Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Relación de admitidos no Trofeo Inaugural de Pista Cuberta

Noticias FGA

Relación de admitidos no Trofeo Inaugural de Pista Cuberta
Acábanse de facer públicas as listaxes de atletas admitidos a tomar parte no Trofeo Inaugural de Pista Cuberta que se desenvolverá o vindeiro sábado día 16 de decembro na Pista Cuberta de Ourense.
Neste trofeo, que será o que inaugure a flamante nova instalación, tomarán parte un importante número de atletas que deberán confirmar (caso de que se produzan) as súas baixas ou renuncias antes do xoves día 14 as 14:00 horas.
Da mesma maneira tamén se comunica a relación de atletas por categorías que tomarán parte na Liga Galega ABANCA que se desenvolverá na xornada da mañán do sábado.

Noticias Web FGA .- A Gimnástica lidera os equipos galegos no Ranking Nacional de Clubes

Noticias FGA

A Gimnástica lidera os equipos galegos no Ranking Nacional de Clubes
Segundo a listaxe elaborado pola RFEA en base ós distintos Campionatos de España desenvoltos na pasada tempada, son catro os clubes galegos que pasan a formar dos cincuenta primeiros do raking nacional.
O primeiro deles é a Sociedad Gimnástica de Pontevedra no posto 26º cun total de 214 puntos. Os do Lérez acadan as súas máximas puntuacións no Campionato de Aire Libre Junior asi como no Nacional de Lanzamentos de Inverno. No posto 34º entran os do ADAS-Proinor de Valdeorras cun total de 192 p. e con excelentes puntuacións nos campionatos de veteranos. Remata esta listaxe dos cincuenta primeiros co Real Club Celta no posto con 43º con 158,5 puntos co Nacional Promesa de Pista Cuberta como campionato que máis puntos aporta ós celestes. Os de Cerceda de A Silva  no posto 57º  con 151 puntos pechan esta clasificación na que besean todo o seu potencial no seus potentes equipos de veteranos.
O resto da lista (ata o número 200) completanna os seguintes equipos:
68º o RIA Ferrol, 105 p.;  69º NB Team, 96 p.; 90º Lucus Caixa Rural Galega, 82 p.; 95º C.A. Sada, 80 p.; 102º A.F.Celta, 74 p.; 110º Egovarros de Viveiro, 70 p.; 125º C.A.Santiago, 61 p.; 138º Riazor Coruña,56 p.; 155º Comesaña Sporting Club, 49 puntos; 156º Universidade de Santiago, 49 puntos; 161ºAtletismo Sanmertolomeu, 46 p.; 185º Burgas Ourense ,38 p.; 200º A. Vila de Cangas, 33 p.; (…) 493ºAtletismo Moraña, 3 p.

Noticias Web FGA .- Preséntase o Trofeo Inaugural de Pista Cuberta

Noticias FGA

Preséntase o Trofeo Inaugural de Pista Cuberta
No día de hoxe tería lugar a presentación no Concello de Ourense, do que será o Gran Premio Inaugural de Pista Cuberta que se desenvolverá  o vindeiro sábado día 16 de decembro. 
A esta presentación acudirían a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez;  o Alcalde de Ourense Jesús Vázquez; o Concelleiro de Deportes de Ourense,  Mario Guede; o Deputado Provincial de Deportes, Juan Anta; o Vicepresidente da FGA,  Manuel Blanco; o Xerente de Expourense, Alejandro Rubín e o atleta internacional ourensán, Alfonso Palomanes.  Unha vez rematado o pleno extraordinario no salón do Consistorio, xuntaríanse para reiterar a importancia que para o atletismo galego e ourensán supón a posta en marcha desta importantísima infraestructura.
Lembramos que na actualidade a Pista Cuberta de Riazor con máis de 40 anos de antiguedade, era o esciario que se viña empregando para a práctica totalidade dos Campionatos Autonómicos baixo teito. Xa nos últimos anos, e grazas ós importantes orzamentos de organismos públicos, proliferarían varios módulos cubertos coma os de Ourense e Lugo que servirían para mellorar en parte, a deficitaria situación de instalacións cubertas atléticas.
A pista ubicada en Expourense, sen lugar a dúbidas servirá para poñer a nosa comunidade na vangarda do atletismo nacional e internacional en canto a dotacións destas características.

Noticias Web FGA .- Participa en Euromillones

Noticias FGA

Participa en Euromillones
A FGA na súa campaña de captar recursos, pon a venda as Tarxetas de Euromillón cas que ademáis de colaborar co atletismo galego, se poden gañar importantes premios.
Nos últimos anos moitas entidades sen ánimo de lucro, asociacións, clubes e federacións están a ofrecer entre os seus afiliados as tarxetas Euromillón. Estas tarxetas teñen un custe de 5 euros pódendose adquirir cantas de desexen. O posuidor da tarxeta participará en todos os sorteos de Euromillón dos martes e venres ata o 31 de outubro do 2018. No caso de tocar un premio de primeira ou segunda categoría a FGA repartirá entre todos os posuidores da tarxeta o premio.
Póñense á venda un total de 1000 unidades
¡Non deixes pasar a oportunidade de colaborar e gañar coa túa federación!
Compra aquí a túa tarxeta: http://www.carreirasgalegas.com/participacion

Noticias Web FGA .- O Atletismo Galego celebra a súa Asemblea Xeral Ordinaria

Noticias FGA

O Atletismo Galego celebra a súa Asemblea Xeral Ordinaria
No día de onte a Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física de Oleiros sería escenario daAsemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Atletismo segundo regulan os artigos 18º e 22º dos seus Estatutos e que xuntaría a todos os órganos de decisión do citado ente deportivo.
As distintas Comisións darían comezo xa na mañán ca xuntanza  de Atletas, Masters, Adestradores, Xuíces e Clubs cuxas propostas serían debatidas na Asemblea Xeral que daría comezo as 17:30 horas. No salón de actos da citada facultade, e ca presenza de vinte e sete asembleistas acreditados, comezaría a Asemblea co informe anual do presidente quen daría conta do que deu de si a tempada pasada e mesmo adiantaría algunhas medidas que se aplicarán no 2018. O resto do acto transcurriría baixo o estudo, debate e aprobación nalgúns casos de aspectos tan importantes como os orzamentos, as novas cotas de licenzas, e demáis cuestións e propostas que marcarán a liña de actuación do atletismo galego durante o ano 2018.

Noticias Web FGA .- Normativa da DGT para poder desenvolver probas deportivas

Noticias FGA

Normativa da DGT para poder desenvolver probas deportivas
Como informamos no seu día a través das nosas Delegacións o pasado día 23 de outubro, o día 15 de decembro remata o prazo de presentación da documentación para acadar a autorización de probas deportivas nas vías públicas.
No mes de maio aprobaríase o cambio da normativa de autorización das probas de ruta na que lembramos, eran os organizadores – ata ese instante-  quenes remitían o documento de autorización da Federación Galega á Xunta. Cos novos cambios preséntanse dúas casuísticas:
  • Probas que NON afecten á Rede da DGT: Continúase co precedemento anterior.
  • Probas que SI afectan á Rede da DGT: Os organizadores deben remitir á FGA o documento “Comunicación para o calendario de eventos deportivos” que se enviará áDGT e cuio modelo adxuntamos.
É por tanto, con este novo regulamento, obrigatoriedade da Federación comunicar á DGT as probas deportivas.
O prazo de presentación para as probas do ano 2018 remata o día 15 de decembro de 2017. Toda comunicación que non teña sido enviada á DGT non poderá contar ca pertinente autorización, e por tanto dende esta Federación, non se poderán calendar nin autorizar as competicións que afecten a Rede de Estradas da DGT.

Noticias Web FGA .- As concentracións de saltos acaparan a actualidade da Tecnificación

Noticias FGA

As concentracións de saltos acaparan a actualidade da Tecnificación
Esta fin de semana, e continuando co traballo de Tecnificación,  levaríase a cabo a primeira das concentracións previas ás datas do Nadal do sector de saltos e que tería no Módulo Cuberto do Pavillón de Os Remedios de Ourense, a súa sede.
A ela acudiría un amplo número de saltadores moitos dos cales virían acompañados polo seus respectivos adestradores e no que coma ben sendo habitual, as sesións técnicas misturaríanse con charlas e coloquios sobre aspectos relacionados coa competición.
Segundo o responsable do sector Santiago Ferrer Alonso “Valoramos moi positivamente o traballo desenvolto nesta xornada así como o ambiente de traballo e de aproveitamento do mesmo. Estamos convencidos que esta dinámica terá continuidade tanto o vindeiro día 2 de decembro en Lugo como nas sucesivas convocatorias”
A seguinte concentración será a que se leve a cabo na zona Norte cuia sede será o Módulo Cuberto de Lugo.  A esta xornada que está  prevista para o día 2 de decembro, están convocados un total de 24 atletas que deberán confirmar a súa asistencia ou renuncia antes do día 28 de novembro as 18:00 horas na seguinte ligazón.

Noticias Web FGA .- Relación definitiva de Equipos clasificados para a Fase Final da Liga ABANCA

Noticias FGA

Relación definitiva de Equipos clasificados para a Fase Final da Liga ABANCA
Logo de ter rematado o prazo de reclamacións sobre as puntuacións obtidas nas tres fases de clasificación desenvoltas en Santiago, Pontevedra e O Barco de Valdeorras para a disputa da Fase Final da Liga ABANCA de menores, publícase o listado definitivo dos 48 equipos que tomarán parte nesta importante competición.
Lembramos que dos tres encontros disputados, clasificaríanse os primeiros equipos de cada categoría de maneira directa, existindo unha clasificación por mellores puntuacións dos cinco equipos restantes en base ás súas marcas.
A fase final disputarase o vindeiro día 16 de decembro coincidindo coa inauguración oficial da Pista Cuberta de Ourense.
Relación definitiva logo de ter rematado o prazo de reclamacións (en roxo, os cambios)
  • Benxamín Feminino: At. Narón*/ A.V.Cangas*/ Ourense At.*/ ADAS-Proinor/ A.V.Atletismo/ RIA Ferrol-CCA/ At. Sada/ Riazor Coruña
  • Benxamín Masculino: Fontes do SAR*/ S.G.Pontevedra*/ ADAS-Proinor*/ Ourense At/ At. Sada/ A. A Silva/ A.Vila de Cangas/ Riazor Coruña
  • Alevín Feminino: C.A. Millaraio*/ A.V.Cangas*/ Ourense At.*/ S.G.Pontevedra/ A.F.Celta/ At.Sada/ Marineda A./ A.V.Atletismo
  • Alevín masculino: C.C.Comarca*/ S.G.Pontevedra*/ Ourense At.*/ ADAS-Proinor/ R.C.Celta/Cia. de María/C.A.Millaraio/ Marineda At.
  • Infantil Feminino: Ría Ferrol-CCA*/A.V.Atletismo*/ Ourense At.*/A.V.Cangas/ At.Sada /ADAS-Proinor/ Fontes do Sar/ C.A.A Estrada
  • Infantil Masculino: C.A. Millaraio*/ A.V.Cangas*/ Ourense At.*/ RIA Ferrol-CCA/ At. Sada/ ADAS-Proinor/A.A Silva/ Riazor Coruña.
(con asterisco* os equipos gañadores clasificados directamente)

Noticias Web FGA .- Os irmáns Chamosa impóñense no Autonómico de Marcha

Noticias FGA

Os irmáns Chamosa impóñense no Autonómico de Marcha
Os irmáns Antía e Daniel Chamosa proclamaríanse vencedores absolutos do XXIX Campionato de Marcha de inverno que se desenvolvería no día de onte nas Pistas lucenses do Estadio Gregorio Pérez Rivera. Os campións invertirían un rexistro de 24:41.92 e de 21:15.47  respectivamente nunha proba na que partían como indiscutibles favoritos. Xunto eles estarían acompañados no podium porLeyre Aramburu do A. Valladolid e Iria Rivas do A.F. Celta na categoría feminina, así como porRoberto Vieiro do A.Santiago e Brais Prieto do R.C.Celta na masculina.
No resto de categorías o máis salientable sería o Récord Galego da atleta infantil do Atletismo Vila de Cangas Sabela Castelo quen acadaría un novo tope autonómico ó rematar a súa proba de 1.000 m. marcha cun rexistro oficial de 5.16.21.
Cadro de Gañadores Galegos 
Absoluto: Antía Chamosa (C.A. Valladolid) e Daniel Chamosa (S.G.Pontevedra)
Senior: Rocío Carbia (RIA Ferrol) 
Sub23: Inés Valentín (Ourense At.) e Daniel Chamosa (S.G.Pontevedra)
Máster M50: Pedro Abeledo (C.A.Narón)
Máster W35: Monse Pereira (C.A.Sar)
Máster W40: María Emilia Rodríguez (S.A.D.Trega)
Máster W45: Yolanda Abellán (A.F.Celta)
Sub20: Antía Chamosa (C.A. Valladolid) e Bráis Prieto (R.C.Celta)
Sub18: Iria Rivas (A.F.Celta) Roberto Vieiro (A.Santiago)
Sub16: Nerea Lage (A. Friol) e Antón Martínez (A.Lucense)
Sub14: Xela Martínez (A.Lucense) e Elias Klein (A.Lucense)
Sub12: Laura Iglesias (A.V.de Cangas) e Christian Sierpes (S.A.Trega)
Sub10: Sabela Castelo (A.V.Cangas) e Anxo Jamardo (S.G.Pontevedra)

Noticias Web FGA .- Ourense acollerá o nacional Sub20 indoor

Noticias FGA

Ourense acollerá o nacional Sub20 indoor
Logo de que por distintos motivos o Campionato de España Absoluto non fora adxudicado a Ourense (como é normal cas sedes que inauguran a súa instalación), a cidade das Burgas será sede finalmente do XLV Campionato de España Sub20 que se desenvolverá os vindeiro días 3 e 4 de marzo.
Con esta competición, a Pista Cuberta de Ourense fará a súa estrea a nivel nacional, e sumará este importante evento ás probas do Trofeo Inaugural e Fase Final ABANCA do día 16 de decembro así como a Copa Master de Clubs do 23 do mesmo mes. Seguirán a estas citas a Copa de Clubs, o Campionato de Galicia Absoluto e Campionato de Galicia Master os días 7, 13 e 14 de xaneiro respectivamente. Rematará este primeiro ano inuagural co Campionato de Galicia Cadete para o día 11 de marzo.
Na foto, o pista cuberta de Antequera

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA