"XIII Copa Deputación de Lugo - 1ª Xornada"
Estadio Gregorio Pérez Rivera, Lugo
Sábado 14 de xaneiro de 2023
O sábado celebrouse en Lugo a "XIII Copa Deputación de Lugo - 1ª Xornada", onde o noso club estivo representado por vari@s d@s nos@s atletas.
Na xornada matinal acadaron os seguintes resultados:
Na xornada vespertina, a nosa atleta Antía Martínez Queimaño, competiu na proba de 60 mv, onde acadou un rexistro de 9"67 na semifinal e na final logrou unha marca de 9"69, conseguindo o segundo posto das participantes.
"IV Control Pista Cuberta S.G. Pontevedra - C.A. Sada"
Expourense, Ourense
Sábado 14 de xaneiro de 2023
Na tarde do sábado celebrouse en Ourense o "IV Control Pista Cuberta S.G. Pontevedra - C.A. Sada", ata alí desprazáronse tres atletas do noso club, obtendo os seguintes resultados:
"Málaga Indoor Match 2023"
Antequera, Málaga
Sábado 14 de xaneiro de 2023
En terras malagueñas, a nosa atleta Ana Carvajal Herrera, representou ó noso club na "Málaga Indoor Match 2023" competindo na proba dos 1500 ml onde acadou un rexistro de 4'49"23
"Reunión FAM 3"
Centro Deportivo Municipal Gallur, Madrid
Sábado 14 de xaneiro de 2023
A pista cuberta de Gallur, acolleu a "Reunión FAM 3" onde a representante do noso club, Diana Jiménez Guerrero, logrou un rexistro de 3.61 m na proba de pértiga.
"II Control de Invierno FCA"
Complexo Deportivo Ruth Beitia, Santander
Sábado 14 de xaneiro de 2023
O "II Control de Invierno FCA", celebrado o sábado pasado en Santander, contou coa presenza da nosa atleta Rocío Díaz Granda que competiu na proba de altura logrando un salto de 1.63 m.
"Campeonato Autonómico de Combinadas Abs-Sub23-Master PC 2023"
Velódromo Luis Puig, Valencia
Sábado 14 de xaneiro de 2023
O velódromo Luis Puig, en Valencia, foi a sede do "Campeonato Autonómico de Combinadas Abs-Sub23-Master PC". A atleta do noso club Celia Muñoz de Morales Castro tomou parte na proba de 60 ml, facendo un rexistro de 7"96.
"LXXXVII Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual, Sub23 e Sub20"
Xinzo de Limia, Ourense
Domingo 15 de xaneiro de 2023
Na mañá do domingo tivo lugar a celebración do "LXXXVII Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual, Sub23 e Sub20" nas instalacións do hipódromo de Antela, na localidade ourensá de Xinzo de Limia.
A representación do noso club estivo formada por Sofía Fernández Castro que acadou a terceira posición na categoría absoluta, e na categoría Sub20 as atletas Ararat Pazos Meixus, que logrou a oitava posición e Carolina Santos Villalón que non puido rematar a proba.
"XXXIX Carreira Popular San Xiao"
Ferrol, A Coruña
Domingo 15 de xaneiro de 2023
As rúas de Ferrol foron de novo o escenario da celebración da clásica proba popular "XXXIX Carreira Popular San Xiao", que está incluida no Circuito Escolar Ferrolán de Carreiras Populares e Campo a Través .
Un total de corenta das nosas "balitas vermellas" participaron nesta proba, logrando unha destacable actuación. Os resultados acadados son os seguintes:
Categoría Sub16
Categoría Sub14
Categoría Sub12
Categoría Sub10
Categoría Sub8
¡Parabéns a tod@s!