Mensaje de error

Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (línea 2386 de /homepages/34/d469596304/htdocs/drupal/includes/menu.inc).

Unha medalla de prata e un posto de finalista no Campeonato de España sub20

A pasada fin de semana disputouse o Campeonato de España sub20 de aire libre na localidade valenciana de Torrent onde están a participar tres atletas do clube.

Por un lado, Ona Alonso competiu na proba de 800ml onde acabou en 3ª posición da sua semifinal cun tempo de 2:18.00, quedándose ás portas de clasificarse para a final.

Xiana Lago proclamouse subcampioa de España sub20 en lanzamento de peso cun mellor lanzamento de 12.52m.

E, por último, Paula González competiu nos 100 metros valos conseguindo a 5ª posición na final cun tempo de 14"59.

¡Parabéns, chicas!