Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 02/09/2015 . Campionato de Galicia de 10 kilómetros en ruta

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Campionato de Galicia de 10 kilómetros en ruta

O proximo domingo 6 de setembro celébrase o Campionato de Galicia de 10 km organizado pola Federación Galega de Atletismo e o Concello de Vimianzo, este celébrase de forma conxunta coa V Carreira Popular Concello de Vimianzo. Entre os atletas máis destacados citamos a Sandra Mosquera do Comesaña que demostrou na Carreira Popular de Noia estar de novo a un bo nivel, Raquel Suarez do Ria Ferrol, Teresa Castro do Atletismo Noia e Rubén Caamaño do Club Atletismo Sar,  favorito a priori na categoria masculina. A saída e meta da proba estará situada nas proximidades da Praza do Concello. Atletas inscritos

Noticias Web FGA .- 29/08/2015 . Reunión de adestradores da Escola Galega

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Reunión de adestradores da Escola Galega

Celebrouse onte unha reunión de adestradores galegos da FGA coa directora técnica Madó González e Isidoro Hornillos, reunión aberta a todos os adestradores da Escola Galega de adestradores na que debatíronse temas importantes como o programa Xogade, o calendario para a tempada 2015/2016 e as sesións técnicas a celebrar polos adestradores para intercambiar coñecementos.

Noticias Web FGA .- 28/08/2015 . Comité Técnico da Federación Galega de Atletismo

Noticias Web FGA .- 28/08/2015 . Mario González e Santi Ferrer Alonso, novos membros do Comité Técnico da FGA, trala baixa de Santi Ferrer

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
28/08/2015 . Mario González e Santi Ferrer Alonso, novos membros do Comité Técnico da FGA, trala baixa de Santi Ferrer

A FGA iniciará a tempada 2015/16 con novos membros no Comité Técnico, nesta semana deixaba o seu cargo Santi Ferrer Moreira como responsable do sector de saltos, tras varios anos facendo unha extraordinaria labor para o atletismo galego. Santi Ferrer continuará colaborando ca FGA en diversos ámbitos, a súa próxima colaboración será como docente dos vindeiros Cursos de Monitor Nacional de Atletismo que se disputarán en A Coruña e Pontevedra.

Mario González e Santi Ferrer Alonso serán os novos responsables de Saltos horizontais e Saltos verticais, respectivamente

Dous grandres profesionais do atletismo galego, Mario González, quen sempre estivo vinculado ao atletismo, na súa faceta de atleta, adestrador e docente, será quen asuma as funcións de Responsable de Saltos Horizontais, mentres que Santi Ferrer Alonso,  asumirá as funcións de Responsable de Saltos Verticais. O curriculum de Santi salienta polas seus éxitos deportivos, como atleta e adestrador,  e académicos, ostentando unha importante e forte formación universitaria no eido do deporte.

No seguinte enlace pódese ollar o Comité Técnico con todos os seus integrantes

http://www.atletismogalego.com/fga/p3.asp?id=29

Noticias Web FGA .- 26/08/2015 . Xulio Ventin novo director do CGTD

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Xulio Ventin novo director do CGTD

Xulio Ventin novo director do Centro Galego de Tecnificación Deportiva tomando o relevo na dirección de Elena Fernández. Novo reto profesional e deportivo para Ventin responsable de combinadas da Federación Galega de Atletismo e adestrador dalgúns dos atletas máis destacados de saltos en Galicia como o pertiguista Santiago Ferrer.

Noticias Web FGA .- 25/08/2015 . Aberto o prazo de inscricción para a Coruña 10

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Aberto o prazo de inscricción para a Coruña 10

Aberto o prazo de inscrición para a Coruña10, proba integrada no III Circuito Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial da Coruña. A proba que chega a sua novena edición disputarase o vindeiro 11 de outubro cun novo circuíto urbano e que transcurre na sua totalidade polo Paseo Marítimo da cidade herculina. O circuito estará homologado pola Real Federación Española de Atletismo. As inscricións faranse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com ata o día 1 de outubro ás 23:59h e a cota da inscrición será de 10 € para as e os propietarios de chip amarelo, e 12 € para aquelas persoas que non dispoñan do chip. Tamén están programadas probas para as categorias benxamin, alevin, infantil, cadete e xuvenil.

Noticias Web FGA .- 25/08/2015 . Publicado o listafo de atletas becados no CGTD

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
25/08/2015 . Publicado o listado de atletas becados no CGTD

Publicado o listado de atletas becados no CGTD. A Secretaría Xeral para o Deporte fixo público no día de onte o listado de atletas becados no CGTD na vindeira tempada 2015/16. http://deporte.xunta.es/index.php?idMenu=67&int1=2824&idIdioma=2

Noticias Web FGA .- 21/08/2015 . Xuntanza de adestradores para analizar a normativa Xogade entre outros temas

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
21/08/2015 . Xuntanza de adestradores para analizar a normativa Xogade entre outros temas
A todos os adestradores galegos censados na EGA
 
A proposta da Directora Técnica da FGA convócase unha xuntanza aberta a todos os adestradores censados na EGA  pra participar nunha reunión o vindeiro venres día 28 de agosto na sede da FGA en A Coruña ás 17:00 horas co seguinte orde do día:
- Análise da proposta da FGA para o Programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte.
 - Calendario de Competicións.
-  Planificación de sesións técnicas
 
Prégase confirmación de asistencia antes do martes día 25 ás 12:00 horas, enviando un email a secretariogeneralfga@gmail.com 
 

Noticias Web FGA .- 21/08/2015 . Reunións para a situación da Pista Cuberta en Galicia

 Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Reunións para a situación da Pista Cuberta en Galicia

Celebroue unha reunión co Tenente Alcalde de Silleda (Pontevedra) alcaldesa en funcións durante estes días, Ana Luisa González., Isidoro Hornillos, presidente da FGA e Roberto Pérez Manuel, Arquitecto Técnico e membro da Xunta Directiva da FGA. Entre os temas tratados analizouse a situación das xestións para situar a Pista Cuberta de Galicia. A semana pasada mantívose unha reunión similar co Alcalde de Sada Oscar Benito Portela Fernandez e co presidente do Club Atletismo Sada, Fernando Míguez Sánchez. A finais de Setembro poderemos facilitar información máis concreta sobre este importante proxecto do atletismo de Galicia.

 

Noticias Web FGA .- 20/08/2015 . Confirmación de Clubes clasificados para a Liga Nacional pola RFEA

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Confirmación de Clubes clasificados para a Liga Nacional pola RFEA

A Federación Española de Atletismo publicou na sua circular número 192/2015 no día de hoxe a confirmación dos equipos clasificados para disputar as ligas de División de Honra e Primeira División na tempada 2015/2016. En canto aos clubes galegos en División de Honra volveremos contar coa Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes e o Club Ria Ferrol en mulleres, en canto á Primeira División contaremos con 4 equipos en homes o Real Club Celta e o Club Atletismo Narón e en mulleres o Lucus Caixa Rural e o Atletismo Feminino Celta

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA