub23

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Lidia Parada sexta no Campeonato de Europa sub23

Fantástica a actuación da atleta do Barbanza Lidia Parada no Campeonato de Euorpa sub 23 quen acadou o sexto posto con un millor lanzamento de 54.09 na final de xavalina. Dende a FGA queremos felicitar a Lidia e o seu adestrador Lardo Moure.

Noticias Web FGA .- 11/07/2015 .- Campionato de España Cadete . Última Hora: Actuacción Galega

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
11/07/2015
Campionato de España Cadete

Ultima Hora:    Actuacción Galega

 
 

Noticias Web FGA .- 09/07/2015 . GP Cidade de Vigo: Meeting de referencia en Galicia

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
09/07/2015 . GP Cidade de Vigo: Meeting de referencia en Galicia

O vindeiro sábado 11de xullo a partir das 19:00 horas na Pista Municipal de Atletismo de Balaídos (Vigo). 
O Club Atletismo Feminino Celta co patrocinio do Concello de Vigo e a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces organizará o vindeiro mes de xullo o “XXXVI GRAN PREMIO CIDADE DE VIGO DE ATLETISMO”. 
Dende o club se pretende que esta competición volva a ser un referente atlético a nivel nacional e internacional.  Regulamento   - Atletas admitidos

Noticias Web FGA .- 08/07/2015 . Campionato de España Cadete

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de España Cadete

As Pistas de atletismo Rio Esgueva de Valladolid acollen de novo un Campionato de Españao o vindeiro fin de semana, esta vez é a quenda dos atletas da categoría cadete. A representación galega consta de preto de 50 rapaces con aspiracións diferentes. En mellor posición para loitar polas medallas están Santiago Represas do Club Atletismo Sada nos 100 metros e Pedro Osorio nos 1000 metros, outros atletas que poden estar nos postos destacados son Olaia Becerril do AVA que compite no salto de lonxitude e salto de altura, Alexandre López de A Gandara na xavalina,  Olmo Pruneri do Atletismo Noia no peso, Nicolas Garcia do San Narciso no disco, Sara López do Lucus nos 3000 metros e Iria Rivas e Noa Ramirez do Atletismo Cuntis nos 3 km marcha. Outros atletas buscarán o pase a final ou a mellora dos seus rexistros no evento máis importante da tempada. Destacar a ampla participación de atletas galegos nos 1.000 metros con Elián López, Arturo Ramos e Alonso Diego CA Millaraio, Diego Martínez e Ermias Fernández do Coruña ,Adrian Lage do Atletismo Friol,  Azziz Saidi do Atletismo Negreira, Pedro Osorio do Ria Ferrol ,Elena Costas da Atlética  Val Miñor, María Pérez do Comesaña e Sara López do Lucus. O Campionato celebrarase en xornada de mañá e tarde o 11 e 12 de Xullo.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA