O Auditorio de Ferrol acolleu este xoves a XXVII Gala do Deporte Ferrolán onde foron recoñecidas as traxectorias deportivas dos mellores deportistas da nosa cidade nos anos 2019, 2020 e 2021.
Tras tres anos de ausencia derivada da situación sanitaria, volvimos a vestirnos de gala nunha tarde fascinante para o noso clube, xa que ata nove galardóns foron recollidos polos nosos atletas.
Como mellores atletas do ano 2019 foron premiados Laura Rico e Martín Rodríguez. Así mesmo, a Diaou Diallo otorgáronlle o premio á mellor deportista promesa.
En relación coa tempada 2020, os mellores atletas recoñecidos polo Concello foron Marina Pajón e Adrián Rivadulla. Ademáis, Laura Rico conseguiu o premio á mellor promesa, grazas ao seu título de campioa de España de xavelina en lanzamentos de menores.
E, por último, no 2021 como mellores atletas foron recoñecidos Ricardo Negrete e Alicia Barreiro. Ademáis, Diaou Diallo conseguiu alzarse coa Carabela de Plata convertíndose así na mellor deportista ferrolá do ano.
Dende o Club Atletismo Ría Ferrol gustaríanos felicitar a todos os galardoados e, en especial, aos nosos deportistas.
¡Noráboa chic@s!