Noticias FGA

Noticias Web FGA .- Interesante Sub20 e Sub23 o disputado na Malata

Noticias FGA

Interesante Sub20 e Sub23 o disputado na Malata 

Polas pistas da Malata de Ferrol desfilarían esta pasada fin de semana os distintos atletas que tomaron parte no Campionato de Galicia Sub20 e Sub23 e na que os diversos obxectivos e metas de cada un deles marcarían un moi interesante campionato.
Para comezar, na categoría Sub20 o máis salientable sería a actuación de Daniel Armada do Vila de Cangas quen se faría cos títulos de velocidade tanto dos 100 m. como na dos 200 m. e na queLucía Ferrer da Gimnástica sería quen de impoñerse do mesmo modo nos 100 m. e nos 100 valos.
O atleta do Lucus Santiago Rozas, e facendo honra a ese importante núcleo de valos da capital lucense, lograría a victoria en ambas probas sendo notable os 15.07 dos 110 m.v.
Importante rexistro tamén o de Elian Nuna do Coruña Comarca nos 400 m. nos que marcaría un crono de 49.17. Os concursos de lonxitude e  triple, terían en Alexander Barreiro do Lugo Running ó seu dominador quen ademáis acreditaría na última proba uns excelentes 14.19 m.
Autoridade no medio fondo e fondo de Aida Martínez do ADAS-Proinor quen colleitaría os ouros nas probas do 800 m. e dos 3.000 m.
Por parte da Gimnástica destacada actuación das súas atletas Andrea González gañadora do peso, xavelina e bronce en disco,  e de Claudia Puig quen se imporía en disco sendo prata en xavelina e bronce en peso.
O campionato contaría ca atracción da marchadora internacional Antía Chamosa quen non defraudaría establecendo un excelente rexistro de 24:30.85
Jaime Arias do Riazor Coruña sería ó claro protagonista dos lanzamentos logo de impoñerse no peso, disco e xavelina – proba esta última con destacado lanzamento de 52.66 m.- ó igual que nos saltos Saray Amoedo do Vila de Cangas fixera o propio ca lonxitude e triplo.
Si a categoría Sub20 nos deixaba estos excelentes resultados non menos interesantes serían os presenciados no Sub23 na que depararían a consecución dun total de 15 mínimas para o Nacional de Soria.
No sector de velocidade tanto Javier García do Lugo Running como Paula Iglesias do Riazor cumpriron os pronósticos e dominaron este sector na que ademáis salientarían esos 10.85 nos 100 m. do coruñés.
Interesante actuación de Luis del Río do Real Club Celta quen sería capaz de doblar tanto nos 400 m. como nos 800 m. facéndose cos títulos autonómicos.
Novamente os lucenses Iago Núñez do Lucus e Estela Fernández do Lugo Running non darían opción o resto de rivais, proclamándose campións nas dúas probas de valos.
Nos lanzamentos o halteriófilo internacional Martín Liste do Club A Silva, quen simultanea ambos deportes, subiría ata o máis alto no caixón do podio en peso e disco, salientando neste mesmo sector o rexistro de 51.49 m. de Sergio Paredes da Gimnástica no martelo.

Noticias Web FGA .- Galicia acada o quinto lugar por seleccións no Sub18

Noticias FGA

Galicia acada o quinto lugar por seleccións no Sub18

A Selección galega conseguiría esta fin de semana no Campionato de España por Federacións Autonómicas Sub18 celebrado en Ciudad Real un fantástico 5º posto nun encontro gañado polo combinado catalán.
O torneo, que sería rescatado este ano logo de que deixara de celebrarse fai xa algunhas tempadas,“supón un elemento moi importante de motivación para os nosos atletas e unha boa oportunidade para medirse e tomar contacto co resto de deportistas doutras comunidades” apuntaría a Directora Técnica da FGA Madó González quen viaxaría ó fronte da expedición.
En canto a resultados, o combinado galego que amosaría unha boa actuación en conxunto, teríaSara López a única gañadora na proba dos 3.000 m. cun rexistro de 10:29.56. Ademáis deste triunfo da lucense, compre salientar o magnífico récord galego Sub18 acadado por Nerea Iglesias na proba dos 200 m. con 24.96.
Yago Araujo en martelo con 61.32 m. Víctor Mosteiro nos 100 m. con 10.98, Iria Rivas nos 5.000 marcha con 25:20.92 e Raúl Cortizo en altura con 1.92 tamén serían atletas que ocuparían postos de podio nas súas respectivas probas.

Noticias Web FGA .- Moita deportividade e ganas no galego de Pontevedra

Noticias FGA

Moita deportividade e ganas no galego de Pontevedra

Moitísima participación e un gran ambiente tanto nas bancadas como nas pistas foi o que se vería no Campionato de Galicia  Sub10, Sub12 e Sub14 que se desenvolveu esta pasada fin de semana nas pistas do CGTD de Pontevedra, malia o día pasado por auga.
Os preto de 600 nenos que tomarían parte nesta gran festa do atletismo base deixarían fermosas escenas de deportividade, rivalidade, amizade sacrificio e superación.
Entre todas e cada unha das destacadas actuacións de cada un dos participantes, citarenos na categoría Sub10 a Irma Veiguela do Ría Ferrol quen gañaría os 60 m. sendo prata nos 1.000 m., ó igual que Alba del Valle do Vila de Cangas, quen lograría as mesmas posicións en pelota e altura. Interesante tamén a participación de Juan Loureiro de A Silva gañador nos 500 m. e na lonxitude como a de Hugo Casañas da Sociedad Gimnástiva quen non terían problemas para proclamarse campión galego en peso e pelota.
Xa na categoría Sub12, Daniel Salgueiro do Coruña Comarca proclamaríase campión autonómico nos 60 m. e nos 500 m. da mesma maneira que Gema Dacosta do Vila de Cangas quen dominaría os lanzamentos de pelota e o peso. Nesta mesma categoría, importante participación de Alejandro Menéndez do Maristas grazas a súa prata en pelota e o título galego en peso.
Na categoría Sub14, Sabela Míguez do Ourense A. e Lucas Rodríguez do Real Club Celta resaltarían no sector de velocidade proclamándose gañadores dos 80 m. e dos 150 m. Jacobo Briones do Val Miñor sería outro dos destacados grazas ós seus triunfos nos 80 m. valos e na pértega.
Por parte do Club A Silva os seus atletas Martiño Caneda nos 220 m. v. e 500 m., Daniel Loureironos obstáculos e na xavelina e Alejandra Souto en 220 m. v. e triplo, acadarían o ouro nas súas respectivas probas.
Outro dos clubs que contaría con actuacións individuais significantes sería o Vila de Cangas grazas ós primeiros postros, entre outras, de Abril Entenza nos 80 valos e na lonxitude e de Erea Bastónquen dominaría os lanzamentos de disco e peso.
Por último a nivel de rexistros importantes as marcas de Alex Sierpes nos 2000 m. con 6:46.85; Martiño Caneda nos 220 m. v. con 31.15 e de Abril Entenza nos 80 valados con 12.81.

Noticias Web FGA .- A base do atletismo cítase en Pontevedra

Noticias FGA

A base do atletismo cítase en Pontevedra

O Estadio da Xuventude de Pontevedra será o escenario no que se desenvolverá unha nova edición correspondente ó Campionato de Galicia para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 o vindeiro sábado día 9 de xuño.
Precisamente acaba de rematar a presentación oficial deste importante evento organizado pola Delegación da FGA en Pontevedra e que conta co patrocinio de Xunta de Galicia e Concello de Pontevedra e que polas súas características, pasa por ser unha das máis concurridas tanto polo número de atletas e técnicos como polo volume de público que ata o CGTD se achegarán a presenciar a evolución desta proba.
Da mesma maneira o importante número de clubs procedentes de todas as delegacións será unha oportunidade ideal para que ademáis da competición, a socialización, a deportividade e o compañeirismo marquen unha xornada na que os valores inherentes ó deporte pasen por ser o máis importante.
O campionato que será en dobre xornada, dará comezo as 10:00 h. para rematar sobre as 20:30 h.

 

 

Noticias Web FGA .- O Galego Sub20 e Sub23 será en xornada de tarde en Ferrol

Noticias FGA

O Galego Sub20 e Sub23 será en xornada de tarde en Ferrol

A F.G.A. organiza o día 10 de xuño os Campionatos de Galicia Sub20 e Sub23 de pista ó aire libre nas pistas de A Malata en Ferrol en xornada de tarde dando comezo as 16:00 horas cos 5.000 m. e rematando sobre as 20:45 cos obstáculos
No tocante a participación destacada de atletas, contaremos nos 800 m. con Elian Numa do Coruña Comarca, como claro favorito ó título grazas ós seus 1:50.70. Fernando Rial do Narón e Pablo Monteagudo do Noia serán outros dos destacados no sector de medio fondo e fondo tomando parte na proba dos 5.000 m.
Nos lanzamentos os atletas da Gimnástica Sergio Paredes en martelo con 53.25 m. e Andrea González en xavelina con 45.59 m. intentarán mellorar esos rexistros e escalar posicións no ranking nacional. Atención tamén a presenza de Ivanna Carolina Román do RIA Ferrol con 42.24 m. no concurso de xavelina e de Claudia Puig da Gimnástica con 37.65 m.
Sen lugar a dúbidas a presenza da internacional Antía Chamosa será unha das grandes atraccións deste campionato tomando parte na proba dos 5.000 m. marcha que abre a cita as 16:00 horas e na que Leyre Aramburo buscará nesta mesma proba, rebaixar os seus 24:25.45 cos que acude. No que atinxe a categoría masculina será Brais Prieto do Celta quen parta como claro favorito.
Nos valados Santiago Rozas do Lucus intentará confirmar o importante núcleo lucense da súa especialidade nestos campionatos,  tomando parte tanto nos 110 m.v. como nos 400 m.v.
Por último e xa nos saltos, contaremos no concurso de triplo ca participación do Sub20 Alexandre Barreiro do Lugo RC Ramos Lourés, quen fará valer esos 14.51 m. acadados no mes de maio en Soria.
 

Noticias Web FGA .- Ciudad Real agarda a Selección Galega Sub18

Noticias FGA

Ciudad Real agarda a Selección Galega Sub18

Esta fin de semana Ciudad Real  será a sede onde se disputarán os Campionatos de España de Federacións Autonómicas Sub18 á que acuden un total de 439 atletas en representación de 17 Comunidades. Entre as mesmas estará a Selección Galega representada nas dúas categorías por un total de 26 atletas.
Pese as importantes ausencias, destacan nos postos importantes do ránking nacional a do velocista do C.A.Santiago Víctor Mosteiro quen marcaría recentemente un tope autonómico nos 100 m. de 10.94 que o convirten nun serio aspirante ó triunfo. Nerea Iglesias do Fontes do SAR tomará parte sobre os 200 m. onde ten acreditados 25.14. El Mehdi El Nabaoui do San Paio A Estrada, estará na saída dos 1.500 m. malia que é na proba dos 3.000 m. onde ten un mellor rexistro de 8:46.30 ó igual que Sara López da Atlética Lucense quen sairá nos 3.000 m. Continuando cas probas de fondo, outra presencia importante será a do santigués Diego Alonso quen competirá nos obstáculos e na que ten un mellor rexistro este ano de 6:19.45.
Nos valados, o coruñés do Riazor Martín Oitavén figura entre os trece primeiros do ránking nacional na proba dos 400 m. valos grazas ós seus  56.02
Nos concursos de lanzamentos Nicolás García do Real Club Celta estará no círculo de peso con serias opcións a estar nos primeiros lugares, ó mesmo que a discóbola María Jiménez da Gimnástica con 36.43 m. e o tamén lanzador do Beade Yago Araujo con 60.87 en martelo. Na marcha importante baza galega da man de Iria Rivas do A.F. Celta quen fará valer o seu rexistro de 25:08.70 para estar na zona de podio nos 5.000 m. marcha.
Para rematar, os atletas da Gimnástica Raul Cortizo en altura con 1.86 m. e Marco Martínez en lonxitude con 6.56 m. serán atletas tamén a ter en conta nos seus respectivos concursos.

Noticias Web FGA .- Prata nos 800 m. para Lucía Sicre no "Go Fit"

Noticias FGA

Prata nos 800 m. para Lucía Sicre no "Go Fit"

Continuamos ca consecución de medallas por parte das nosas atletas nos distintos torneos internacionais que esta fin de semana se viron disputando. Nesta ocasión sería Lucía Sicre do RÍA Ferrol, quen lograría durante a disputa da Copa Ibérica “Go Fit” Sub18 desenvolta na localidade portuguesa de Abrantes, unha destacada medalla de prata na proba dos 800 m. logo de rematar cun rexistro de 2:15.84.  A de Ferrol, quen cedería tan só ante a española Pinaccio, continúa a liderar o ránking nacional cun rexistro de 2:10.63 que ademáis representa a súa MMP dende o pasado mes de maio na liga de clubs.
Con esta primeira medalla internacional, unha das promesas máis importantes do mediofondo feminino galego, continúa a súa progresión que xa a levarían o ano pasado a debutar ca selección nacional nos XIV Xogos Europeos da Xuventude na localidade húngara de Gyor.

 

 

Noticias Web FGA .- Asinado un convenio de colaboración co Centro Médico Quirónsalud Miguel Domínguez

Noticias FGA

Asinado un convenio de colaboración co Centro Médico Quirónsalud Miguel Domínguez

Outro importante convenio de colaboración ben de asinarse no día de hoxe entre o Centro Médico Quirónsalud Miguel Domínguez na provincia de Pontevedra e a Federación Galega de Atletismo.
Con este asinado, o ente federativo incorpora un novo centro médico os xa existentes tanto na provincia de Ourense con COSAGA como na de Lugo con POLUSA, estando moi avanzadas as xestións para incorporar na provincia da Coruña o último dos centros que complete a cobertura por todo Galicia.
Dende hoxe, o Centro Médico Quirónsalud Miguel Domínguez adquire a condición de socio colaborador da FGA, participando nas actividades programadas pola citada federación e ofrecendo descontos nas tarifas oficiais no recoñecemento médico deportivo ó colectivo de atletas galegos federados durante a vixencia do convenio.
Segundo Isidoro Hornillos “Un dos obxectivos que pretendíamos establecer foi o de asinar en cada provincia a lo menos un convenio de colaboración con algún centro médico referente que poidera garanter ós nosos federados importantes ventaxas a hora de realizar calquer tipo de recoñecemento médico, en especial os cardiovasculares que son os máis demandados”
 

Noticias Web FGA .- Ata o 31 de maio para confirmar as Seleccións galegas sub16 e sub18

Noticias FGA

Ata o 31 de maio para confirmar as Seleccións galegas sub16 e sub18

Dende o día de onte atópanse xa circuladas as Seleccións Galegas que representarán á nosa comunidade tanto nas categorías sub16 como na categoría sub18 que lembramos toman parte en Avilés o 16 e 17 de xuño e Ciudad Real o 9 de xuño respectivamente.
O prazo para confirmar a participación, así como para cumplimentar o resto de requisitos deberase facer como data límite o día 31 de Maio.

Noticias Web FGA .- A élite mundial da marcha chega ós Cantones

Noticias FGA

A élite mundial da marcha chega ós Cantones

O vindeiro domingo día 02 de Xuño acontecerá unha das grandes citas da marcha en ruta a nivel mundial como é o desenvolvemento do XXXII Gran Premio Internacional de Marcha Cantones de A Coruña – Trofeo Sergio Vázquez
Efectivamente, este importante evento, que ten rango Internacional IAAF, encara a súa trixésimo segunda edición con moitos e importantes alicientes entre os que cabe salientar a presencia do equipo nacional de Xapón cuxos marchadores se atopan a nivel mundial nos primeiros lugares (lembramos que o país asiático será organizador dos vindeiros XX.OO). Da mesma maneira, e a nivel nacional, están en xogo as últimas prazas para acudir ó Campionato de Europa de Berlín, motivo polo cal haberá un gran interés por ver as evolucucións dos atletas nacionais.
A nivel organizativo, o Gran Premio de Marcha quere seguir evolucionando e abrindo novas frontes, así para esta edición do 2018, cóntarase ca celebración da II Marcha Popular que sobre dous kilómetros percorrerá o circuito de Cantones ás 17.50 horas, momentos antes da disputa da proba principal, e na que a única condición esixida ós seus participantes é a de non empregar a carreira en ningunha parte do percorrido. Con este medida, ademáis de pretender popularizar a proba da marcha, tentarase dotar á cita dun carácter solidario xa que a recadación íntegra da mesma irá a parar á cociña Económica da Coruña. Falar do Gran Premio de Cantones da Coruña é falar de todo un referente a nivel mundial da marcha atlética xa non só pola súa calidade organizativa, senón polo compromiso dun Concello, dunhas xentes e dun público entregado ca súa proba que edición tras edición fixo posible que polo seu circuito pasaran as todas as lendas e mitos desta especialidade.
O seguimento en directo por todos aqueles afeccioados que así o desexen a través deStreming será outra das novidades importantes que se manteñan do ano pasado, e que dotará ó evento dunha maior difusión e relieve tanto nacional coma internacional. Do mesmo modo este ano, a proba dos 20 km. será puntuable para a  “IX Challegue AEMA – Trofeo Orivip.com”

 

Páginas

Suscribirse a RSS - Noticias FGA