Noticias FGA

Noticias Web FGA .- 18/10/2015 . Probas en ruta y cross del fin de semana

 Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Probas en ruta y cross del fin de semana

Fin de semana con probas destacadas en ruta, na XX Media Maratón de Pontevedra impuxéronse Manuel Hurtado do New Balance con 1.08.02 e Leticia Fernández do Ria Ferrol con 1.20.15, en Finisterre nos 10 km da II Carreira Popular Concello de Finisterre Rocio Alvite en mulleres e Cristian Muiño en homes foron os primeiros en cruzar a meta mentres que na proba de 5 km serían Paula Esteiro e Amador Pena. Outros nomes do fin semana serían Pedro Nimo que lograba a cuarta posición na IV Sanitas Marca Gijón con 31.23 nos 10 km e Alejandro Fernández na media maratón de Valencia na que lograba un tempo de 1.06.50. En Ames disputouse a XVI Carreira Popular Concello de Ares na que venceron a atleta do Ria Ferrol Raquel Suárez e Abdelkader Bouguerroudj, por último disputouse en Vigo o XX Cross Escolar A.D. Castro- San Miguel.

Noticias Web FGA .- 15/10/2015 . Publicada a normativa de licenzas

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
15/10/2015 . Publicada a normativa de licenzas

Xa está publicada na Circular 63-2015 a normativa de licenzas cas novas cuotas aprobadas pola Comisión Delegada e a Xunta Directiva da FGA na súa xuntanza do pasado sábado. Nos vindeiros días actualizarase a circular cos datos da nova compañía de seguros. O actual seguro seguirá vixente ata o 31 de outubro.  Como novidade este ano, expedirase un carné a todas as persoas que saquen unha licenza federada, xa sexa de atleta, xuiz ou adestrador.

Noticias Web FGA .- 15/10/2015 . Mañá arranca o Curso de Monitor Nacional de Atletismo

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
15/10/2015 . Maña arranca o Curso de Monitor Nacional de Atletismo

En Pontevedra inicíase mañá as 16:00 horas un novo Curso de Monitor Nacional de Atletismo. No curso están inscritos 15 alumnos que recibirán ao longo de 8 fins de semana formación no eido da iniciación ao atletismo. O curso contará ca presenza de profesorado da Escola Galega de Adestradores e conta co apoio do Concello de Pontevedra.

A Federación Galega de Atletismo é unha das poucas federacións cun gran compromiso ca formación continua. Neste ano asumirá a organización de dous cursos de monitor nacional, o vindeiro será na Coruña que se iniciará o venres día 23 ca presenza de perto de 30 alumnos. Para esta última edición aínda quedan plazas disponibles.

Noticias Web FGA .- 09/10/2015 . O vindeiro martes publicarase a nova normativa e cuotas das licenzas e seguros, pregamos aos clubes que esperen ata ese día

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
09/10/2015 . O vindeiro martes publicarase a nova normativa e cuotas das licenzas e seguros, pregamos aos clubes que esperen ata ese día

O vindeiro martes publicarase a nova normativa de licenzas e as cuotas dos seguros e licenzas, unha vez aprobadas pola Comisión Delegada na xuntanza prevista para este sábado. Pregamos aos clubes que esperen ata esa data para facer o trámite de renovación de club. 

E a partir do día 19 abrirase a plataforma para o trámite das licenzas de atletas, xuíces e adestradores.

Asemade esta Federación informa que este ano non se implantará a licenza única no atletismo, polo que todo o trámite será semellante á presente tempada.

Importante para os clubes, atletas e adestradores

Este ano imprimiránse as licenzas nunha tarxeta en pvc para atletas con licenza nacional e autonómica, adestradores  e xuíces, polo que será obrigatorio subir unha foto carné do atleta, xuíz e adestradores dixitalizada, para as altas e renovacións.

Noticias Web FGA .- 09/10/2015 . IX Carreira Popular Coruña 10 - Listaxe dorsales asignados

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
IX Carreira Popular Coruña 10 - Listaxe dorsales asignados

Sensacional o nivel de atletas que se reunirán o domingo na proba de Coruña 10 que chega á súa novena edición. Nun circuíto novo nas inmediaciones do Palacio dos Deportes de Riazor e o Paseo Maritimo veremos de novo enfrontarse como en tempadas anteriores a parte dos mellores fondistas galegos, en mulleres destacamos a Solange Pereira campioa de España de 1500 metros, Paula Mayobre gañadora nas últimas probas en ruta que disputou, Yolanda Gutierrez inmersa na preparación do maratón, Leticia Fernández, María Jesús Gestido, Sandra Mosquera e a atleta internacional do New Balance Paula Gonzalez; en homes ao marroquí Addelmounin Harroufi súmanselle  Alejandro Fernández, Carlos Villamor, Manuel Hurtado, Robertas Geralavicius, Hassan Lekhili ou Akka Essaadaoui. Ás 10.30 darase a saída á proba absoluta na Avenida da Habana e posteriormente realizaranse as carreiras dos menores desde a categoría benxamin a xuvenil

LISTAXE DE INSCRITOS EN CORUÑA 10 

Xa pode consultar o número de dorsal asignado pola organización da Carreira Popular de Coruña 10 (Picar aquí)

Noticias Web FGA .- 07/10/2015 . IX Carreira Popular Coruña 10

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
IX Carreira Popular Coruña 10

Sensacional o nivel de atletas que se reunirán o domingo na proba de Coruña 10 que chega á súa novena edición. Nun circuíto novo nas inmediaciones do Palacio dos Deportes de Riazor e o Paseo Maritimo veremos de novo enfrontarse como en tempadas anteriores a parte dos mellores fondistas galegos, en mulleres destacamos a Solange Pereira campioa de España de 1500 metros, Paula Mayobre gañadora nas últimas probas en ruta que disputou, Yolanda Gutierrez inmersa na preparación do maratón, Leticia Fernández, María Jesús Gestido, Sandra Mosquera e a atleta internacional do New Balance Paula Gonzalez; en homes ao marroquí Addelmounin Harroufi súmanselle  Alejandro Fernández, Carlos Villamor, Manuel Hurtado, Robertas Geralavicius, Hassan Lekhili ou Akka Essaadaoui. Ás 10.30 darase a saída á proba absoluta na Avenida da Habana e posteriormente realizaranse as carreiras dos menores desde a categoría benxamin a xuvenil

Noticias Web FGA .- 01/10/2015 . Concentración de velocidade

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
01/10/2015 . Concentración de velocidade

No día de hoxe publicouse a Concentración de velocidade que convocou o responsable do sector para os vindeiros días 16-18 de outubro. Todos os atletas convidados deben confirmar a súa participación. Ver Circular 62-2015

Noticias Web FGA .- 29/09/2015 . O vindeiro sábado día 10 reunirase novamente a Xunta Directiva e Comisión Delegada desta Federación

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
29/09/2015 . O vindeiro sábado día 10 reunirase novamente a Xunta Directiva e Comisión Delegada desta Federación

Na vindeira semana reuniranse novamente os integrantes da Xunta Directiva e Comisión Delegada para tratar temas pendentes como a normativa de licenzas e novas cuotas, a elección da compañía aseguradora, o calendario de competicións ou as normas técnicas. Tódolos membros destas comisións deben confirmar a súa participación ou non.

Nas circulares 60-2015 e 61-2015 está publicado o Orde do día.

 

Noticias Web FGA .- 29/09/2015 . Ampliación prazo da Carreira Coruña 10

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Ampliación prazo da Carreira Coruña 10

Ampliase o prazo para inscribirse na IX Carreira Popular Coruña 10 que se celebra o día 11 de Outubro ata o martes día 6. Inscricións en www.carreirasgalegas.com

Noticias Web FGA .- 28/09/2015 . Carreiras Populares fin de semana en ruta

Noticias FGA

Actualidade do Atletismo Galego
Carreiras Populares fin de semana en ruta

Fin de semana con tres probas destacadas en ruta, o sábado en Santiago de Compostela a Carreira Todos contra a dor, en Ames a I Carreira Popular Shine e o domingo en Sada a V Carreira da Auga Unicef sobre unha distancia de 10 km. Toda a información dispoñible na web de carreiras galegas:www.carreirasgalegas.com

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA