Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Ourense despide un Campionato de España de "10" no organizativo

Noticias FGA

Ourense despide un Campionato de España de "10" no organizativo

Corenta e catro anos despois de que no ano 1974 se disputaran os últimos Campionatos de España de pista cuberta na nosa comunidade, Ourense e toda Galicia viviría a gran festa do que foi o XLV Campionato de España Sub-20 Masculino e o XL Campionato de España Sub-20 Feminino que porían a nosa comunidade no centro de atención a nivel nacional durante este pasado fin de semana.
Segundo Isidoro Hornillos, “Podémonos sentir tremendamente orgullosos da capacidade de traballo amosada por todos e cada un dos que tomaron parte neste gran proxecto, dende os voluntarios ata montadores, pasando por personal técnico, loxístico e organizativo(…) a todos e cada un deles as máis sinceras felicitacións” desta maneira se expresaba o presidente da FGA e responsable do Comité Executivo sobre o campionato, do quen non agochaba a súa satisfacción polo decorrer do mesmo.
Se no plano organizativo todo foron parabéns, non menos importante sería o plano deportivo na que os galegos acadarían unha medalla de prata e sete postos de finalistas.
Por sectores e comezando polos 60 m. Daniel Armada do Vila de Candas con 7.22 e Javier Mañanado Coruña Comarca con 7.26 non poderían acceder as semifinais nunha proba con bastante nivel na que si en cambio Santi Represas do C.A. Sada chegaría ás semifinais quedando 5º na súa serie con 7.14. Na categoría feminina Adiaratou Cámara do Lucus sería sétima na súa rolda con 8.05. sendo sexta Lucía Ferrer da Gimnástica -tamén en roldas- con 8.04. Nos 200 m. tanto Andrea Pais do A.F. Celta como Claudia Torres accederían á final B dos 200 m. ocupando un excelente 4ª posto a céltica con 25.31 (MMP) e un oitavo a ferrolana con 25.87 (con MMP nas roldas clasificatorias con 25.63).
Nos 800 m. moi bo campionato para o atleta coruñés do Comarca Elian Nuna quen se metería na final da súa proba rematando de quinto con 1:54.07 e establecendo unha MMP. Sería nesta mesma proba, pero na categoría feminina, onde se conseguiría a única medalla dos nosos atletas a cargo dunha motivadísima Raquel Meaños quen malia ter baixado este ano de 2:08, nada poido facer ante a catalana María Lasa colleitando a prata con 2:09.38. 
Na final dos 1500 m. non habería presenza galega xa que tanto a celeste Lucía Cardesín con 4:59.85,María Pérez do Comesaña con 5:15.98; Roi Estévez do C.A. Santiago con 4:24.16 e Jorge Sieira do Coruña Comarca con 4:12.08 non conseguirían chegar ata a final.
No sector dos valados moi bo papel do Lucense do Lucus Santiago Rozas que chegaría ata a final acadando un magnifico sétimo lugar e establecendo un mellor rexistro na rolda clasificatoria de 8.26 acadando unha MMP. Nas mulleres a gimnástica Lucía Ferrer con 9.36 nesta mesma especialidade quedaría as portas da final con 9.36.
Xa nos concursos décimo posto en triplo para Alexandre Barreiro con 14.00 m. e  noveno para Saray Amoedo do Vila de Cangas con 11.02 m. En peso novena posición para Andrea González da Gimnástica con 11.05 m. ocupando posto de finalista na sexta posición, o lanzador do Riazor Coruña Jaime Arias cun mellor lanzamento de 14.78 m. no seu último intento.
Por último bo papel de Eva Queimaño do A.F. Celta quen tomaría parte no concurso de altura no que sería 14ª con 1.54 m. Esta mesma atleta, que xa sería internacional nas combinadas, tomaría parte no Péntatlon na que a piques estivo de colleitar o bronce quedando a tan só 80 puntos da medalla. Ó remate cuarta posición con 3.364 puntos
A nivel xeral do resto de participantes, salientar que o campionato viviría a consecución de catro récords nacionais a cargo de Pol Retamal do F.C.Barcelona nos 200 m. (por dúas veces) deixandoo en 20.99, de Alfredo Jiménez da A.D. Marathon con 47.38 así como de Sara Gallego con 54.09 do ISS – L´Hospitalet nos 400 m.

Noticias WEb FGA .- Catro medallas para os nosos Sub-16 e Sub-18 en Murcia

Noticias FGA

Catro medallas para os nosos Sub-16 e Sub-18 en Murcia

De novo o sector do campo a través en Galicia viviría una fantástica xornada no Campionato de España Sub-16 e Sub-18 que se desenvolvería no día de onte na rexión Murciana de San Pedro del Pinar.
Ata alí unha importante selección de atletas galegos acudiría a defender e revalidar o peso que a nosa comunidade ten neste importante sector e na que os resultados volveron ser excelentes.
Comezando pola categoría Sub-16 feminina unha fantástica Carla Guisande proclamaríase subcampioa de España individual cedendo tan só ante a catalana Julia de La Piedra por tan só un segundo de diferenza. Xunto ela entraría Noelia Sánchez de 27ª, Andrea López de 42ª, Isabel Caeirode 44ª; Inés do Campo de 51ª, Nerea Lage de 58ª, que darían por equipos a Galicia a sexta praza.
Na categoría masculina non menos sensacional sería a actuación de Hugo García quen da mesma maneira colleitaría o título de subcampión nacional nunha carreira moi ben plantexada polo pontevedrés. Por equipos Galicia ocuparía una meritoria cuarta posición e na que os postos do resto de integrantes serían de,  21º para Hugo Suárez, 28º para Antón Martínez, 29º para Pedro Vázquez, 39ª para Iker González e de 52º para Martín Rivera.
Xa na categoría Sub-18 feminina Galicia sería décima nunha proba na que a atleta máis destacada sería Sara López no posto 21º estando acompañana por Paula de la Torre no 23º, Blanca Armenteros no 59º, Lucía López no 64º, María Carballido no 68º e Marta Vilas no 92º.
Como colofón e pechando xa estos campionatos, a saída da proba reservada para os atletas masculinos Sub-18 agardaba o mellor para os nosos representantes. Como ben sendo habitual, un sempre magnífico El Medhi El Nabaoui proclamaríase campión de España nunha proba na que sempre deu mostras de dominio e control e cuxo título individual iría acompañado polo bronce por seleccións grazas o excelente traballo do resto de integrantes: 20º Diego Alonso , 35º Jorge González,  55º  Bilal Dahmouni, 55º Aldo Rey e 84º para Ermias Fernández. Esta medalla poría o punto e peche a todo un campionato na que a expedición, logo dun longo camiño de regreso,  chegaría a altas horas da madrugada ós seus domicilios.

Noticias Web FGA .- Asinado convenio co Hospital CO.SA.GA. de Ourense

Noticias FGA

Asinado convenio co Hospital CO.SA.GA. de Ourense

Esta mañá asinouse en Ourense un convenio de colaboración empresarial entre o Hospital CO.SA.GA., representado polo seu Director Xerente, José Ignacio Vidal, e a Federación Galega de Atletismo. O acordo permitirá aplicar descontos aos atletas federados galegos que desexen realizar recoñecementos médicos preventivos e propiciar unha práctica deportiva máis segura.
Nos próximos días faranse públicos novos convenios noutras delegacións de Galicia, con semellantes condicións.

Noticia Web FGA .- Montijo, Salamanca e Murcia no punto de atención neste fin de semana

Noticias FGA

Montijo, Salamanca e Murcia no punto de atención neste fin de semana

Son moitos varios e importantes os frontes atléticos competitivos que esta fin de semana se atopan abertos ó longo de toda a xeografía do Estado.
Para comezar, en Salamanca disputaranse do 02 ó 04, os XXIV Campionatos de España Máster en Pista Cuberta no que nada menos que un total de 166 atletas tomarán parte nos mesmos intentando mellorar ese balance colleitado en Gijón o ano pasado e na que os nosos representantes acadarían un total de 46 medallas (11 ouros, 18 pratas e 17 bronces) así como a consecución de 21 novos récords galegos e 3 nacionais.
Outro importante foco de atención será a dos atletas en idade escolar quenes tomarán parte doCampionato de España Campo a Través do CSD en Murcia o próximo domingo, e na que Galicia acude cos equipos  Sub-18 e Sub-16 ó fronte dos cales se atopan El Medhi El Naboaui, Sara López, Hugo García e Elsa Pena. O obxectivo non é outro que o de intentar facer un bo papel tanto individual coma por equipos e mellorar esas dúas medallas individuais e unha por equipos acadadas o ano pasado na localidade extremeña de Don Benito
Xa por último, en Montijo disputarase o VIII Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Longos á que acuden un total de seis galegos. Na categoría masculina contaremos ca presenza do catro veces olímpico Frank Casañas quen tomará parte en disco e que estará acompañado por Víctor Gallego. Xunto eles Carlos Revuelta e Nacho Fernández lanzarán no concurso de martelo. En mulleres a mundialista en Londres o ano pasado Belén Toimil concursará en peso o mesmo que Ángeles Filgueira en xavelina.

Noticias Web FGA .- Ourense acolle a gran cita nacional Sub-20

Noticias FGA

Ourense acolle a gran cita nacional Sub-20

No día de onte acontecería a presentación do XLV Campionatos de España Sub-20 Masculino e o XL Campionato de España Sub-20 Feminino que convertirán a capital das Burgas no epicentro nacional do atletismo.
Nada menos que 44 anos terían que pasar para que de novo a nosa Comunidade acolla un evento destas características baixo teito, despóis de que nos anos 1972 e 1974 se disputaran os últimos e únicos Campionatos de España (Junior) na pista coruñesa do Pazo dos Deportes de Riazor. Esta mesma instalación serviría para que durante estos casi nove lustros se desenvolvera anualmente toda a actividade atlética a cuberto ata a chegada dos módulos cubertos de Lugo e Ourense. Pero sería por fin, o pasado día 16 de decembro, cando o Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez materializaría todo un soño para o atletismo galego, inaugurando a Pista Cuberta de Ourense e dotando a nosa Comunidade da máis moderna e funcional instalación que polas súas características a converten nunha das máis avanzadas a nivel mundial.
Dende ese día inaugural, téñense disputado varias probas de diverso rango, malia que será a celebración deste Campionato de España o que supoña o bautizo a nivel nacional da pista pola que se estima pasen un total de 700 atletas, en representación de todas as Comunidades Autónomas (agás das Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla) 500 técnicos e adestradores e un número aproximado de 3.800 persoas entre xuíces, público, organización e aficcionados que farán de Ourense e de Galicia o epicentro do deporte rei a nivel nacional.

Noticias Web FGA .- Asinado co Hospital Polusa S.A. un importante convenio de colaboración

Noticias FGA

Asinado co Hospital Polusa S.A. un importante convenio de colaboración

Potenciar a práctica segura do atletismo, tanto a nivel local como en competicións oficiais en todo o estado español, sen esquecer o deporte base, e concienciar sobre a importancia dos recoñecementos médicos cardiovasculares para os atletas son dous dos principais obxectivos do convenio asinado onte entre a Federación Galega de Atletismo e o Hospital Polusa. Este convenio enmárcanse dentro das múltiples xestións que se veñen desenvolvendo últimamente por parte do ente federativo na procura de patrocinios e recursos tanto públicos como privados.
O Hospital Polusa adquire, a partir deste convenio, a condición de socio colaborador da FGA, participando nas actividades programadas pola citada federación e ofrecendo descontos nas tarifas oficiais no recoñecemento médico deportivo ao colectivo de atletas galegos federados durante a vixencia do convenio.
Segundo explicou Isidoro Hornillos “Para a FGA o futuro da práctica do atletismo en Galicia pasa pola formación pero tamén pola procura de alianzas para unha práctica saudable. Este acordo co Hospital Polusa é un paso en firme para alcanzar esa práctica saudable e segura, facéndoo ademais cun centro de prestixio como é o Hospital Polusa”. O xerente deste hospital, Justo Jorge, sinalou que este convenio supón “un paso máis no noso obxectivo de mellorar a calidade de vida da poboación incidindo sobre a importancia de practicar deporte e levar unha vida saudable”. Tamén falou da práctica segura do deporte e da necesidade de que os deportistas poñan a proba o seu corazón, “mediante os recoñecementos médicos cardiovasculares que levan a cabo na nosa Unidade de Cardioloxía do hospital, dirixidos tanto a afeccionados como a deportistas de alto nivel”.

Noticias Web FGA .- Ourense viviu a antesala do nacional cos dous autonómicos

Noticias FGA

Ourense viviu a antesala do nacional cos dous autonómicos

A pista cuberta de Expourense viviría unha fin de semana moi intensa ca celebración dos Campionatos de Galicia Sub-18 e Sub-20 na xornada do sábado e do Sub-10, Sub-12 e Sub-14 na xornada do domingo que enchería por completo o recinto atlético de participantes e público.
O sábado darían comezo as probas as 11:00 horas nun campionato a dobre xornada na que presenciaríamos o último ensaio xeral de moitos dos nosos representantes que tomarán parte no nacional do vindeiro fin de semana.
Entre as actuacións destacadas salientamos a Nerea Iglesias do Fontes do Sar quen se imporía nas probas de velocidade ó gañar os 60 m. e 200 m. con 7.87 e 25.70 respectivamente. Na categoría masculina Demba Sanyang do Narón farían o propio logo de impoñerse nos 200 m. con 22.91 e nos 400 m. con 51.75.
Bo campionato Sub-20 para Javier Mañana do Coruña Comarca impoñéndose nos 200 m. con 22.90 sendo segundo nos 60 m. con 23.18 nunha proba gañada por Santi Represas do C.A. Sada con 7.13. Mesmos metais nas mesmas probas para Claudia Torres do Ría Ferrol con con 8.04 e 24.95 respectivamente.
Azziz Saidi do Ría Ferrol gañaría os 800 m. con 2.03.00 acadando a prata nos 400 m. con 52.07.Lucía Cardesín do Celta proclamaríase campioa galega na proba dos 800 m. con 2:26.32 acadando a súa vez o bronce nos 400 m.con 1:02.76.
A internacional celeste Eva Queimaño ca mirada posta nas combinadas do nacional gañaría o concurso de altura con 1.61; 60 m.v. con 9.21 e a lonxitude con 5.12 m.
Seguindo cos concursos,  Pablo Saa do A. Santiago dominaría a lonxitude con 6.45 m. cedendo un posto no triplo ante Alexandre Barreiro do Lucus Caixa Rural Galega con 13.67 polos 13.17 do santiagués.
En saltos o celeste David Lorenzo dominou en pértega con 4.05 m. acadando o bronce nos 60 m. v. con 9.70 nunha proba gañada por Santi Rozas do Lucus con 9.21.
Xa na xornada do domingo ambiente xeneralizado de festa atlética e na que como era de agardar a estrea deste campionato nas novas instalacións, traería a consecución de varias mellores marcas entre as que cabe salientar as do sector de  velocidade da categoría Sub-12 a cargo de Daniel Salgueiro do Coruña Comarca con 8.66 e de Rocío García do Marineda con 8.92. De igual modo e na mesma distancia, pero na categoría Sub-14 feminino mellor marca para Sabela Míguez do Ourense Atletismo con 8.43
Nos valados estableceríanse dúas mellores marcas autonómicas na categoría Sub-14 a cargo deAbril Entenza do Vila de Cangas con 10.17 e de Martiño Caneda da A. Silva con 10.24.
Alex Sierpes co seu rexistro nos 1.000 m. de 3:13.32 establecería unha mellor marca autonómica na categoría Sub-12 ó igual que Manuel Caracuel do Fontes do Sar con 1.06 m no concurso de altura Sub-10.
Por último Erea Bastón do Vila de Cangas na categoría Sub-14 marcaría un novo rexistro con 11.14 m. no concurso de peso.
 

Noticias Web FGA .- Sete medallas para os lanzadores galegos en Castellón

Noticias FGA

Sete medallas para os lanzadores galegos en Castellón

Fantástico balance dos nosos atletas no Campionato de España de Lanzamentos Longos de Inverno de categorías menores, que durante este sábado e domingo viñeron disputándose en Castellón nas Pista Gaetá Huguet e Universidade Jaime I.
Un total de 7 medallas (un ouro, tres pratas e tres bronces) serían as acadadas polos nosos lanzadores. Entre eles cabe salientar a Eric Méndez do Real Club Celta quen se proclamaría campión de España logo de mandar o artefacto ata os 58.32 m. Nesta mesma proba non menos notoria sería a medalla de bronce do tamén celeste David García quen acadaría o metal con 55.71 m. Yago Araujo pola súa banda tamén subiría ó terceiro peldaño do podio na categoría Sub-18 con 58.49 m.
Irene Gómez do A.F. Celta como era de agardar, sería medallista ó ocupar a segunda posición no concurso de martelo con 57.37 m. Patricia Correa do A.F. Celta nesta mesma broba clasificaríase sexta con 47.07 m.
Na xavelina Sub-16 bronce para Antía Sestelo do A.F. Celta con 38.84 m. ocupando un lugar máis abaixo María Pena da Atlética A Silva con 38.38 m.
Semi pleno galego na xavelina Sub-20 na que as dúas primeiras posicións serían para Andrea González da Gimnástica con 44.14 m. lanzado no seu último intento, polos 40.64 m. de Ivanna Carolina Román do RIA Ferrol quen desta ocasión veríase superada pola pontevedresa téndose que conformar ca prata. Nesta mesma proba tomaría parte Claudia Puig da Gimnástica quen remataría quinta con 37.65 m.
Xa na xornada do domingo un novo metal para Nicolás García do R.C. Celta en disco Sub-18 con 53.27 m. quen acadaría o subcampionato Nacional.
No resto de actuacións galegas os resultados serían os seguintes: 7ª Lara Tilve en martelo Sub-16 con 40.21 m; 4º Daniel Mato do Millaraio en xavelina Sub-16 con 45.66 m.; 5º Jonatas Pereira do Cuntis con 53.15 m. en xavelina Sub-18; 4º Manel Iglesias do A. Vila de Cangas con 53.10 m. na xavelina Sub-20; 5ª Cristina Freire do AVA con 37.88 m. e 7ª María Jimenez da S.Gimnástica con 35.89 m no concurso de Disco Sub-18; 4ª Claudia Puig da Gimnástica con 35.43 m. e 8ª Mar Pérezdo A.F.Celta con 31.49 m. no disco Sub-20 feminino.

Noticias Web FGA .- Os lanzadores galegos na procura de máis centímetros

Noticias FGA

Os lanzadores galegos na procura de máis centímetros

Por delegación da RFEA, a Federación de Atletismo da Comunidade Valenciana en colaboración co Club Praias de Castelló, organizará o III Campionato de España de Lanzamentos Longos de Inverno de categorías menores, os días 24 e 25 de febreiro de 2018 en Castelló nas Pista Gaetá Huguet e Universidade Jaime I
Neste campionato toman parte un total de 18 atletas galegos nun sector moi importante para a nosa comunidade por tradición, historia e resultados.
O máis salientable a priori será na categoría Sub-16, a participación de Daniel Mato do Millaraio quen tomará parte no concurso de xavelina e na que se achega ata estas terras levantinas cun mellor lanzamento este ano de 45.25 m. Na categoría feminina destacada presenza de dúas galegas,  María Pena da Atlética A Silva con 40.92 m. e Antía Sestelo do A.F. Celta con 40.68 m.  Eric Méndez do Celta en martelo con 54.49 m. encabeza o ranking nacional ocupando o terceiro lugar do mesmo o tamén celeste David García con 53.10 m. 
Xa na categoría Sub-18 Irene Gómez Costas do A.F. Celta aspira a un novo título nacional e a una nova plusmarca galega no martelo de 3 kg. Especial atención ós concursos de Nicolás García do R.C.Celta en disco con 54.18 m., Yago Araujo do Beade en martelo con 60.87 m. e Jonatas Pereirado A.Cuntis con 59.82 m. en xavelina, colocados nos postos de honra do ranking nacional.
Por último na categoría feminina Sub-20 novamente a xavelina acaparará a máxima atención co presumible duelo que manterán a internacional Ivanna Carolina Román do RIA-CCA que encabeza o ranking nacional da proba con 39.67 m. e a lanzadora da Gimnástica Andrea González quen con 41 centímetros menos ocupa o segundo lugar do mesmo.

Noticias Web FGA .- Ilusión, ganas e deportividade no Galego Escolar de Campo a Través

Noticias FGA

Ilusión, ganas e deportividade no Galego Escolar de Campo a Través

O servizo de Deportes da Xunta de Galicia na Coruña organizaría o pasado fin de semana o Campionato de Galicia de Campo a Través na que preto de 350 atletas procedentes de toda a Comunidade tomarían cita.
O circuíto da Praia de Cabío pertencente a Pobra do Caramiñal, volvería ser o escenario escollido para a disputa desta final onde se achegaban os mellores especialistas desta modalidade a nivel escolar clasificados entre os oito  primeiros en cada provincial así como os dous primeiros clubs.
A competición que daría comezo as 11:30 horas cas categorías Sub-12 vería como Ainara Fernández do Atletismo Noia impoñeríase na categoría feminina proclamándose campioa galega. Nos homes emocionantísima chegada entre Damián Suárez do C.N. Cedeira e Alex Sierpes do Trega quenes compartirían o mesmo tempo malia que o triunfo iría parar ó primeiro.  Por equipos primeira posición na categoría feminina para o Atletismo Noia por tan só un punto e para a Atlética Lucense en homes.
Xa na categoría Sub-14 novo triunfo para Carolina Santos do AVA que estaría acompañada nesa primeira posición por Brais Picón do Atletismo Fontes do SAR. Por clubs o RIA Ferrol-CCA acadaría os triunfos en ambas categorías.
Por último Elsa Pena do Atletismo Tui imporíase nunha emocionante chegada a Carla Guisande do Beade por apenas un segundo de diferencia. Máis doado foi o triunfo para Hugo García da Gimnástica quen dominaría a proba de maneira destacada. Por equipos o Atletismo Friol en mulleres e Ourense Atletismo en homes, subirían ó máis alto do podio.

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA